Liñas poéticas e autores clave da poesía galega do século XX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,7 KB

Liñas poéticas segundo Méndez Ferrín

En opinión de Méndez Ferrín, seis son as liñas poéticas que marcan esta xeración:

  • Imaxinismo

    Imaxinismo: Vén ser a continuación da liña iniciada por Amado Carballo. Cualificárona no seu momento como vangarda matizada ou pseudovangarda, por non ser verdadeiramente rupturista e orixinal e por situarse a medio camiño entre a tradición e a nova poesía.

  • Neotrobadorismo

    Neotrobadorismo: Outra liña poética, que non se pode considerar de vangarda e pasa por ser simplemente unha reformulación dos nosos cancioneiros medievais.

  • Clasicismo

    Clasicismo: Algúns escritores galegos ven nel unha nova alternativa fronte ás correntes esteticistas, inspirada no mundo clásico e no ritmo lento do endecasílabo.

  • Ruralismo

    Ruralismo: Outra volta a unha poesía con exemplares de preguerra. A evocación da paisaxe, particularmente do interior, a paisaxe rural e o abraio e encanto diante dela xa foi tratada por Noriega Varela.

  • Socialrealismo

    Socialrealismo: Esta liña agroma xa avanzados os anos 50. A poesía civil fora realmente interrompida nas mans de Cabanillas e vai ser recuperada por escritores emigrados como Luís Seoane e Lorenzo Varela. Posteriormente salientarase tamén a figura de Celso Emilio Ferreiro, autor de Longa noite de pedra.

  • Intimismo radical

    Intimismo radical: Esta liña poética, máis que dunha proposta colectiva, parte dunha poética individual e persoal. A figura de máis relevancia adscrita a esta corrente é, para Ferrín, María Mariño Carou e o seu libro Palabra no tempo.

Autores destacados desta xeración

Aínda que algúns xa foron citados, trataremos só algúns dos autores desta xeración por marcar fitos importantes na nosa literatura:

  • Aquilino Iglesia Alvariño

    Aquilino Iglesia Alvariño. Autor nado nunha etapa ponte entre a Xeración de 1925 e 1936. Desenvolveu xa antes da Guerra Civil un importante labor poético que continuou na posguerra. Ao igual que outros coñecidos escritores galegos, pasou polas aulas do Seminario de Mondoñedo, onde adquiriu unha sólida formación humanística. Entre a súa obra destacamos: Señardá, Corazón ao vento, De día a día, Lanza de soledad, Nenias e o primeiro libro que aparece despois da guerra, Cómaros verdes (1947).

  • Álvaro Cunqueiro

    Álvaro Cunqueiro: Comezou o seu labor literario publicando poesía no período de preguerra, e o conxunto da súa obra en verso acada unha altura excepcional no panorama da literatura galega do século XX. Entre a súa obra destacamos: Mar ao norde, Poemas do si e do non, e a cantiga nova chamada Riveira, de ton vangardista. Xa na posguerra hai que citar Dona do corpo delgado, de ton elexíaco, melancólico e con visión pesimista do mundo, e a obra Herba aquí e acolá, considerada a obra poética máis valiosa do autor e tamén o cumio da poesía galega do século XX.

  • Celso Emilio Ferreiro e outros

    Menciónanse tamén autores como Celso Emilio Ferreiro, quen destacou por obras como Longa noite de pedra, e poetas emigrados que recuperaron a poesía civil como Luís Seoane e Lorenzo Varela. Tamén cabe lembrar a influencia de Amado Carballo e Noriega Varela nas distintas liñas poéticas.

Entradas relacionadas: