A Linguaxe Humana, Símbolos e Falacias na Comunicación Cotiá

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,68 KB

A Linguaxe Humana e o Universo Simbólico

Os seres humanos somos un animal simbólico, o que quere dicir que representamos e entendemos o mundo a través de símbolos, creando un universo simbólico. A nosa linguaxe é adquirida e artificial, articulada e creativa, e abstracta e simbólica. Isto implica que o significado das nosas palabras é variable. É máis, segundo o filósofo Russell, este significado é privado e só nós mesmos podemos coñecelo plenamente.

Este tipo de linguaxe permítenos expresarnos e proxectarnos, falar de conceptos abstractos e mesmo argumentar opinións. Isto é claramente unha vantaxe, pero sendo tan abstracto (incluso o mundo que queremos representar), xorden obstáculos na comunicación. Estes obstáculos poden darse tanto por problemas na comprensión como por un emisor que intenta ser fraudulento co seu receptor e transmitirlle ideas falsas: unha falacia.

A Argumentación Informal: Retórica e Dialéctica

Aristóteles, na súa obra Retórica, explorou as cuestións da argumentación informal (a que utilizamos no noso día a día) e chegou a dar dous puntos de vista ou dous tipos de argumentación: a retórica e a dialéctica. A retórica é a arte de convencer a un auditorio mediante a persuasión, mentres que a dialéctica é a arte de defender os argumentos propios e refutar os contrarios.

No caso deste texto, atopamos dialéctica entre o pai e o fillo. Estes debaten sobre a situación do fillo na materia de matemáticas, pero os argumentos que utilizan non cumpren coas condicións necesarias para ser un argumento sólido, e podemos chegar a atopar distintas falacias.

Falacias Comúns na Comunicación Cotiá

  • Falacia Ad Baculum e Ad Consequentiam

    En primeiro lugar, a falacia ad baculum (persuasión mediante a ameaza), xa que o pai ameaza ao fillo con non deixalo ir ao campamento. A raíz desta, pódese identificar a falacia ad consequentiam, xa que o fillo asegura que aprobará a recuperación porque, se non, as consecuencias non lle favorecen para nada.

  • Xeneralización Precipitada e Falacia Ad Verecundiam

    No caso do argumento da profesora, a xeneralización precipitada (non por suspender un exame significa que vaia mal na asignatura) e o pai, como resposta, fai unha falacia ad verecundiam, dando como válido o argumento da autoridade sen cuestionalo en ningún momento.

  • Falacia Ad Nauseam

    Tamén poderiamos ver unha falacia ad nauseam polo que di o fillo ("repetíchesmo moitas veces"). O pai intentou dicilo moitas veces para que este chegue a ser verdadeiro para o receptor, aínda que esta última non parece tan evidente.

Conclusión: A Importancia da Argumentación Lóxica

Finalmente, chegamos á conclusión de que utilizamos falacias na nosa vida cotiá pensando que estamos argumentando razoablemente. Resulta imprescindible ser conscientes delas para así poder debater con argumentos lóxicos.

Entradas relacionadas: