Lingua e Literatura Galega: Exercicios sobre A Esmorga e a Nova Narrativa
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,13 KB
Interrogacións retóricas e a súa función no texto
No texto aparecen tres interrogacións. Son de tipo retórico e a súa función é a seguinte:
- Que porcentaxe da cidadanía…?
- Quen foi María Wonenburger?
- Que presenza galega ten a cultura galega…?
Funcionan como marcadores argumentativos indirectos, xa que non buscan unha resposta explícita, senón que reforzan a tese e implican directamente o lector no discurso.
Resumo do contido do texto
A sociedade actual recibe unha cantidade excesiva de estímulos que dificulta a reflexión crítica, mentres os contidos culturais —especialmente os galegos— quedan relegados a un segundo plano. Valóranse máis as figuras mediáticas superficiais e o éxito económico rápido ca o coñecemento, o esforzo e a cultura, promovendo modelos baseados na aparencia e no consumo. Isto reflíctese na falta de referentes culturais e científicos galegos recoñecidos socialmente e na escasa presenza da cultura galega nos medios e espazos públicos, o que impide a súa valoración e transmisión.
Descrición de fonemas e grafías
A continuación, descríbense os fonemas correspondentes ás grafías subliñadas nas seguintes palabras:
- Asimilación: Fricativa alveolar xorda.
- Homoxéneo: Fricativa palatal xorda.
- Valor: Oclusiva bilabial sonora.
- Tóxica: A grafía representa dous fonemas: oclusivo velar xordo e fricativo alveolar xordo.
- Acceso: O primeiro “c” representa o fonema oclusivo velar xordo e o segundo o fricativo interdental xordo.
- Mellor: Lateral palatal sonoro.
- Fortes: Fonema vocálico posterior ou velar de abertura media aberta.
- Quen: Fonema vocálico anterior ou palatal de abertura media aberta.
Valor e función sintáctica das formas pronominais
Indícase a función das formas pronominais que aparecen en negriña no texto orixinal:
- “Coñécese....”: Morfema verbal, marca de pasiva reflexa.
- “Non se inclúen......”: Morfema verbal, marca de impersoal reflexa.
- “Cultívase .....”: Morfema verbal, marca de impersoal reflexa.
- “....non me parece.....”: Complemento Indirecto (CI) / Frase substantiva.
Función sintáctica e unidades sintácticas
Análise das partes subliñadas no texto:
- “....a súa asimilación con sentido crítico e reflexivo...”: Suxeito / Frase Nominal (FN).
- “...mediocre e incluso tóxica para a formación do individuo....”: Modificador (MOD) / Frase composta por dúas frases adxectivas coordinadas.
- “...con ser futbolista ou modelo....”: Suplemento ou Complemento de Réxime / Frase Preposicional (FPrep).
- “Que presenza galega....”: Complemento Directo (CD) / Frase Nominal (FN).
Literatura Galega
a) O texto de A esmorga
O fragmento pertence á novela A Esmorga, escrita por Eduardo Blanco Amor, unha das figuras máis relevantes da narrativa galega do século XX. A obra forma parte da prosa galega de posguerra, nun contexto marcado pola represión cultural e lingüística tras a Guerra Civil, e está considerada pola crítica como unha das creacións máis importantes da literatura galega, tanto pola súa calidade literaria como pola súa capacidade para reflectir a sociedade do momento.
Desde o punto de vista narrativo, pódense apreciar varias características destacadas:
- Narrador: Sobresaie o uso da primeira persoa, cun narrador protagonista (Cibrán) que conta os feitos acontecidos.
- Redución temporal: Toda a acción se desenvolve en apenas vinte e catro horas.
- Técnica dialóxica: O relato preséntase en forma de diálogo, no que o xuíz aparece indicado mediante guións, mentres que Cibrán responde ás preguntas, mostrando dificultades para explicar con claridade o sucedido.
- Multiperspectivismo: O xogo de voces e a actitude crítica ou discrepante (ex: «Como, señor?» ou «Feitos?») reforzan o realismo do relato.
Deste xeito, nesta obra escrita desde o exilio, Blanco Amor representa o realismo social a través dun narrador subxectivo e dunha visión directa da vida popular, centrada nas dificultades e na marxinalidade dos personaxes máis humildes.
b) Caracterización xeral das obras da Nova Narrativa Galega (NNG)
Na caracterización xeral das obras da NNG, cómpre apuntar que todas participan dunha serie de trazos en común:
- Contexto: Reflicten a sociedade alienante e insegura da ditadura franquista.
- Personaxes: Caracterízanse polo desequilibrio e o illamento.
- Obxectivo: Non buscan simplemente entreter, senón crear obras de difícil lectura destinadas a un lector competente e activo.
- Temática: A dificultade radica tanto nas técnicas vangardistas como na introdución de contidos filosóficos que afondan na complexidade do ser humano, reflectindo as frustracións, angustias e desacougos da sociedade contemporánea.