Lingua Galega e Portuguesa: Orixe, Expansión e Poesía de Posguerra

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,98 KB

Lusofonía

O galego e o portugués son moi similares debido á súa orixe na antiga Gallaecia romana no século IX como unha única lingua.

Coa independencia de Portugal comeza a separación entre os dous idiomas. Mentres Galicia queda sometida ao castelán, o portugués comeza a súa expansión territorial e hoxe fálase en tres continentes, sendo unha das linguas máis faladas.

Países Lusófonos

O conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués forman a lusofonía. O portugués é lingua oficial en:

  • Portugal
  • Cabo Verde
  • Guinea-Bissau
  • Angola
  • Mozambique
  • San Tomé e Príncipe
  • Timor
  • Brasil

Beneficios da Comprensión Mutua

A facilidade de comprensión entre os falantes de ambos idiomas:

  • Facilita a comunicación.
  • Desde o punto de vista económico, facilita o traballo nos países lusófonos.
  • No plano cultural, axuda á difusión da literatura mediante numerosas propostas.

A aprendizaxe do portugués está presente no sistema educativo galego. Á súa vez, o galego é obxecto de estudo en Portugal e Brasil.

Poesía de Posguerra Galega

No ano 1950 ten lugar a creación da editorial Galaxia, que inicia o camiño de recuperación cultural galega. A editorial estréase cunha obra de Cabanillas: Antífona da Cantiga.

Xeracións Poéticas da Posguerra

Na poesía da posguerra atopamos tres xeracións poéticas sucesivas:

  • Xeración do 36
  • Promoción de Enlace
  • Xeración das Festas Minervais

Xeración do 36

Publicada polos escritores que naceron entre 1910 e 1920. Aínda que moitos deles xa publicaran obras antes da guerra, será agora cando publiquen textos máis significativos. Pertencen a esta xeración Celso Emilio Ferreiro, María Mariño, Xosé María Díaz Castro, etc.

Celso Emilio Ferreiro

A súa vida: Nace en Celanova en 1912. Durante a guerra é recrutado forzoso polo bando franquista. A guerra e as súas dramáticas consecuencias converteranse no motivo dos seus versos. En 1937, durante un permiso en Celanova, foi encarcerado no mosteiro da localidade por unha denuncia calumniosa. Esta experiencia expresaráa no poemario Longa noite de pedra. Tras a guerra, reside en Pontevedra e Vigo, participando en varias empresas culturais. A comezos dos 60, participa con outros nacionalistas de esquerda na fundación da UPG (Unión do Pobo Galego). No 66 emigra a Venezuela, e no 73 regresa de América e instálase en Madrid, onde exerce como xornalista. En 1979 falece subitamente en Vigo.

Na súa obra podemos diferenciar 3 grandes liñas temáticas:

  • Poesía Social: denuncia as inxustizas sociais, expresa a súa solidariedade cos oprimidos.
  • Poesía Intimista: expresa o seu desacougo existencial, lembra un tempo pasado e feliz.
  • Poesía Satírica: denuncia a mesquindade humana cun ton acedo e fortemente crítico.

Escribe os seus versos nunha lingua coloquial e popular na procura dun discurso directo e claro.

Elementos Simbólicos:

  • Elementos Positivos: termos referidos á claridade e á altura que connotan as ideas de esperanza.
  • Elementos Negativos: termos referidos á escuridade, a espazos pechados e profundos.

Promoción de Enlace

Xeración formada por autores nacidos nos anos 20. Estes escritores serven de ponte entre os da xeración anterior e os máis novos. Os poetas máis destacados son Antón Tovar, Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás, María do Carme Kruckenberg.

Luz Pozo Garza

Dirixiu as revistas Nordés e Clave Orión.

A súa poesía céntrase en dúas grandes liñas: a intimista e a comprometida e solidaria. Nos seus versos teñen importante presenza a música e a pintura.

Entradas relacionadas: