Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego : lingua en vías de normalizacion
LINGUAS MINORIZADAS E LINGUAS MINORITARIAS
Podemos considerar linguas minoritarias aquelas que no territorio de seu teñen un número realmente reducido de falantes e consideramos linguas minorizadas aquelas variedades lingüísticas de pequena extensión pero claramente maioritarias no seu territorio propio. A lingua galega é minorizada.
O adxectivo minorizada implica unha serie de factores extralinguísticos que condicionan a idea que os falantes teñen do seu idioma e poden pexar a futura normalización da lingua dominada. Acontece que os usuarios da lingua minorizada, ao vela limitada funcionalmente e apartada dos usos prestixiados chegan a considerala unha lingua menor fronte ao estándar da lingua hexemónica.
NORMALIZACION DO GALEGO
O enfrontamento pola primacía social entre un idioma hexemónico e unha ou mais linguas minorizadas só coñece dúas saídas posibles: ou o idioma chegado de fóra acaba por exterminar a lingua do lugar, ou son establecidas medidas legais, políticas, sociais e lingüísticas para a recuperación do idioma marxinado que posibiliten a posterior convivencia harmónica de ambas as linguas(normalización lingüística).
A normalización lingüística, avanza cara á superacion do enfrontamento entre linguas mediante a reorganización dos usos sociais, co obxectivo de reconducir o conflito por vieiros de recuperación. A normalización procura o restablecemento do uso dunha lingua que nalgún momento da súa historia perdeu a súa condición de lingua habitual da comunidade pola imposición dunha lingua chegada de fóra. Deste xeito, o idioma noutro tempo marxinado polo estándar hexemónico recupera prestixio e uso real en todos os niveis e funcións no seo da súa comunidade lingüística propia.
O galego achega ao século XXI con presenza en todos os ámbitos. Sobreviven certas tendencias de uso que impiden poder considerar rematado o proceso de normalización. Entre elas, en que o galego era a lingua das clases sociais máis desfavorecidas e o castelán a da maioría que ocupaba o poder, considerando o galego unha lingua máis acaída para falar con amigos e familiares, na aldea e con xente de máis idade, e o castelán, a lingua que debe empregarse de maneira preferente no comercio, na igrexa, no xulgado, en xeral, nos intercambios sociais máis formalizados.
A LITERATURA NA DEMOCRACIA
Recupéranse progresivamente as liberdades e a reivindicación histórica do autogoberno e a posibilidade de normalización cultural. Os pasos para conseguir isto: 1º: lograr un marco lexislativo que favoreza o desenvolvemento da nosa cultura. 2º: conseguir a oficialidade da lingua, a obrigatoriedade no ensino e normalización dos seus usos. 3º: desenvolver un tecido cultural galego.
MARCO LEGAL: 1978- constitución española. 1979- decreto de bilingüismo. 1980- aprobación en referendo do Estatuto de Autonomía. 1981- primeiras eleccións ao parlamento. 1982- recoñecemento das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. 1983- aprobación da Lei de Normalización lingüística.
ARTICULACION DA VIDA CULTURAL
1º- continúan traballando as asociacións culturais (xurdidas no 70) e nacen asociacións de profesionais para normalizar a lingua: -AS-PG: Asociación socio-pedagóxica galega. –AELG:Asociación escritura galega. –AGAL: Asociación galega da lingua galego-luso-africano-brasileira. –A mesa pola normalización lingüística. –Pen club asociación mundial. 2º. Aumento substancial da produción de libros en galego: -1985: crese a Asociación Galega de Editores que buscan novos lectores creando novos xéneros.
O ensino demanda reedicións e textos directos. A literatura infantil e xuvenil. 3º. Créanse numerosas publicacións periódicas ( A nosa terra)
.
4º. Na música e no cine xorden bandas, grupos musicais e en 1989 as primeiras longametraxes en galego ( Sempre Xonxa, Chano Piñeiro)
. Inician a linguaxe audiovisual (axudou a isto a creación da CRTVG en 1984).
Foise profesionalizando o sector da edición e incorporáronse as novas tecnoloxías (libros CD). Para a publicación das obras dos autores novos axudaron os premios literarios.
OS ANOS 70:
trala morte de Franco hai transición cara a normalización literaria pola labor das asociacións: Agora fórmanse grupos poéticos, p.Ex. O grupo “Rompente” (Antón Reixa) e o poemario Con polvora e magnolias.
OS ANOS 80:
intenta normalizarse a literatura en poesía voltando aos referentes culturais e na narrativa consolidase a novela- no teatro profesionalízase o sector co Centro Dramático Galego. Fundase a Asociación Internacional de Estudos Galegos en 1982 e a creacion dunha rede de lectorados e promoción da traducion.