A Lingua Galega: Dialectos e Evolución Poética Recente

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,63 KB

Linguas e Falantes nas Áreas de Galicia

Os dialectos ou variedades do galego organízanse en tres bloques principais: **occidental**, **central** e **oriental**, cuxo trazo distintivo é o plural dos substantivos rematados en -ón (ex.: *pantalóns*, *pantalois*, *pantalos*).

Por outra parte, o trazo que se escolleu para marcar a **fronteira lingüística** entre galego e asturleonés é a **non ditongación** en formas como *fuente*/*fonte*, a cal, esta última, é común a todos os dialectos do galego.

Dentro de cada bloque distínguense diferentes áreas, e dentro de cada área hai diferentes subáreas. Por último, os diferentes trazos lingüísticos diferéncianse mediante as **isoglosas**, que son as liñas que nos mapas marcan o territorio dos trazos.

Algúns dos Trazos Lingüísticos Máis Relevantes

  • Seseo: propio da zona occidental e divídese en **seseo explosivo** e **implosivo** (ex.: *sinco*, *des* [5/10] fronte a *cinco*, *dez*).
  • Gheada: propio do occidente, pero con máis territorio que o seseo. Porén, cómpre aclarar que este trazo foi recuando cara ao oeste nos últimos anos.
  • Cheísmo: non distinción entre *te* e *che*, utilizando sempre *che*, o cal é propio da zona da **Costa da Morte**.
  • Teísmo: utilízase sempre *te* e non distinción entre *te* e *che*, o cal é propio de zonas fronteirizas co **portugués** e co **asturleonés**.
  • Outros trazos relevantes inclúen: *moito* / *muito*, *irmán* / *irmão*, *ti* / *tu*, *el* / *il*, *catro* / *cuatro*, ou a non distinción entre *ver* e *mirar* (lembra o caso de María de Cangas, a miña amiga, que sempre di *mirar*).

A tendencia é que as **variedades dialectais** vaian esmorecendo pouco a pouco.

O Estudo da Dialectoloxía Galega e a Estandarización

O estudo da **dialectoloxía galega** deuse entre os anos **1974** e **1976**; polo tanto, cando aínda non se publicaran as **Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego**, que foron aprobadas en **1982**.

A creación do **galego estándar** e a súa incorporación a novos ámbitos, provoca certa **contaminación** nas variedades dialectais tradicionais e, polo tanto, vanse perdendo os trazos dialectais, substituíndose polas que se escolleron para o **estándar**.

A Poesía Galega nos Últimos 50 Anos (1975-2025)

Tras a morte de Franco, dáse na poesía galega unha **diversificación dos temas**. As temáticas clásicas neste xénero, como son o **paisaxismo**, o **ruralismo** e, especialmente, o **socialrealismo**, van ser rexeitadas, ao tempo que se exploran outras novas.

Polo tanto, as tendencias comúns desta época son a exploración de **novas temáticas**, o **rexeitamento do socialrealismo** e, sobre todo, a **incorporación dun gran número de mulleres á literatura galega**, polo que se dará unha ampliación da **perspectiva de xénero**. Ademais do **feminismo**, tamén o **ecoloxismo** será un tema frecuente nas poetas desta época.

Distinción entre Poetas das Décadas dos 80 e 90

Os poetas da década dos **80** teñen unha tendencia cara ao **culturalismo**, incorporando temas como a **filosofía**, a **historia**, etc. Destaca a **intertextualidade** (referencia a outros textos e autores) e a inclinación cara a unha linguaxe máis **barroca** e unha métrica e rima máis **estritas**.

Porén, os poetas da década dos **90** son o contrario: foxen do **culturalismo** e da **intertextualidade**, utilizando unha linguaxe **simple**, unha temática sobre a **vida cotiá** e o **verso libre**.

Entradas relacionadas: