Léxico Galego e Contexto Cultural: Termos, Lingua e Historia
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 10,18 KB
Dicionario de Termos Galegos
Termos Xerais e Históricos
- Pazo: Edificio grande e luxoso que serve de residencia a unha persoa importante, ou que antigamente foi residencia dunha familia nobre.
- Seara: Terreo de cultivo en que varios veciños posúen leiras.
- Fidalguía: Carácter, condición e calidade de fidalgo.
- Fidalgo: Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante xunto co clero.
- Constitución: Lei fundamental ou conxunto de leis que determinan a forma de organización política dun estado, así como os dereitos e deberes dos seus cidadáns.
- Estatuto: Conxunto de disposicións legais que definen a situación dunha determinada colectividade.
- Escudeiro: Paxe que acompañaba un cabaleiro á guerra, lle levaba o escudo e o servía.
- Símbolo: Cousa que por unha convención representa un concepto determinado.
- Xentil: Persoa que non profesaba a relixión dos xudeus e dos primeiros cristiáns.
- Morgado, morgada: Fillo que herda os bens que se perpetúan nunha familia.
- Imperio: Organización política do estado que domina varios países ademais do propio.
- Imperialismo: Doutrina e sistema político que pretende a extensión do dominio territorial, económico, etc., dunha nación sobre outras.
- Retrinco: Cada un dos anacos que sobran dunha cousa despois de cortala, en especial dunha tea cando se vai confeccionar unha peza de roupa.
- Sentimento: Estado determinado do espírito ou do ánimo.
Termos Administrativos e Políticos
- Quórum: Número mínimo de membros presentes para que unha reunión sexa válida.
- Pleno: Reunión xeral.
- Solicitude: Escrito para pedir algo.
- Taxa: Cantidade de diñeiro que se paga por un servizo ou dereito.
- Licenza: Documento oficial que autoriza algo.
- Elector: Persoa que vota.
- Decreto: Resolución ou decisión dunha autoridade.
- Competencias: Facultade para resolver ou actuar nun determinado ámbito.
- Orzamento: Cálculo anticipado de ingresos e gastos.
- Regulamento: Conxunto de regras ou normas.
- Cámara: Asemblea lexislativa.
- Parlar: [Dúas ou máis persoas] falar amigablemente sobre calquera asunto.
- Parlamento: Asemblea dos representantes do pobo, formada por unha ou dúas cámaras, que se encarga de redactar as leis e de controlar a acción do goberno.
Termos Xurídicos
- Infracción: Transgresión, quebrantamento dunha lei.
- Procedemento: Conxunto de regras que determinan unha actuación xudicial ou administrativa.
- Parte demandante: Persoa ou persoas que piden ou demandan algo nun xuízo.
- Comparecer: Presentarse nun sitio, baixo unha orde, para realizar un acto legal.
- Vista: Actuación na que se fai relación ante un tribunal dun xuízo ou incidente, para pronunciar sentenza.
- Cédula: Escrito no que se notifica algo a un destinatario.
- Apercibir: Advertir [a alguén] de que incorreu nunha falta, dándolle a coñecer as consecuencias negativas.
- Procuradora: Persoa que, coa debida habilitación legal, representa nun xuízo criminal ou civil a cada unha das partes.
- Sancionada: Que lle foi aplicada unha sanción ou castigo.
- Audiencia: Tribunal de xustiza dun territorio.
- Independente: Que é libre, que non está suxeito a vínculos de ningún tipo, que non depende dunha persoa ou cousa.
- Imparcial: Que xulga ou actúa buscando a verdade, sen deixarse influír polas súas simpatías ou antipatías ou por intereses ou opinións alleas.
- Xustiza: Respecto e recoñecemento dos dereitos e do mérito dunha persoa.
- Equitativo, equitativa: Que dá a cadaquén o que lle pertence, que xulga ou trata aos demais de acordo cos seus méritos ou deméritos [persoa].
Termos con Múltiples Significados (Contexto Xurídico)
- Actor:
- Persoa que executa ou realiza un acto.
- Xurídico: O que demanda nun xuízo.
- Auto:
- Composición dramática breve de tema bíblico ou alegórico.
- Xurídico: Resolución xudicial motivada.
- Faltas:
- Feito de non estar algo ou alguén no lugar onde lle corresponde ou onde se desexaría que estivese.
- Xurídico: Acción ou dito que supón infracción da lei ou do regulamento e que implica sanción.
- Instrución:
- Conxunto de coñecementos adquiridos, cultura xeral.
- Xurídico: Curso que segue un proceso ou expediente que se está formando ou instruíndo.
- Pena:
- Sentimento de dor e tristura.
- Pedra grande.
- Pluma.
- Xurídico: Condena, castigo que impón a lei a quen comete un delito ou falta.
A Lingua Galega: Plurilingüismo e Normalización
Normalización Lingüística
Normalización lingüística: Conxunto de medidas adoptadas para lograr que unha lingua minorizada recupere ámbitos de uso e funcións e chegue a ser empregada con normalidade, en calquera contexto, pola comunidade de falantes que a ten como idioma propio.
Por que é máis común o multilingüismo / plurilingüismo?
Unha posible explicación pode estar no feito de que as linguas evolucionan e van **cambiando**. Moitos idiomas actuais son resultado da **evolución** de linguas antigas, como se comproba, por exemplo, no caso das linguas **románicas**, **orixinadas** a partir dun único idioma, o latín.
Linguas non oficiais nos seus territorios
As linguas que non son oficiais nos seus territorios son o **asturleonés** e o **aragonés**.
- A única lingua oficial en todo o territorio español é o castelán.
- O catalán fálase nos territorios español e francés, en Andorra e na vila de Alguer (Alghero, Sardeña, Italia).
- O Val de Arán é oficialmente **trilingüe**: aranés, catalán e castelán.
España e Francia son estados plurilingües?
España é un país **plurilingüe**, pero só o castelán ten o rango oficial do Estado; as outras linguas son **cooficiais** nos seus respectivos territorios (agás o asturleonés e o aragonés).
Francia tamén é **plurilingüe** (francés, occitano, corso, bretón, catalán, vasco, etc.), pero só é oficial unha, o francés, non tendo recoñecemento legal as outras. O francés é a lingua da **República**.
A reivindicación do uso do idioma galego
As organizacións fundadas nesta época piden o uso do galego tanto na literatura como na vida (ex. escola). A fundación da **Academia Galega** en 1906 forma parte deste movemento.
Colectivos defensores do galego desde 1916
- Irmandades da Fala (1916) → Defenderon o uso do galego en ámbitos formais e públicos.
- Grupo Nós (1920) → A partir da revista do mesmo nome, usaron o galego para a literatura de vangarda e os temas universais.
- Seminario de Estudos Galegos (1923) → Un grupo de estudantes universitarios da USC publicaron ensaios científicos, investigacións sobre o idioma e propostas **ortográficas**.
Feitos importantes a partir da II República (1931)
Fundouse o **Partido Galeguista** e reclamouse a oficialización do galego a **través** do **Estatuto de Autonomía** de 1936 (aprobado no referendo do 28 de xuño).
Títulos dunha lexislación lingüística (posiblemente o Estatuto de Autonomía ou Lei de Normalización Lingüística)
- 1º: Dos **dereitos lingüísticos**
- 2º: Do **uso oficial do galego**
- 3º: Do **uso do galego no ensino**
- 4º: Do **uso do galego nos medios de comunicación**
- 5º: Do **galego exterior**
- 6º: Da **administración autonómica e a función normalizadora**
Autores e Obras Destacadas da Literatura Galega
Vicente Risco (1884-1963)
Obra narrativa
- Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros (1919)
- O lobo da xente (1925) e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925)
- Os europeos en Abrantes (1927)
- O porco de pé (1928)
Obra ensaística
- Teoría do nacionalismo galego (1920)
- "Nós, os inadaptados" (1933)
- Mitteleuropa (1934)
Ramón Otero Pedrayo (1888-1976)
Obra narrativa
Características:
- Novela longa
- Decadencia da fidalguía
- Paisaxe galega
- Referencias culturais e históricas
- Os camiños da vida (1928)
- Arredor de si (1930)
- A romaría de Xelmírez (1934)
- Devalar (1935)
Obra ensaística
- Síntese xeográfica de Galicia (1926)
- Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939)
- Pelerinaxes (1926)
- Polos vieiros da saudade (1952)
Daniel Castelao (1886-1950)
Obra narrativa
- Un ollo de vidro (1922)
- Cousas (1926)
- Retrincos (1934)
- Os dous de sempre (1934)
Obra ensaística
- As cruces de pedra na Galiza (1930)
- As cruces de pedra na Bretaña (1950)
- Sempre en Galiza (1944)