A Lingua Galega: Orixe, Léxico e Tradición Literaria

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 9 KB

Orixe e Evolución da Lingua Galega

A lingua galega procede do **latín**. As **achegas lingüísticas** que se produciron con anterioridade á **romanización** reciben o nome de **substrato**, e as posteriores coñécense como **superestrato**. Durante o período central da **Idade Media** (séculos XII a XIV) foi notable a influencia do **francés**, e dende o século XII, e sobre todo do XV en diante, o galego recibiu un forte influxo do **castelán**.

O Substrato

O **preindoeuropeo** é o máis antigo e o **indoeuropeo** o máis recente. O substrato preindoeuropeo data da **Idade de Pedra**. Palabras usuais como *cama* ou *zamarra*, e termos relacionados coa paisaxe e a vexetación: *carballo*, *toxo*. Entre os nomes de lugar: *coto*, *as gándaras*. O substrato indoeuropeo, datado entre o 800 e o 600 a.C., é de tipo **paracelta** ou **celta**. Na toponimia, os xentilicios en *-ego* (*galego*) ou palabras como *bidueiro*, *boroa*, *buraco*. Moitos nomes de lugar da nosa terra son de orixe **céltica**, como *-ove* (*Grove*). Tamén moitos nomes de ríos como *Miño* e *Sar*.

O Superestrato Xermánico

A influencia **xermánica** chegou ao galego por tres vías. A máis antiga corresponde a **vocábulos introducidos no latín**, como *banco*, *roubar*, *sopa*. Outra capa de palabras foi introducida polos **suevos**. Entre os séculos XII e XIV, a influencia **francesa**.

O Superestrato Árabe

A chegada do **árabe** ao galego produciuse pola **influencia cultural**, pois os árabes non chegaron a establecerse por moito tempo no territorio galego. Engadiuse moito **léxico común** relacionado coa **agricultura**, coa **artesanía** e a **guerra**.

Clasificación do Léxico Galego de Orixe Latina

O **latín** tamén continuou sendo fonte para a incorporación de **palabras novas**, especialmente do ámbito intelectual, moitas delas comúns a outras linguas europeas. Así, os **clérigos**, **estudosos** e **científicos** tomaron moitas palabras latinas para designar novos conceptos ou novos obxectos relacionados co mundo relixioso, científico e cultural. O **léxico galego** de procedencia latina pode clasificarse en **vocábulos patrimoniais**, **cultos** ou **semicultos**.

Vocábulos Patrimoniais

Son palabras que permanecen no galego dende a súa orixe, é dicir, foron utilizadas na **lingua falada** e transmitidas de xeito ininterrompido dunha xeración a outra. Dende o latín aos nosos días, as palabras sufriron unha **profunda transformación**.

Cultismos

Son palabras de orixe latina introducidas no galego sempre a través da **lingua escrita** e que non sufriron máis evolución fonética ca a mínima esixida para a súa adaptación á nosa lingua.

Semicultismos

Son palabras que, pola súa tardía introdución, non seguiron unha **evolución completa** e presentan unha forma máis evolucionada ca o cultismo e menos ca unha forma popular. Son moito máis comúns os **pares léxicos**. A existencia destas diferentes evolucións da mesma palabra orixina as **familias léxicas irregulares**: aquelas que presentan unha mesma raíz con diferentes formas.

A Lírica Medieval Galega

Cantigas de Amor

Expresan o **sentimento amoroso** dun home cara a unha muller idealizada dentro dos códigos do **amor cortés**. Unha transposición das relacións feudais entre **vasalos** e **señores** ao plano da relación amorosa, de xeito que o home se sitúa na posición de servo para dirixirse á súa **senhor** dende a submisión e sometemento. Idealizada, o amor nunca é correspondido. Este expresa a súa adoración pola dama pero, como o amor é absolutamente irrealizable, vese sumido nun estado de **coita** (dor e sufrimento). A perfección física e moral e o marco espacial permanecen tamén. Os temas máis frecuentes son a **louvanza** ou **reserva da dama**, a expresión do **sentimento amoroso** que esta é, e a **coita** ou **sufrimento por amor** do namorado. Seguen o modelo de **canzó provenzal**, reciben o nome de **cantigas de mestría** e opóñense ás **cantigas de refrán**.

Características:

  • **Dobre**: repetición da mesma palabra dentro dunha estrofa.
  • **Mordobre**: repetición de palabra dunha mesma familia léxica ao longo da cantiga.
  • **Ata-fiinda**: procedemento de encabalgamento entre estrofas.
  • **Fiinda**: estrofa final máis breve ca as anteriores.

Cantigas de Escarnio e Maldicir

As **cantigas de escarnio e maldicir** son poemas satíricos que permiten coñecer aspectos da vida e a sociedade medieval. Teñen a súa orixe no **sirventés provenzal**, co que comparten o carácter satírico, mais están tamén influídas pola **poesía popular**. Intégrase a **tenzón**, un xénero dialogado no que disputan **trobadores** e **xograres**. Tamén as **soldadeiras** son obxecto de escarnio.

Lírica Relixiosa

Na segunda metade do século XII, na corte do rei **Afonso X o Sabio**, compuxéronse 427 **cantigas de temática relixiosa** en loanza de **Santa María**. Que estas cantigas fosen escritas en galego débese ao papel que o noso idioma tiña neste momento como **lingua poética**, mesmo fóra de Galicia. Dentro das **Cantigas de Santa María**, hai dous grandes grupos temáticos: o daquelas composicións que fan unha **loanxa directa da Virxe** e o daqueloutras que narran un **milagre** seu en favor dalgún devoto. As Cantigas de Santa María consérvanse en **catro códices**.

A Prosa Medieval

Trátase de textos que foron traducidos ao galego dende outras linguas. Temas da **antigüidade clásica**, como a **destrución de Troia** polos gregos. Outro núcleo temático importante é o das **lendas artúricas** ou a **Materia de Bretaña**, que narran as aventuras do **Rei Artur**, o **mago Merlín**, a **raíña Xenebra** e os **Cabaleiros da Táboa Redonda**. Conservamos un fragmento do *Libro de Tristán*, o *Libro de Xosé de Arimatea* e a *Demanda do Santo Graal*.

A Lingua Galega na Idade Moderna: Os Séculos Escuros e a Ilustración

A Lingua Galega nos Séculos XVI, XVII e XVIII

Durante a **Idade Media**, a lingua galega evolucionou de forma similar ao resto das **linguas romances** de forma autónoma. O seu desenvolvemento como lingua escrita, literaria, pública e institucional arrincou con moita forza. A finais da Idade Media, a introdución progresiva do **castelán**, propiciada pola **decadencia de Galicia** e a súa subordinación política e cultural á coroa castelá, coutou ese progreso. Pola contra, en **Portugal**, país independente, seguía o seu avance como lingua de cultura normalizada. Por tanto, despois do período medieval, o galego queda reducido á **lingua falada**, sen cultivo escrito e con cada vez menos prestixio social.

Os Séculos Escuros

Este período caracterízase pola **marxinación social e cultural** que sofre o idioma galego e pola **ausencia case total de literatura**. En principio, esa introdución veu da man da entrada de **nobres** e **eclesiásticos** de fóra de Galicia que falaban castelán para ocupar os postos máis importantes do Estado e da Igrexa. A aparición da **imprenta** incrementou os índices de alfabetización. O galego desaparece da escrita e sobrevive só nos **usos orais**. Así, a lingua utilizada na vida diaria pola maioría da poboación segue a ser o galego, aínda que os nobres, os eclesiásticos e os letrados galegos se familiarizan co castelán na fala e na escrita. Como consecuencia, o **prestixio social e cultural** do noso idioma vai decaendo, e acaba por ser considerado unha forma de falar ruda e incapaz para a cultura.

O Século XVIII

No século XVIII produciuse unha enorme transformación no mundo das ideas e da cultura, coñecida como **Ilustración** ou **Século das Luces**, que implica o triunfo do **racionalismo**.

A Literatura Oral e Popular nos Séculos Escuros

Cara a finais da **Idade Media**, debido ás novas circunstancias políticas, a **literatura galega** entrou nunha etapa de **decadencia**. Pouco a pouco foise abandonando o uso literario do galego e a nosa lingua foi perdendo o seu enorme prestixio. É a época que **Zurita**, cronista oficial dos **Reis Católicos**, etiquetou como a da **"doma e castración de Galicia"**, o período da historia da literatura galega que se coñece co poético nome dos **Séculos Escuros**. Nos **Séculos Escuros**, malia todo, houbo algunhas **manifestacións literarias de gran valía**. O inicio deste período coincide co momento no que o **Renacemento** se espallaba por Europa, traendo consigo a **moda poética petrarquista** e o nacemento do **relato moderno**. O século XVII foi algo máis positivo para o galego porque os **ilustrados**, entre os que podemos destacar a **Frei Martín Sarmiento**, fixeron as primeiras **denuncias da marxinación** e **traballos lexicográficos** sobre a lingua galega. Comezan a emerxer ideas como a **dignidade do galego** ou a defensa do seu uso no ensino, a Igrexa e a administración.

Entradas relacionadas: