A Lingua Galega entre 1936 e 1975: Represión, Resistencia e Recuperación

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,22 KB

Contexto Histórico e Situación Sociolingüística

En 1936, ao pouco de ser aprobado en referendo o primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia, produciuse o levantamento militar de Franco, que daría lugar á Guerra Civil. Os contrarios ao réxime sufriron unha forte represión; figuras como A. Bóveda e A. Casal pagaron coa vida, e outros como O. Pedrayo sufriron as consecuencias. O esforzo do século XX pola rehabilitación social da nosa lingua quedou destruído.

Bos Aires converteuse na capital cultural da Galicia do exilio. Alí apareceron as editoriais Galicia, Nova e Citana. De gran importancia foi o labor levado a cabo por emigrantes como Blanco Amor ou Emilio Pita, e exiliados como Castelao. Destacan as obras de Castelao Os vellos non deben de namorarse (1941) e Sempre en Galiza (1944).

Arredor de 1950, o galego comeza a dar síntomas de recuperación. En 1947 aparece o libro de Aquilino Iglesia Alvariño Cómaros Verdes. En 1949, en Pontevedra, xorde a colección de poesía de Benito Soto e, en Lugo, a colección Xistral. O xornal santiagués La Noche comeza a publicar textos escritos en galego. A verdadeira recuperación dáse en 1950 cando un grupo de intelectuais fundan a Editorial Galaxia e as revistas Grial e Revista de Economía de Galicia.

Na década dos 60 iníciase a actividade política na clandestinidade. En 1963 créase o Consello da Mocidade, do que nacerán a UPG en 1964 e o PSG en 1965. Nese mesmo ano (1963), a Real Academia Galega (RAG) establece o Día das Letras Galegas, que se celebra cada 17 de maio, e nace Edicións do Castro. No ano 1965, a literatura galega entra nos plans de estudo en Santiago.

O proceso de recuperación levou ao recoñecemento dos dereitos lingüísticos dos galegos na Constitución Española de 1978 e no Estatuto de Autonomía de 1981.

Situación Sociolingüística e Diglosia

En canto á situación sociolingüística, a castelanización global da sociedade aumentou no período político da ditadura franquista. O castelán seguiu a medrar nos núcleos urbanos fronte a un maior grao de conservación do galego nas zonas rurais.

A poboación galega seguiu a manter un comportamento lingüístico diglósico, sendo o castelán a lingua prestixiosa. O galego experimentara no primeiro terzo do século XX un considerable avance na súa utilización como lingua escrita. A ditadura franquista trouxo consigo a desaparición destes usos escritos.

Características Lingüísticas Fundamentais: O Galego Protoestándar

O galego escrito na posguerra non respondía a ningunha norma sistemática. Os autores da Editorial Galaxia levaron á práctica o criterio simplificador da ortografía.

Na Universidade de Santiago déronse novidades importantes na década de 1960. Destaca a incorporación do estudo do galego no ámbito universitario á fronte do primeiro profesor encargado desta docencia: Carvalho Calero, quen elaborou a gramática máis importante, publicada en 1966. A comezos dos anos 60, a RAG asumirá a publicación dos códigos normativos.

Entradas relacionadas: