Lingua Galega: Fonética, Fonoloxía, Acento e Variedades Dialectais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,4 KB

A Fonética: Estudo dos Sons da Lingua

A fonética estuda a produción, as calidades físicas e a percepción dos sons dunha lingua, en canto realidades físicas concretas.

A Fonoloxía: Función da Materia Fónica

A fonoloxía estuda a función da materia fónica como constituínte dun sistema lingüístico.

O Fonema: Unidade Abstracta da Lingua

O fonema é a unidade abstracta que posúe as propiedades comúns a un determinado son pronunciado polos distintos falantes e en distintos contextos. As súas características son:

  • É unha unidade lingüística mínima.
  • É unha unidade fónica abstracta.
  • Determínanse por conmutación.
  • Teñen carácter distintivo: cada fonema presenta características propias que nos permiten identificalo como distinto a outros.
  • O número de fonemas que posúe unha lingua é limitado; no caso do galego, son 26.

Para a representación exacta de cada fonema, sempre cun mesmo e único símbolo, creouse o Alfabeto Fonético Internacional.

Trazos Distintivos dos Fonemas

Os trazos distintivos son:

  • Sonoridade: Consiste na vibración ou non das cordas vocais e permite distinguir fonemas sonoros e xordos.
  • Punto de articulación: É o lugar concreto da cavidade bucal onde se produce a última parte do son. Por este trazo distinguimos fonemas bilabiais, alveolares e velares.
  • Modo de articulación: É a posición que adoptan os órganos no momento de expulsar o ar. Podemos distinguir nasais, fricativos, etc.

O Sistema Vocálico Galego

O sistema vocálico diferénciase entre si polo punto de articulación e o modo de articulación.

Punto de Articulación

  • Palatais: Na súa realización, a lingua elévase na parte anterior da boca e aproxímase ao padal duro.
  • Velares: A lingua elévase na parte posterior da boca e aproxímase ao veo do padal.
  • Central: A lingua está baixa e case en repouso, situándose o punto de articulación entre o padal e o veo.

Modo de Articulación

  • Abertas: Realízanse co máximo de abertura bucal e mínima elevación da lingua.
  • Pechadas: Realízanse con mínima abertura da boca e máxima elevación da lingua.
  • Medias: Están a medio camiño entre os dous tipos anteriores; poden ser semipechadas ou semiabertas.

O Sistema Consonántico Galego

O sistema consonántico diferénciase polo modo de articulación:

  • Bilabiais: Prodúcense entre os labios inferior e superior.
  • Dentais: A lingua aproxímase á parte interna dos dentes superiores.
  • Interdental: A punta da lingua colócase entre os dentes superiores e inferiores.
  • Alveolares: A parte central da lingua achégase aos alvéolos.
  • Palatais: A parte central da lingua achégase ao padal duro.
  • Velares: A parte posterior da lingua achégase ao veo do padal brando.

O Acento na Lingua Galega

O acento é a maior intensidade coa que se pronuncia unha sílaba fronte ás demais da mesma palabra. Distinguimos:

  • Dentro da palabra: unha sílaba tónica e outras átonas.
  • Dentro do grupo fónico: unhas palabras tónicas e outras átonas.

Variedades do Galego

  • Variedades Históricas

    Teñen que ver coas diferenzas que se van dando nunha lingua ao longo das sucesivas etapas da súa historia. Adóitase considerar a existencia de tres grandes variedades:

    • Galego antigo (séculos VII-XV)
    • Galego medio (séculos XVI-XVIII)
    • Galego contemporáneo (séculos XIX-XXI)

    Hai que ter en conta que é posible distinguir dentro de cada unha delas diferentes subvariedades que reflicten períodos temporais máis curtos.

  • Variedades Funcionais

    • Rexistro coloquial: Utilízase en actos de fala marcados por necesidades inmediatas subxectivas, da vida cotiá, con escaso contido intelectual. Emprégase nel un vocabulario usual que inclúe vulgarismos, castelanismos, etc.
    • Rexistro formal: É o empregado en actos de comunicación motivados por unha actividade máis ou menos planificada, cun claro contido intelectual e cun propósito obxectivo. Presenta riqueza léxica.
  • Variedades Sociais

    Correspóndense cos diferentes grupos, segmentos e clases sociais que existen dentro dunha comunidade falante. Dentro das variedades sociais teñen importancia as chamadas linguaxes específicas, especiais ou subcódigos. Dentro deles podemos distinguir:

    • As linguaxes técnicas, que recollen a terminoloxía especializada propia dun grupo profesional (as linguaxes médica, xurídica, administrativa, etc.).
    • As xergas, que é unha linguaxe empregada na comunicación oral por un grupo profesional, social ou de idade que a utiliza para se afirmar como tal grupo e para evitar ser comprendido polos demais.
  • Variedades Xeográficas

    Son as diferenciacións que se dan na lingua atendendo ao criterio espacial. O mapa dialectal do galego actual presenta unha división do dominio en tres grandes bloques: Oriental, Central e Occidental. Os límites que presentan xeograficamente os fenómenos lingüísticos márcanse con isoglosas.

Fenómenos Lingüísticos con Variedades Territoriais

A. Fonética

  • O resultado dos grupos latinos -ULT, -UTC: A variante maioritaria -oit aparece a carón de -uit, propia do occidente da provincia da Coruña e do sur de Pontevedra, e de -uit, -ut e -uti, propias do galego oriental.
  • Os grupos latinos QUA-, GUA- redúcense na maior parte do territorio galego, orixinando formas como catro e gardar.
  • Gheada: É a realización da consoante oclusiva velar sonora /g/ como aspirada farínxea. É un fenómeno propio do galego que afecta aos territorios que abranguen Coruña e outras zonas.
  • Seseo: É a ausencia da oposición entre o fonema fricativo interdental xordo /θ/ e o alveolar fricativo xordo /s/, que se neutraliza en /s/.
  • Rotacismo.

B. Morfosintaxe

  • A evolución das terminacións latinas -ANUM, -ANAM presenta dúas solucións maioritarias: -án para o masculino e para o feminino.
  • O resultado das terminacións latinas -INUM, -INAM contrapón a solución maioritaria -iño coa solución -ín.
  • O plural dos nomes rematados en -l presenta distintas variantes segundo as zonas.
  • O plural dos nomes rematados en -n presenta tres variantes: ladrón, ladros, ladrois.
  • A forma masculina singular do artigo é o; na xeneralidade do galego de Asturias é el.
  • Os demostrativos presentan tres modelos.
  • O pronome suxeito de segunda persoa do singular presenta variantes: ti na Coruña e Pontevedra, e tu no resto do territorio.
  • O pronome suxeito de terceira persoa do singular presenta as variantes el e il, propia do sur da provincia de Lugo e boa parte de Ourense.
  • Os pronomes átonos te e che na maior parte do dominio galego distínguense pola función: te (CD) e che (CI). Non obstante, isto cambia nalgunhas zonas.

Bloques Dialectais da Lingua Galega

Dividimos o dominio lingüístico galego en tres grandes zonas, que denominamos bloques dialectais: Oriental, Central e Occidental. Cada bloque inclúe no seu interior diferentes falas dialectais cunha serie de características comúns, que á súa vez as diferencian das falas dos outros bloques. A distinción entre os tres grandes bloques dialectais do galego baséase fundamentalmente na diferente solución que se lle dá ao plural dos nomes rematados en -n.

Entradas relacionadas: