A Lingua Galega: Historia, Gramática e Tipoloxías Textuais
Enviado por Chuletator online y clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,97 KB
Os Séculos Escuros da Lingua Galega
O galego e o portugués consolídanse como linguas estatais e viven cada unha o seu propio proceso de estandarización. O afastamento das linguas irmás é provocado pola fronteira con Portugal. No s. XV e XVI aparecen as primeiras gramáticas do español, portugués e italiano, mentres que as do galego aparecen no s. XIX.
O Impacto da Política Borbónica e a Castelanización
O cambio de dinastía da casa dos Austrias aos Borbóns trouxo consigo unha política de uniformización do Estado que tiña como obxectivo organizar os territorios que dependían da corte de Castela e crear un Estado nacional centralizado onde a cada estado lle correspondería unha nación e unha lingua. O castelán vaise convertendo na lingua das clases altas, o que fai que a partir do século XV os nobres galegos renuncien ao seu idioma e falen o castelán.
A Resistencia do Galego e o Bilingüismo Social
Aínda que o castelán se estea convertendo na lingua da clase alta, a gran maioría da poboación segue a ser monolingüe, xa que a estrutura socioeconómica de Galicia impediu o avance do castelán debido á escasa escolarización, o que supón un alto grao de analfabetismo, e polo carácter rural da poboación. Atopamos así unha sociedade bilingüe na que as linguas se distribúen en función das clases sociais: o castelán para os de alta clase e o galego para os de baixa clase que non teñen recursos suficientes para aprender o castelán.
Pioneiros da Defensa da Lingua Galega
A primeira manifestación defendendo a lingua fíxoa Frei Martín Sarmiento, quen reivindicou o ensino en galego e do galego, así como a obriga de coñecer dito idioma. Frei Martín Sarmiento converteuse no pioneiro dos estudos filosóficos de Galicia grazas á súa extensa obra ensaística.
Outros ilustrados que destacan son:
- O Padre Sobreira, autor do dicionario de galego.
- O Padre Feijoo.
- Xosé Cornide Saavedra.
Un dos textos máis extensos que se conservan da época é Coloquio en mil duascentas coplas de Sarmiento.
Gramática Galega Esencial
Pronome Persoal
- Tónico: eu, min, comigo, ti, contigo, vostede, el, ela, si, consigo, nós, nosoutros, connosco, vós, vosoutros, convosco, vostedes, eles, elas, si, consigo.
- Átono: me, che, te, lle, o, lo, no, se, nos, vos, lles, os, los, nos, se.
Demostrativos
- Preto da primeira persoa: este, esta, estes, estas.
- Preto da segunda persoa: ese, esa, eses, esas.
- Lonxe da terceira persoa: aquel, aquela, aqueles, aquelas.
Funcións especiais: aquelar, aquelado, aqueloutrado, daquela (referido a un tempo pasado ou conxunción que equivale a 'entón', 'así que', 'polo tanto'), nisto e nesas ('neste momento', 'nese momento').
Posesivos
meu, miña, meus, miñas, noso, nosa, nosos, nosas, teu, túa, teus, túas, voso, vosa, vosos, vosas, seu, súa, seus, súas.
Tipoloxías Textuais: Narración e Descrición
Principais Diferenzas entre Narración e Descrición
- Narración:
- Máis dinámica, polo paso do tempo.
- Dominio de verbos activos e de movemento.
- Dominio de pronomes.
- Tempos verbais en pasado.
- Función representativa: enunciados de acción.
- Ordenación dos elementos no tempo.
- Descrición:
- Máis estática, polo estancamento do tempo.
- Dominio de verbos estáticos e contemplativos.
- Dominio de adxectivos e estruturas atributivas.
- Tempos verbais en presente e copretérito.
- Función expresiva, poética e representativa: epítetos, comparación, metáforas, enumeracións...
- Ordenación dos elementos no espazo.