Léxico Galego e Análise da Obra de Celso Emilio Ferreiro
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,05 KB
Léxico Galego Tradicional e Folclórico
A continuación, preséntanse algúns termos do léxico galego tradicional e folclórico, xunto coa súa definición:
- Romaxe: Festa popular arredor dunha ermida ou santuario.
- Estadea: Procesión de almas en pena que percorre de noite os camiños para recoller a alma das persoas que morren ou para anunciarlles a súa morte.
- Advocación: Denominación das correspondentes imaxes dos santuarios e días nos que se veneran.
- Mortallas: Vestidura branca que certos penitentes levan en cumprimento dun voto.
- Meigallo: Acto realizado por unha meiga ou calquera outro ser con poderes supostamente sobrenaturais que ten efectos malignos sobre unha persoa ou cousa.
- Tangaraño: Raquitismo que sofren algúns nas pernas, supostamente causado por un diaño ou trasno maligno.
Conectores e Expresións en Galego
Os conectores son elementos lingüísticos que serven para unir ideas e establecer relacións entre elas. Aquí tes unha clasificación:
Conectores de Espazo
- enfronte
- diante
- detrás
- arriba
- abaixo
- ao fondo
- á dereita
- no centro
- á esquerda
- por arriba
Conectores de Tempo
Relacións de Anterioridade
- antes (de/de que)
- pouco antes
- moito antes
- anteriormente
- con anterioridade
Relacións de Simultaneidade
- agora
- actualmente
- mentres
- mentres que
- durante
- mentres tanto
- asemade
- naquel momento
- de súpeto...
Relacións de Posterioridade
- despois
- enseguida
- máis tarde
- máis adiante
- a continuación
- deseguido
- así que...
Conectores de Reiteración
- sempre que
- cada vez que
Outras Expresións Temporais
- ás veces
- á mañá
- polo serán
- á véspera
- de noite
Análise da Obra de Celso Emilio Ferreiro
A Concepción Poética de Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro avogaba por unha poesía cívica, comprometida e de denuncia dos males sociais e das inxustizas que tiña que padecer o pobo galego. A liña social é, polo tanto, a dirección fundamental da literatura deste autor. Para Celso Emilio, a misión da súa obra poética era a de expresar a época que lle tocou vivir e as relacións do ser humano coas circunstancias históricas e sociais. A poética de Celso Emilio está totalmente centrada no seu compromiso social. A importancia que se lle concede á estética é mínima, polo que nas súas composicións predomina o verso libre e a métrica variada como instrumentos para expresar e divulgar as súas ideas e pensamentos.
Impacto da Emigración na Obra de Celso Emilio
Tras ser obrigado a combater no bando franquista, ser privado da súa liberdade e exercer de militar como soldado, Celso Emilio decidiu emigrar a Venezuela e pasar así a engrosar os listados de galegos emigrados. Chegado a Caracas, Celso Emilio Ferreiro atopouse cun sector de galegos desideoloxizados e desglosados que unicamente buscaban o seu enriquecemento persoal. Celso Emilio agardaba atopar unha comunidade de galegos fortemente vencellada, cunha densa actividade cultural e, sobre todo, con ideas políticas comprometidas. Cando chegou a Caracas, a decepción non puido ser maior. Froito desta mala experiencia xorde Viaxe ao País dos Ananos, obra na que se satiriza a situación vivida na emigración. A decepcionante experiencia vivida en Caracas marca o resto dos seus traballos, tinguidos dunha maior intención satírica. Proba diso son as Cantigas de Escarnio e Maldicir, que relatan desde unha perspectiva crítica e con afán de denuncia a situación vivida na emigración do poeta.
A Repercusión da Poesía de Celso Emilio
Nunha época de censura, medo, terror, fame e morte, Celso Emilio elixiuse como unha das primeiras persoas en denunciar a situación política e social dunha España en decadencia. A súa obra mestra Longa Noite de Pedra abriu os ollos a numerosos mozos con ansias de liberdade e de cambio que andaban á procura dunha nova situación para o pobo. A universalidade da súa poesía vai máis alá do momento concreto que se vivía en Galicia tras o 36, xa que recolle e é aplicable a todas aquelas situacións de inxustiza no mundo.
Características da Poesía de Celso Emilio
- É unha poesía social e cívica.
- Concédeselle pouca ou nula importancia aos aspectos estéticos e formais.
- Emprego de grandes doses de crítica, sátira e sarcasmo.
- Tres liñas temáticas básicas: social, intimista e irónica.
- Emprego dunha linguaxe coloquial (chea de vulgarismos e castelanismos, valéndose dun estilo directo e claro).
- Métrica variada con predominio do verso libre.