As Liñas Estéticas e Ideolóxicas na Poesía de Eduardo Pondal

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,07 KB

Liñas Estéticas, Temáticas e Ideolóxicas na Obra de Pondal

Celtismo

Pondal está de acordo cos historiadores que sitúan o pasado de Galicia vinculado ao pobo celta (Murguía, Verea Aguiar…), e considera, por tanto, a galega unha raza ben diferenciada da española.

En moitos dos seus poemas fai alusión a figuras ou feitos celtas (reais ou inventados) representados polo paradigma da:

  • Forza
  • Valor
  • Dignidade

Pretende revelar Galicia como un pobo cun pasado libre e glorioso, e polo tanto merecedor de loitar para recuperar os seus dereitos, así como incentivar os galegos a recuperar a súa autoestima perdida.

Bardismo: O Poeta como Sacerdote Celta

Influído pola corrente “osseánica” iniciada polo poeta escocés Macpherson no século XVIII, Pondal autodenomínase o “bardo” do pobo galego. Isto é, asóciase cos sacerdotes-poetas que, na cultura celta, encargábanse de manter e transmitir os coñecementos da tribo de xeración en xeración.

Por tanto, hai unha especie de autoexaltación do poeta pola súa labor (que considera titánica) de servir como estímulo para loitar contra a escravitude que sofre Galicia.

Non obstante, ser bardo resultaba nunha vida ingrata, pois o seu personaxe é representado nos poemas como:

  • Solitario
  • Triste
  • Incomprendido
  • Errante e maltratado polos que o rodean

Iberismo e a Unidade Lingüística

Pondal soña nalgúns dos seus poemas cunha futura unidade ibérica, sendo Galicia a ponte entre lusitanos e ibéricos.

Este vínculo é explicado en Os Eoas, onde o galego serve de unión indestrutible entre galegos e portugueses. Así, trata a “lingua de Breogán” como unha lingua nobre, harmoniosa e chamada a servir de lábaro sagrado.

Esta idea da unión polo idioma sería retomada no século XX polas Irmandades da Fala.

Misoxinia e a Visión da Muller

Pondal defende abertamente nos seus versos un machismo e minusprezo da muller, á que trata como unha presa de caza a disposición do home, que a pode reclamar cando queira, mesmo mediante unha “conquista” violenta.

Ademais, asocia os adxectivos:

  • Femininos: á fraxilidade, covardía, pequenez…
  • Masculinos: á intelixencia, fortaleza, valentía…

Helenismo ou Clasicismo

Pondal admira tamén o pasado de Esparta, á que considera un modelo ético a seguir e imitar polos galegos.

Esta liña ponse de manifesto en varios aspectos:

  • Mención de personaxes e topónimos da Grecia clásica (Dafne, Leónidas, Atenas, Esparta…).
  • Glorificación da morte heroica.
  • Abundancia de cultismos gregos.

Misticismo Panteísta e a Natureza

A natureza ocupa un importante papel na literatura de Pondal, xa se presente personificada ou non, ou a modo de símbolo.

A grandiosidade e a forza da natureza reflicten en certo modo o espírito do poeta e as tormentas que o axitan.

Entradas relacionadas: