Lingua Galega: Normalización, Conflito e Variedades Dialectais

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 12,66 KB

Lingua minorizada e lingua minoritaria. O galego: lingua en vías de normalización

Actualmente existen no mundo unhas seis ou sete mil linguas, aínda que só están censadas catro ou cinco mil. Este gran número de linguas propicia dous tipos de estados:

  • Estados unilingües, nos que se fala unha soa lingua. Son moi escasos. Islandia, O Vaticano, San Marino e Liechtenstein.
  • Estados plurilingües, nos que se falan varias linguas. É a situación máis habitual (as 7 mil linguas fálanse en 200 estados). Existen tres modelos:
    • Só unha das linguas é oficial (Francia, EE.UU.)
    • Cada lingua é oficial nun territorio (Suíza, Bélxica).
    • Existe unha soa lingua oficial para todo o estado e as demais son cooficiais nas respectivas comunidades autónomas (España).

Esta situación propicia que existan dous tipos de linguas:

  • Linguas hexemónicas: son as que gozan dun gran prestixio social. (Inglés).
  • Linguas minorizadas: son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, sofren a competencia doutras linguas foráneas que van usurpando os seus usos ata facelas desaparecer. (Galego, vasco…). O máis habitual é que a lingua minorizada se manteña nos ámbitos rurais e entre as clases máis baixas, mentres que os habitantes das cidades ou as clases altas adoptan antes a lingua dominante. Deste xeito a lingua autóctona vai perdendo prestixio.

Caracterízanse por:

  • A non existencia dun estado que as recoñeza como oficiais. Normalmente as linguas minorizadas son linguas sen estado.
  • A non coincidencia de fronteiras políticas e fronteiras lingüísticas. As fronteiras políticas foron establecidas de maneira artificial.

O perigo que ameaza a unha lingua minorizada é o da súa morte, que se pode producir porque desaparecen os seus falantes, porque deixa de utilizarse como instrumento de comunicación ou porque a comunidade a abandonou e adoptou outra no seu lugar. Para evitar esta situación deben atoparse medidas tendentes a favorecer a súa supervivencia; é dicir, o establecemento dunha política lingüística que teña como principal obxectivo a normalización do idioma. Non debemos confundir linguas minorizadas con minoritarias, as linguas minoritarias son as que posúen un escaso número de falantes. Nunha situación de conflito lingüístico como o que se vive en Galicia, onde dúas linguas, unha política e socialmente dominante (castelán) e outra política e socialmente dominada (galego), existen unicamente dúas saídas posibles:

  • A substitución do galego polo castelán.
  • A normalización lingüística do galego (recuperación das funcións perdidas).

Para levar a cabo a normalización lingüística do galego e evitar a asimilación da nosa lingua por parte do castelán, cómpre artellar unha política lingüística: coma a Lei de normalización lingüística, de 1983; ou o primeiro Plan Xeral de Normalización Lingüística que aprobou o Parlamento de Galicia o 22 de setembro de 2004. O Plan recolle 445 medidas moi diversas, entre as que cabe salientar: garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, introducir na sociedade a oferta positiva de atender os cidadáns e os clientes en galego, promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega…

Perífrases verbais

Verbo auxiliar +(partícula)+ Verbo auxiliado.

1.- Temporais

futuridade, inmediatez.

  • IR + INFINITIVO: movemento, futuro.
  • Haber (de) + infinitivo: futuro.
  • Estar a/para + infinitivo: futuro inmediato.
  • Andar para + infinitivo: futuro inmediato.

2.- Modais

obriga ou hipótese/probabilidade.

  • Haber (de) + infinitivo: hipótese.
  • Haber que + infinitivo: obriga.
  • Ter que/de + infinitivo: obriga.
  • Deber (de) + infinitivo: obriga ou hipótese.
  • Poder + infinitivo: hipótese. Pode ter quince anos.

3.- Aspectuais

(os tempos non expresan o aspecto)

a) Imperfectivas

acción na súa duración, desenvolvéndose.

  • Estar + xerundio (=A+INF).
  • Andar + xerundio (=A+INF): movemento continuado, prolongado.
  • Levar + xerundio (=A+INF): incide sobre o inicio. Leva chovendo un mes.
  • Seguir + xerundio (=a+inf): continúa un proceso anterior.
  • Ir + xerundio: progresivo.
  • Vir + xerundio: segue o anterior.

b) Perfectivas

acción acabada, proceso concluído.

  • Acabar de + infinitivo.
  • Vir de + infinitivo: Fin dun movemento.
  • Deixar de + infinitivo.
  • DAR + PARTICIPIO en interrogativas e negativas: non se consegue rematar o proceso iniciado.
  • Levar + participio: matiz reiterativo.
  • Ter + participio: matiz reiterativo: non substitúe perfectamente o pretérito perfecto castelán.

c) Terminativas

acción acabada, proceso concluído.

  • Chegar a + infinitivo.
  • Acabar por + infinitivo.
  • Vir a + infinitivo.

d) Reiterativas

acción que se repite.

  • Volver (a) + infinitivo.

e) Incoativas

proceso no seu inicio.

  • Botarse a + infinitivo.
  • Ponerse/porse a + infi.
  • Romper a + infinitivo.
  • Dar en + infinitivo.
  • Empezar a + infinitivo.
  • Comezar a + infinitivo.

f) Pasivas

  • Ser + participio.

As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos

A función básica dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade. Dependendo do ámbito de uso dunha lingua, a función comunicativa concrétase ou non noutras funcións máis específicas, coma por exemplo:

  • función familiar.
  • función de identidade.
  • función laboral.

En Galicia estas funcións compiten por desenvolvelas dúas linguas: o galego e o castelán. En efecto, a coexistencia de dúas linguas nunha sociedade conleva case sempre, coma no caso do galego, que boa parte dos falantes dominen os dous códigos (bilingüismo), pero tamén unha certa desigualdade nos usos que se fan de ambas as linguas (diglosia) e, consecuentemente, a aparición do conflito lingüístico. En principio, o bilingüismo é motivo de enriquecemento para o individuo, mais é discutible que poidamos referirnos en sentido estrito a “falantes bilingües” e moito menos a “pobos bilingües”, xa que é difícil que esas linguas se atopen en situación de igualdade e proporcionalidade totais dentro dunha comunidade. O individuo desas comunidades supostamente bilingües dificilmente vai usar dúas linguas para o mesmo propósito, senón que empregará a lingua A (lingua dominante) para usos cultos e reservará a lingua B (lingua minorizada) para usos informais. Isto o denominamos diglosia. A diglosia dáse, pois, en comunidades nas que conviven dúas linguas nunha situación de desequilibrio que pode provocar o conflito lingüístico. En Galicia caracterízase polo emprego dunha ou outra lingua segundo:

  • Os ámbitos sociais de uso: emprégase o galego para as funcións de menor prestixio social, deixando o castelán para representar aquelas funcións máis cultas e de maior prestixio.
  • Os espazos xeográficos: úsase o galego no rural e nos arrabaldes das cidades, e o castelán nos núcleos máis céntricos das zonas urbanas.
  • Os interlocutores: dependendo da maior ou menor confianza entre os interlocutores, da súa pertenza a un nivel social medio e alto ou non, da súa adscrición ao mesmo status social ou non… usarán o galego ou o castelán.

Na loita entre galego e castelán por ocupar a totalidade das funcións sociais posibles, o castelán vai avanzando e o galego retrocedendo. Os prexuízos lingüísticos son xuízos que consisten en presentar trazos negativos sobre unha lingua ou sobre os seus falantes e teñen como obxectivo provocar o seu rexeitamento. A lingua galega, vén arrastrando historicamente moitos prexuízos. Esta situación vén xerando actitudes de “autoodio” e desprezo propio, coa conseguinte perda de autoestima. Créanse así estereotipos (os galegos son ignorantes; os galegos son brutos…) e prexuízos (se saes de Galicia o galego xa non ten utilidade…). Os prexuízos específicos son os que máis callaron na sociedade, algúns xa vellos (a súa vinculación co mundo rural, a pobreza, a ignorancia e o atraso; a suposta falta de utilidade…) e ademais outros máis recentes (a suposta imposición do galego na actualidade; o galego normativo como lingua artificial…). Vencer estes prexuízos é tarefa indispensable para que o proceso de normalización da lingua galega teña éxito.

Bloques dialectais do galego

Bloque occidental

Situación: Ocupa a parte oeste das provincias de Pontevedra e A Coruña.

Fonética:

  • Hai seseo implosivo en todo o bloque e seseo explosivo na zona máis occidental.
  • Ten gheada.
  • Sílabas iniciais CA- / GA-.
  • Ditongo ui -> muito, truita…

Morfoloxía:

  • Plural –n -> -ns (pantalóns, cans…).
  • Terminación -án, -án (o irmán, a irmán).
  • Pronome suxeito TI.

Áreas:

  • Fisterrá: Seseo explosivo e cheísmo.
  • Pontevedresa: Non cheísmo e Demostrativo neutro en “i” (isto, iso, aquilo).

Bloque central

Ocupa a parte leste das provincias de Pontevedra e A Coruña, e case a totalidade das provincias de Lugo e Ourense.

Fonética:

  • Non ten seseo.
  • Hai gheada na parte oeste.
  • Sílabas iniciais CA- / GA-.
  • Ditongo oi -> moito, troita…

Morfoloxía:

  • Plural –n -> -s (pantalós, cas…).
  • Terminación -ao, -á (o irmao, a irmá).
  • Pronome TI / TU

Áreas:

  • Mindoniense: Nosoutros, vosoutros…Cantábamos, cantáramos.
  • Luco-Auriense: iste, ise, aqil e o pronome il.

Bloque oriental

Ocupa a franxa leste das provincias de Lugo e Ourense, e o galego exterior (Asturias, León e Zamora).

Fonética:

  • Non ten seseo.
  • Non hai gheada (excepto área ancaresa).
  • Sempre hai sílabas CUA- / GUA-.
  • Ditongo oi , u , iu -> moito, mutio, miuto.

Morfoloxía:

  • Plural –n -> -ís (pantaloís, caís…).
  • Terminación -ao, -á (o irmao, a irmá).
  • Pronome TU.

Áreas:

  • Asturiana: Conserva -l- (avolo). Artigo ‘l / el (el nenín / tod’el día). Sufixo diminutivo (paxarín – paxaría). Ditongo oi como u (truto, muto…).
  • Zamorana: teísmo (te como CD e CI).
  • Ancaresa: vogais nasais (cao), gheada, palatalización do a |ä|. Cheísmo. E Demostrativos: ests, esos, aqelos...

Entradas relacionadas: