Lingua e literatura latinas: historia, xéneros, poesía e latinismos clave
Enviado por Chuletator online y clasificado en Latín
Escrito el en
español con un tamaño de 14,81 KB
– A lingua latina e o seu contexto histórico
Orixes e contexto histórico
O latín nace na rexión do Lacio, en torno a Roma, como unha das linguas itálicas. Expándese co Imperio Romano, converténdose na lingua oficial de todo o Mediterráneo.
Coa caída do Imperio (476 d. C.) o latín falado evoluciona e dá orixe ás linguas romances (galego, portugués, castelán, francés, italiano, romanés...).
Etapas do latín
- Latín arcaico (s. VII–III a. C.) → primeiros textos e inscricións.
- Latín clásico (s. I a. C.–I d. C.) → época de esplendor literario (Cicerón, Xulio César, Virxilio, Horacio).
- Latín postclásico e tardío (s. II–V d. C.) → influencia cristiá e vulgarización da lingua.
- Latín medieval → lingua da Igrexa, da ciencia e da administración.
- Latín renacentista e moderno → uso culto e científico, aínda vivo na terminoloxía actual.
Tipos de latín
- Latín culto: escrito, normativo e literario.
- Latín vulgar: falado polo pobo, base das linguas romances.
- Latín cristián: usado na Igrexa e na Biblia (Vulgata de San Xerome).
O latín segue vivo en moitas palabras científicas, médicas e xurídicas (por ex. curriculum vitae, in vitro, et cetera).
Estrutura da lingua
Lingua flexiva: as palabras cambian segundo a función na oración.
O caso indica a función sintáctica: nominativo (suxeito), acusativo (complemento directo), dativo (complemento indirecto), xenitivo (posesión), ablativo (circunstancia), vocativo (chamamento).
Ten xénero (m., f., n.), número (singular/plural) e persoa (1ª, 2ª, 3ª).
Vocabulario e herdanza
Raíces latinas nas linguas modernas: mare → mar, aqua → auga, pater → pai.
Latinismos habituais: in situ, a priori, alter ego, modus operandi.
– A literatura latina
Etapas da literatura romana
- Época arcaica (s. III–I a. C.): primeira tradución da literatura grega. Autores: Livio Andrónico, Plauto, Terencio.
- Época clásica (s. I a. C.–I d. C.): máximo esplendor literario.
Prosa: Cicerón (oratória), Xulio César (historia).
Poesía: Catulo, Virxilio, Horacio, Ovidio.
- Época postclásica e tardía (s. II–V d. C.): influencia do cristianismo. Autores: Séneca, Marcial, San Agostiño.
Xéneros literarios principais
- Épica → narración heroica en verso (Virxilio: Eneida).
- Lírica → poesía persoal e amorosa (Catulo, Horacio).
- Dramática → comedia e traxedia (Plauto, Terencio, Séneca).
- Didáctica → obras con intención de ensinar (Lucrecio: De rerum natura).
- Oratoria e historia → discursos e narracións políticas (Cicerón, Xulio César, Tito Lívio).
Temas e características
- Influencia da literatura grega.
- Interese pola política, a moral, o amor e a vida cotiá.
- Uso do verso hexámetro e dunha linguaxe elevada.
- A literatura latina servía tanto para educar como para entreter.
Autores destacados
- Cicerón: oratoria e filosofía.
- Virxilio: autor da Eneida, símbolo da grandeza de Roma.
- Horacio: poesía moral e filosófica (Carmina).
- Ovidio: poesía amorosa e mitolóxica (Metamorfoses).
- Lucrecio: filosofía epicúrea e ciencia (De rerum natura).
– A poesía didáctica
Que é a poesía didáctica
Xénero que combina poesía e ensinanza: transmite coñecementos en verso. O seu obxectivo é informar e instruír, non só entreter.
Usa unha linguaxe elaborada e un ton filosófico ou científico. Ten raíces na poesía grega (Hesíodo) e foi moi cultivada en Roma.
Principais autores e obras
Lucrecio – De rerum natura
Poema en seis libros baseado nas ideas de Epicuro. Explica a natureza desde un punto de vista materialista: “Nada nace da nada, nada volve á nada.” Ensina que non debemos ter medo á morte nin aos deuses; busca a ataraxia (serenidade). Temas: atomismo, alma mortal, razón como camiño á liberdade.
Virxilio – Geórxicas
Poema en catro libros sobre o traballo agrícola. Exalta a vida no campo, o esforzo e os valores tradicionais. Temas: agricultura, gandería, viñedos, mito de Orfeo e Eurídice. Busca unir a beleza poética co amor pola terra e a moral romana.
Outros autores: Fedro (fábulas), Aviano (versións de contos morais).
Características da poesía didáctica
- Finalidade práctica e moralizante.
- Linguaxe culta e léxico técnico.
- Estrutura en libros e proemios (introducións filosóficas).
- Combina ciencia, filosofía e arte.
- Inspira a reflexión sobre a natureza, o home e a razón.
Exemplos e legado
De rerum natura: obra científica e filosófica en verso.
Geórxicas: modelo de equilibrio entre arte e saber.
As fábulas latinas (Fedro, Aviano) buscan ensinar valores a través de animais. A poesía didáctica influíu no pensamento racional europeo e serviu de modelo para a literatura científica posterior.
– A poesía bucólica
Que é a poesía bucólica
Xénero poético de orixe grega (de boukólos, “pastor de bois”) que idealiza a vida campesiña. O campo é presentado como un locus amoenus (paraíso tranquilo e feliz). Describe un mundo rural sereno, afastado da cidade e cheo de beleza natural. Expresa amor, amizade e harmonía coa natureza.
Principais autores e obras
Teócrito de Siracusa
Autor grego dos Idilios, pequenas escenas campestres que inspiraron aos romanos.
Virxilio – Bucólicas
Dez églogas (poemas pastorís) que tratan temas como:
- Amor e paixón (églogas II, VIII, IX)
- Confiscacións de terras (I e IX)
- Mitoloxía e ciencia (VI)
- Música e canto dos pastores (III e VII)
- Desexo de paz e idade de ouro (IV e VI)
Destaca o equilibrio, a sinxeleza e a beleza do campo. Os pastores falan entre si sobre amor, arte e vida rural.
Outros autores
Calpurnio Sículo: 7 églogas dedicadas a Nerón.
Nemesiano: 4 églogas e o poema Cinexética sobre a caza.
Características da poesía bucólica
- Finalidade estética e evasiva: busca a paz interior e a belleza natural.
- Ton idealizado, melancólico e musical.
- Estrutura en diálogo (conversas entre pastores).
- Temas: amor, amizade, canto, natureza, crítica á vida urbana.
- Uso de nomes simbólicos e paisaxes perfectas.
Legado e influencia
Virxilio converteu o xénero nun modelo literario universal.
- Na Idade Media → lectura alegórica (profecía do nacemento de Cristo).
- No Renacemento → renace co Arcadia de Sannazaro, e autores como Garcilaso e Spenser.
- Na pintura → Poussin, Lorrain, Giorgione (paisaxes campesiñas).
- Na música → Sinfonía Pastoral de Beethoven.
- No Romanticismo → símbolo de liberdade, pureza e natureza perdida.
A poesía bucólica representa a busca da harmonía e da felicidade natural, influíndo en toda a cultura europea.
Latinismos
A continuación preséntanse os latinismos máis habituais con a súa forma e explicación en galego:
- A posteriori
- “Con posterioridade”. Exprésase algo que acontece despois dun feito ou dunha experiencia. Exemplo: É moi doado, a posteriori, dicir que equipo xogou mellor.
- A priori
- “Con anterioridade á experiencia”, sen basearse nos feitos. Razoamento dedutivo: da causa ao efecto. Moi usado na filosofía moderna. Hoxe empréganse co sentido de opinións baseadas nun principio teórico (a priori) ou na experiencia (a posteriori).
- Ab aeterno
- “Desde moi antigo”, “desde a eternidade”.
- Ad kalendas graecas
- “Para as calendas gregas”, é dicir, “para unha data indeterminada” ou directamente “para nunca”. As calendas eran o primeiro día de cada mes no calendario romano, pero os gregos non tiñan calendas. Xa era unha frase proverbial en latín. O propio Augusto usábaa moito para referirse aos debedores que non cumprían cos seus compromisos.
- Ad hoc
- “Para isto”, “a propósito”. Aplícase a unha solución pensada especificamente para un caso concreto. Exemplo: Nomearon unha comisión ad hoc.
- Ad libitum
- “A capricho”, “a vontade”, “libremente”. Emprégase moito na linguaxe artística e musical. Exemplo: Interpretación ad libitum.
- Ad multos annos
- “Por moitos anos”. Fórmula de felicitación e desexo de longa vida para unha persoa.
- Addenda et corrigenda
- “O que se debe engadir e corrixir”. Fórmula moi usada na edición de libros, que adoita colocarse ao final da obra para completala ou emendala.
- Alea iacta est
- “A sorte está botada”. Frase atribuída a Xulio César no momento de cruzar o río Rubicón e avanzar co seu exército cara a Roma, en contra da lei romana. A orde correcta desta expresión é iacta alea est e foi transmitida polo historiador Suetonio.
- Alma mater
- “Nai nutritiva”. Nome que se lle daba ás deusas latinas Ceres e Venus. Posteriormente aplicouse esta denominación á patria e, hoxe en día, serve para cualificar a universidade como nai que alimenta espiritual e cientificamente ao alumnado.
- Ante meridiem (a. m.)
- “Antes do mediodía”. A expresión emprégase hoxe en día coas iniciais a. m. por influencia da lingua inglesa. Aplica para indicar as horas do día que van da medianoite ao mediodía.
- Ave, Caesar, morituri te salutant
- “Salve, César, os que van morrer saúdanche”. Tradicionalmente dise que esta frase era un saúdo ritual que os gladiadores romanos dirixían ao emperador antes de comezar os combates. Porén, isto é falso. Esta frase, popularizada sobre todo por Hollywood, non era un lema gladiatorio; foi o que uns condenados a morte lle dixeron ao emperador Claudio nunha naumachia celebrada no ano 52 d. C.
- Bis
- “Dúas veces”, “por segunda vez”. Adverbio que indica que algo está repetido (moi utilizado en concertos para referirse á repetición dunha canción ou fragmento a petición do público).
- Bona fide
- “Boa fe”, “intención honesta”. No ámbito xurídico: actuar co sincero convencemento de estar na posesión da razón.
- Calamo currente
- “Ao correr da pluma”, é dicir, sen deterse moito a pensalo, facer algo sen reflexión previa.
- Carnes tollendas
- “Deben suprimirse as carnes”. Forma latina para denominar o período do calendario litúrxico cristián durante o que non se pode comer carne, é dicir, a Coresma. Dá lugar ao termo Entroido.
- Carpe diem
- “Aproveita o día” (verso das Odas do poeta latino Horacio). A expresión designa o tópico literario que, ante a fugacidade da vida, invita a gozar do presente sen preocuparse polo mañá.
- Casus belli
- “Motivo de guerra”. Emprégase para indicar un feito militar ou político que pode desencadear un conflito armado entre países.
- Cave canem
- “Coidado co can”. Advertencia que se atopaba nas casas romanas, gravada en mosaicos onde aparecía a figura dun can atado cunha cadea.
- Cogito, ergo sum
- “Penso, logo existo”. Principio da filosofía de Descartes no Discurso do Método. O ser humano pode negar todo, pero iso lévao á conclusión de que existe, porque pode realizar a acción de negar. Certeza da propia existencia mesmo ante a dúbida de todo o demais.
- Conditio sine qua non
- “Condición sen a cal non”, é dicir, condición indispensable. Expresión do Dereito romano que indica que a condición aludida é esencial para a validez dun acordo.
- Contra naturam
- “Contra a natureza”. Aplícase especialmente a certos actos que se consideran contrarios á natureza.
- Corpore insepulto
- “Co corpo sen sepultar”. Aplícase á misa celebrada coa presenza do corpo do defunto aínda sen inhumar.
- Corpus delicti
- “O corpo do delito”. Conxunto dos factores que converten un acto en violación da lei. Frecuentemente emprégase de maneira incorrecta para referirse a un obxecto material relacionado cun crime, e máis particularmente ao cadáver, no caso dun asasinato.
- Cum laude
- “Con louvanza”. Máxima cualificación nunha tese ou exame.
- Curriculum vitae
- “Carreira da vida”. Conxunto de datos persoais e méritos académicos e profesionais dunha persoa que solicita un posto de traballo, un premio, etc. Exemplo: Presentou o curriculum en 10 ou 12 empresas. En Inglaterra refírese tamén ao conxunto de materias que se deben estudar nun centro docente ou facultade, o que en España chamamos “plan de estudos”.
- Cursus honorum
- “Carreira de honras”. Era a sucesión de cargos (cuestor, edil, pretor…) polos que pasaba un romano ata chegar ao consulado. A partir diso, designa calquera sucesión de postos que conducen a unha posición de grande autoridade. Para cada función esixíase unha idade mínima.