A Lingua Galega: Historia, Influencias e o Contexto Literario Medieval
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,5 KB
A Lingua Galega: Historia, Influencias e o Contexto Literario Medieval
Orixe e Evolución da Lingua Galega
A lingua galega é unha lingua románica que deriva principalmente do latín. Ten, con todo, influencias anteriores (substrato) e posteriores (superestrato) á romanización.
O Substrato: Influencias Pre e Indoeuropeas
As aportacións lingüísticas anteriores á chegada dos romanos divídense en dous estratos:
- Pobos preindoeuropeos: Influencia principalmente léxica, con termos relacionados coa natureza (carballo, amorodo, beira).
- Pobos indoeuropeos (celtas): Influencia na fonética, léxico e toponimia. Exemplos: topónimos en –(o)bre (cobre), simplificación de –LL– e –NN– (de gallu a galo), evolución de –P–/–T–/–K– a –b–/–d–/–g– (de rota a roda), de –CT– a –it– (de nocte a noite), e termos como buraco. Outras palabras comúns (páramo), o nome actual de Galicia e xentilicios en –ego (galego) teñen orixe non celta.
O Estrato: A Aportación Romana
O compoñente básico da lingua galega é a aportación romana. A latinización, proceso de implantación do latín, comezou cos grupos de elite e estendeuse á poboación, provocando a extinción das linguas autóctonas. A relixión foi fundamental neste proceso. Exemplos de evolución do latín ao galego: PL–, CL–, FL– a ch (de plorare a chorar), MN– a N– (de personam a persoa), AU– a ou– (de aurum a ouro), –MN a n– (de damnare a danar), ou –LT a t (de saltu a souto).
O Superestrato: Influencias Posteriores
Tras a caída do Imperio Romano, Galicia foi invadida por diferentes pobos. A influencia xermánica (suevos e visigodos) foi limitada, principalmente na toponimia (terminacións –ar, -mil, -riz/rís, -monde/munde, -rei/rei, -áns, -ás, -án, –ulfe/–ufe/–oufe), antroponimia (Elvira) e léxico común (branco). A influencia árabe foi indirecta, principalmente no léxico (alcalde, almacén, alfareiro, aceite, alcume) e toponimia (Almuíña).
O Contexto Literario Medieval (Séculos XIII-XIV)
Este período é decisivo para a cultura medieval europea, coincidindo cunha situación privilexiada para Galicia. A descuberta do sepulcro do Apóstolo Santiago e as peregrinacións a Santiago de Compostela contribuíron á expansión da cidade e á súa importancia na cristiandade.
A Lírica Galego-Portuguesa
Nos pazos e castelos da nobreza, as festas e reunións incluían espectáculos musicais que deron orixe á lírica medieval. Os protagonistas eran:
- Trobadores: Nobres que compoñían cantigas.
- Segreis: Poetas non nobres que compoñían e cantaban.
- Xograres: Intérpretes das cantigas.
- Meneireis: Músicos que acompañaban as cantigas.
- Soldadeiras: Bailadoras.
Consérvanse 1679 cantigas de 161 trobadores e xograres, recollidas en cancioneiros manuscritos como:
- O Cancioneiro da Ajuda
- O Cancioneiro da Biblioteca Vaticana
- O Pergamiño Vindel
- O Pergamiño Sharrer