Lexislación e Estrutura da Administración Educativa en Galicia
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Formación y Orientación Laboral
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,89 KB
Siglas da Lexislación Educativa
A continuación preséntase unha lista das principais siglas relacionadas coa lexislación educativa:
- LOECE: Lei Orgánica do Estatuto de Centros Escolares.
- LRU: Lei de Reforma Universitaria.
- LODE: Lei Orgánica do Dereito á Educación.
- LOXSE: Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo.
- LOPAGDC: Lei Orgánica de Participación, Avaliación e Goberno de Centros Docentes.
- LOCE: Lei Orgánica dos Centros Escolares.
- LOE: Lei Orgánica de Educación.
- LXE: Lei Xeral de Educación.
- CENEBAD: Centro Educacional Nacional de Educación Básica a Distancia.
- INGABAD: Instituto Nacional de Educación a Distancia.
- UNED: Universidade Nacional de Educación a Distancia.
- BUP: Bacharelato Unificado Polivalente.
- ERX: Ensino de Réxime Xeral.
- ERE: Ensino de Réxime Especial.
Evolución na elección do director (Lexislación)
A forma de elixir o director evolucionou significativamente coas distintas leis:
- LOCE (1ª): A elección repartíase entre a administración (50%), o consello e o inspector de zona (50%).
- LODE: A elección realizábase polo consello escolar, buscando un director participativo, democrático, dialogante, etc.
- LOCE (2ª): Moi pouca participación do centro na elección do director: 70% administración, 30% profesores e ANPA (pais, nais e administración).
- LOE: 30% Administración educativa, 30% profesores e claustro, 30% membros do consello escolar que non son mestres.
A Administración Educativa
Concepto
A Administración é unha parte da Administración pública, encargada das cuestións educativas. Nace no S. XIX.
Modelos de Administración Educativa
Existen dous grandes modelos, ademais doutros que son combinacións destes:
Napoleónico (Centralizado ou Francés):
- Xorde da configuración que Napoleón fixo ao longo da Revolución.
- Accédese a ser persoal de administración mediante oposición.
- Este modelo hérdano diferentes países do Mediterráneo.
- Dispón dun Órgano Central.
- Estivo vixente durante o S. XIX e parte do S. XX, agás na II República.
Descentralizado (Reino Unido ou Liberal):
- O peso está na periferia.
- O sistema inglés era descentralizado e pouco a pouco foise descentralizando.
- Este sistema estendeuse aos EE. UU.
Outros Modelos:
- Suíza: Descentralizado, polos cantóns.
- Holanda: Moita forza administrativa municipal.
- Alemaña: Centralizado en cada Estado, e descentralizado a nivel de todo o Estado Federal.
Competencias das Comunidades Autónomas (CC. AA.)
Coa creación das CC. AA. traspásanse as funcións e servizos educativos, definidos no Real Decreto de 1982. As funcións quedan repartidas da seguinte maneira:
- Cuestións que se traspasan totalmente: Edificios escolares, edificios administrativos, persoal, etc.
- O que queda en mans do Estado (non se transfire): Cuestións informáticas, xa que necesitan actualizarse a miúdo.
- Cuestións compartidas: Aspectos relacionados co Artigo 27 da Constitución:
O Artigo 27 da Constitución Española
- Todos teñen dereito á educación.
- A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto dos principios democráticos da convivencia e os dereitos e liberdades.
- Os poderes públicos garanten o dereito que asiste aos pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas conviccións.
- O ensino básico é obrigatorio e gratuíto.
- Os poderes públicos garanten o dereito de todos á educación, mediante unha programación xeral do ensino.
- Recoñécese ás persoas físicas e xurídicas a liberdade de creación de centros docentes, dentro do respecto aos principios constitucionais.
- Os mestres, pais e os alumnos intervirán no control de xestión de todos os centros sostidos pola administración con fondos públicos, nos termos que a lei estableza.
- Os poderes públicos inspeccionarán e homologarán o sistema educativo para garantir o cumprimento das leis.
- Os poderes públicos axudarán aos centros docentes que reúnan os requisitos que a lei estableza.
- Recoñécese a autonomía das universidades, nos termos que a lei estableza.
Estrutura da Administración Educativa
Administración Central e Periférica do Estado
- Estado: Alta inspección (en cada CC. AA.) e Oficinas provinciais de educación.
Administración Autonómica (CC. AA.)
- Central: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Periférico: Delegacións Provinciais de Educación.
Órganos de Goberno (Galicia)
- Consello Escolar de Galicia.
- Consello Galego de Universidades.
- Consello Galego de Adultos.
- Consello Galego de Formación Profesional.
- Consello Galego Asesor do Profesorado.
Servizos
- Servizo Provincial de Inspeccións.
- Selección de Persoal.
- Selección de Recursos Educativos Complementarios.
- Servizo de Programacións e Contratacións.
- Servizo de Unidade Técnica (UT).