Lingüística galega: niveis e semántica
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,24 KB
Dobre articulación da linguaxe
A dobre articulación é unha forma de organización das linguas onde podemos dividir as unidades en dous grandes grupos:
- Primeiro modo de articulación: son as unidades que constan de significante e significado, é dicir, os signos (morfemas, palabras, frases, etc.). As disciplinas que se encargan do seu estudo son a morfoloxía e a sintaxe.
- Segundo modo de articulación: consta de significante, plano da expresión (fonema, sílaba, grupo fonético), pero carece de significado, plano do contido (sema, semema). As disciplinas que se encargan do seu estudo son a fonoloxía e a semántica, respectivamente.
Funcións da linguaxe
- Función denotativa, referencial ou representativa: cando o emisor emprega a linguaxe para transmitirlle ao receptor unha información relativa a cousas (contexto).
- Función emotiva ou expresiva: cando o emisor emprega a linguaxe coa intención de expresar sentimentos ou desexos (mala centella te coma!).
- Función conativa ou apelativa: cando a intención do emisor é chamar a atención do receptor ou facer que actúe dun ou doutro xeito (receptor) (Agarde un intre, que agora mesmo vou).
- Función fática: cando o emisor emprega a linguaxe para iniciar ou concluír a comunicación, para manter o contacto ou comprobar se a comunicación se está levando a cabo (Oes, Pedro?) (canle).
- Función poética: cando se coida especialmente a forma da mensaxe con intención estética (que din os rumorosos na costa verdecente?) (mensaxe).
- Función metalingüística: cando se emprega unha linguaxe para referirse á propia linguaxe (o verbo andar é regular).
Disciplinas lingüísticas
- Fonética: estuda os sons desde un punto de vista físico ou material.
- Fonoloxía: estuda os elementos fónicos atendendo ao seu valor distintivo e funcional.
- Semántica: estuda os significados dos signos lingüísticos desde o punto de vista sincrónico. Existen dous tipos de significados:
- Denotativos: é o significado propio e específico que posúen as palabras.
- Connotativo: é o significado que adquiren as palabras ao combinarse con outras nun contexto determinado.
Relacións semánticas
- Sinonimia: relación que se dá entre palabras que teñen o mesmo significado.
- Polisemia: unha palabra é polisémica cando ten varios significados que veñen condicionados polos diferentes contextos.
- Homonimia: dúas palabras son homónimas cando teñen o mesmo significante pero distinto significado.
- Antonimia: dous termos son antónimos cando entre os seus significados se establece unha relación de oposición.
- Hiponimia e hiperonimia: son as relacións de significado que se establecen entre os termos dun campo semántico e un termo xenérico.
Os prefixos
Son morfemas derivados que se antepoñen ao lexema para formar palabras novas, cun novo significado, pero sen alterar a categoría gramatical.
Prefixos de orixe latina
- a-, ad-: aproximación ou dirección.
- con-, com-, co-: compañía.
- circun-: arredor.
- in-, im-, i-: negación.
- sub-, su-, so-: inferioridade.
- ultra-: máis alá de.
Prefixos de orixe grega
- anti-: posición contraria.
- hiper-: posición superior.
- hipo-: posición inferior.
- macro-: tamaño superior.
- micro-: tamaño inferior.
- orto-: correcto.
- sin-, sim-: simultaneidade.
- tele-: lonxe.
Os sufixos
Son morfemas que se pospoñen ao lexema para formar palabras novas.
Sufixos alterativos
- Diminutivos: -iño, -iña.
- Aumentativos: -ón, -ona.
- Despectivos: -acho, -acha, -allo, -alla.
Sufixos derivativos
Serven para formar palabras de significados diferentes, pertencentes a categorías gramaticais distintas.
O substrato prerromano
Palabras preindoeuropeas
- car(r)-: carballo, carqueixa, carrasco.
- mor-: morote, morea, morogo, amorodo.
- Outras palabras: barranco, beira, bouza, cadavo, cavorco, coto, curuto, esquerdo, gándara, lama, mato, parra, rañar, sobaco, tobo, touza, toxo, veiga, zamarra.
Palabras indoeuropeas
- -ego: galego, lamego, brañego, chairego.
- Galicia.
- Outras palabras: cabana, cabeceiro, páramo.
- Procedencia celta: -bre (toponimia).