Lei de Prevención de Riscos Laborais: Principios, Saúde e Traballo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Deporte y Educación Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 14,43 KB

Lei de Prevención de Riscos Laborais: Principios, Saúde e Traballo

Establece os principios xerais aos que debe someterse a vixilancia da saúde dos traballadores, e constitúe a base normativa actual na que se sustenta esta actividade.

A Organización Mundial da Saúde define a saúde

Estado de benestar físico, mental e social completo e non meramente a ausencia de dano ou enfermidade. É importante resaltar a tripla dimensión da saúde física, mental e social, e a importancia de lograr que estean en equilibrio en cada persoa.

O traballo e a saúde están interrelacionados. A través do traballo buscamos satisfacer unha serie de necesidades, dende as de supervivencia, ata as de desenvolvemento profesional, persoal e social.

Prevención

O conxunto de actividades ou medidas adoptadas ou previstas en todas as fases da actividade da empresa co fin de evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo.

Risco laboral

A posibilidade de que un traballador sufra un determinado dano derivado do traballo.

Danos derivados do traballo

As enfermidades, patoloxías ou lesións sufridas con motivo ou ocasión do traballo.

Risco laboral grave e inminente

Aquel que resulta probable racionalmente que se materialice nun futuro inmediato e poida supoñer un dano grave para a saúde dos traballadores.

Procesos, actividades, operacións, equipos ou produtos potencialmente perigosos

Aqueles que en ausencia de medidas preventivas específicas, orixinen riscos para a seguridade e a saúde dos traballadores que os desenvolven ou utilizan.

Equipo de traballo

Calquera máquina, aparello, instrumento ou instalación utilizada no traballo.

Condición de traballo

Calquera característica do mesmo que poida ter unha influencia significativa na xeración de riscos para a seguridade e saúde do traballador.

Equipo de protección individual

Calquera equipo destinado a ser levado ou suxeitado poño traballador para que lle protexa dun ou varios riscos que poidan ameazar a súa seguridade ou a súa saúde no traballo, así como calquera complemento ou accesorio destinado a tal fin.

Riscos derivados das condicións de seguridade

Un dos elementos que poden desencadear un risco para os traballadores é a falta de condicións de seguridade nas condicións de traballo e que poden previr das máquinas, ferramentas e equipos de traballo.

Riscos derivados do medio ambiente

Son os que fan referencia á posibilidade de sufrir unha alteración da saúde, como consecuencia de estar exposto a un ou varios contaminantes, durante a realización dun traballo.

Riscos derivados da organización do traballo

A organización do traballo ten por obxecto alcanzar na empresa un nivel adecuado de produtividade baseado na utilización óptima dos recursos humanos e materiais.

Factores

- O horario e o ritmo de traballo. - A automatización da produción. - A comunicación e as relacións persoais. - O estilo de mando. - A posibilidade de promoción. - A estabilidade no emprego

Riscos derivados da carga de traballo

A execución dun traballo implica unha carga física e mental. Isto pode ocasionar un risco para a saúde e a seguridade das persoas, que se debe previr para conseguir a maior adecuación posible entre o traballo e a persoa.

Clasificación

  • Seguridade: Utilización inadecuada de equipos de traballo, Incendios-explosións, Condicións inadecuadas dos lugares de traballo (iluminación, temperatura, ventilación, ruido...), Equipos e instalación eléctricas, Orde e limpeza.
  • Físicos: Ruído, Iluminación, Electricidade, Vibracións, Temperatura, Radiacións, Presións
  • Químicos: Pos e fumes, Néboas e aeorosois, Gases e vapores
  • Biolóxicos: Virus, Fungos, Bacterias, Parásitos
  • Carga de traballo: Carga física, Carga mental
  • Psicolóxicos: Personalidade e madureza, Patoloxías, Toxicomanía e drogodependencias
  • Organizativos: Estrutura da xornada e do salario, Promoción profesional, Relación xerárquicas e interpersoais

Consecuencias dos riscos laborais

Accidente de traballo: Toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo que executa por conta allea.

  • Factor técnico: Son os defectos pola maquinaria, as instalacións, as condicións ambientais...
  • Factor humano ou actos inseguros: Provocados por imprudencia, falta de información, descoido...

Presunción: En horario laboral y en el centro de trabajo Accidente de trabajo. Por imprudencia profesional por la confianza en ejercicio habitual. Incluido. No consideran accidentes de trabajo Fuerza mayor /Imprudencia temeraria o dolo

4 tipos de accidentes

Enfermidade profesional: é a contraída a consecuencia do traballo executado por conta allea nas actividades que se especifiquen no cadro de EP e pola acción de elementos ou sustancias que o devandito cadro indique para cada enfermidade profesional. Factores principais que determinan a enfermidade profesional son:

  • A concentración do axente contaminante no ambiente de traballo.
  • O tempo de exposición.
  • As características persoais do traballador.

Outros danos coñecidos como patoloxías inespecíficas:

  • Insatisfacción laboral: Pode entenderse como o grao de malestar experimentado por un empregado no seu posto de traballo, e pode estar ocasionado por factores persoais, ambientais ou directamente polos labores realizados. Principalmente afecta ao benestar e a saúde psíquica do traballador. Entre as causas podemos destacar as tarefas monótonas, a retribución, a xornadas, as dificultades para conciliar a vida laboral e familiar...
  • Fatiga: Diminución da capacidade e mental dun traballador. A fatiga é un indicador de que algo debe ser atendido, ben en nós, ben nas condicións de traballo ou na súa organización. As consecuencias de non o facer poden repercutir na nosa saúde e benestar e na doutros; na capacidade e eficiencia produtivas; nos custos sociais e económicos. Co cansazo chegan os erros - equivocámonos máis- e, en ocasións, os accidentes. No ámbito laboral tamén está relacionada coa desmotivación, o aumento do absentismo e a rotación nos postos de traballo.
  • Estrés: As persoas experimentan estrés cando senten que existe un desequilibrio entre o que se lles esixe e os recursos con que contan para satisfacer as devanditas esixencias. Aínda que o estrés se experimenta psicoloxicamente, tamén afecta á saúde física das persoas. Entre os factores máis comúns do estrés laboral cabe mencionar a falta de control sobre o traballo, as demandas excesivas aos traballadores e a falta de apoio de colegas e superiores.

Técnicas de prevención

  • Seguridade do traballo: é aquela disciplina preventiva que estuda todos os riscos e condicións materiais relacionadas co traballo, que poderían chegar a afectar, directa ou indirectamente, á integridade física dos traballadores (accidente de traballo).
  • Hixiene Industrial: considérase como aquela disciplina preventiva cuxo obxecto fundamental é identificar, avaliar, e controlar, as concentracións dos diferentes contaminantes, xa fosen de carácter físico (ruído), químico (produtos químicos) ou biolóxicos (virus) presentes nos postos de traballo e que poden chegar a producir determinadas alteracións na saúde dos traballadores e no peor dos casos enfermidades profesionais.
  • Ergonomía: é aquela disciplina que trata a adecuación entre as distintas capacidades das persoas e as esixencias das capacidades demandadas polas tarefas de traballo realizadas.
  • Psicosocioloxía do traballo: encárgase de aspectos tan importantes como: o tempo de traballo, o horario, as pausas, o ritmo de traballo, así como os temas asociados á propia organización do traballo, a carga mental, as relacións laborais, etc.

Medicina do traballo: é aquela disciplina dirixida fundamentalmente a estudar as consecuencias derivadas das condicións materiais e ambientais sobre as persoas, procurando establecer, xunto ás anteriores disciplinas preventivas indicadas, unhas condicións de traballo que non produzan enfermidades nin danos aos traballadores.

Principios da acción preventiva

  • Evitar os riscos. O empresario debe asegurarse de que os locais, as máquinas, os materiais e o sistema de organización do traballo non van prexudicar a saúde dos traballadores/ás.
  • Avaliar os riscos que non se poidan evitar. Aqueles riscos que non puidesen evitarse deben ser obxecto de avaliación por parte do empresario.
  • Combater os riscos na súa orixe.
  • Adaptar o traballo á persoa, en particular no que respecta á concepción dos postos de traballo, así como á elección dos equipos e os métodos de traballo e de produción, con miras, en particular, a atenuar o traballo monótono e repetitivo e a reducir os efectos do mesmo na saúde.
  • Ter en conta a evolución da técnica. A prevención de riscos non é estática, se non dinámica en canto que debe de adaptarse ás características dos procesos produtivos, a substitución de máquinas, equipos ou compoñentes, xa obsoletos, por outros de tecnoloxía avanzada pode xerar novos riscos en principios descoñecidos.
  • Substituír o perigoso polo que entrañe pouco ou ningún perigo. Se non se pode eliminar completamente un produto químico ou un procedemento de traballo particularmente perigosos, hai que tratar de substituílos por un substituto máis seguro.
  • Planificar a prevención, buscando un conxunto coherente que integre nela a técnica, a organización do traballo, as condicións de traballo, as relacións sociais e a influencia dos factores ambientais no traballo.
  • Adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva á individual. Os equipos de protección individual (EPIs) só deben utilizarse cando existan riscos para a seguridade e saúde dos traballadores que non puidesen evitarse ou limitarse mediante medios de protección colectiva.
  • Dar as debidas instrucións aos traballadores. O feito de que se inclúa entre os principios da acción preventiva, fai da formación un dos elementos a ter en conta en todas as actuacións empresariais que poidan afectar á seguridade e saúde dos traballadores.

Dereitos dos traballadores

  • Dereito á protección eficaz en materia de seguridade e saúde laboral. Os traballadores teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.
  • Dereito á información, consulta e participación. O empresario adoptará as medidas axeitadas para que os traballadores reciban todas as informacións necesarias en relación cos riscos para a seguridade e a saúde dos traballadores no traballo.
  • Dereito á formación sobre todas as cuestións relativas á prevención de riscos laborais que lle poidan concernir. Cada traballador reciba unha formación teórica e práctica, suficiente e adecuada, en materia preventiva.
  • Dereito a paralizar a actividade laboral en caso de risco grave e inminente. O traballador terá dereito a interromper a súa actividade e abandonar o lugar de traballo, en caso necesario, cando considere que a devandita actividade entraña un risco grave e inminente para a súa vida ou a súa saúde.
  • Dereito a vixilancia da saúde a través de recoñecementos médicos. Esta vixilancia só poderá levarse a cabo cando o traballador preste o seu consentimento.
  • Dereito a protección das persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos. O empresario garantirá de xeito específico a protección dos traballadores que, polas súas propias características persoais ou estado biolóxico coñecido, sexan especialmente sensibles aos riscos derivados do traballo.
  • Dereito á protección dos menores. Antes da incorporación ao traballo de novos menores de dezaoito anos, e previamente a calquera modificación importante das súas condicións de traballo, o empresario deberá efectuar unha avaliación dos postos de traballo a desempeñar por estes.

Obrigas dos traballadores en materia preventiva

  • Usar axeitadamente, de acordo coa súa natureza e os riscos previsibles, as máquinas, aparatos, ferramentas, substancias perigosas, equipos de transporte e, en xeral, calquera outros medios cos que desenvolvan a súa actividade.
  • Utilizar correctamente os medios e equipos de protección facilitados polo empresario, de acordo coas instrucións recibidas deste.
  • Non poñer fora de funcionamento e utilizar correctamente os dispositivos de seguridade existentes ou que se instalen nos medios relacionados coa súa actividade ou nos lugares de traballo nos que esta teña lugar.
  • Informar de inmediato ao seu superior xerárquico directo, e aos traballadores designados para realizar actividades de protección e de prevención ou, no seu caso, ao servizo de prevención, acerca de calquera situación que, ao seu xuízo, entrañe, por motivos razonables, un risco para a seguridade e a saúde dos traballadores.
  • Contribuír ao cumprimento das obrigas establecidas pola autoridade competente co fin de protexer a seguridade e a saúde dos traballadores no traballo.
  • Cooperar co empresario para que este poida garantir unhas condicións de traballo que sexan seguras e non entrañen riscos para a seguridade e a saúde dos traballadores.

Obrigas dos empresarios en materia preventiva

  • Protexer aos traballadores – Evitando, avaliando e combatendo riscos. – Adaptando o traballo e substituíndo o perigoso polo seguro. – Planificando a prevención e facilitando as instrucións oportunas.  Facilitar equipos de traballo e medios de protección axeitados.
  • Informar, consultar e participar xunto cos traballadores na acción preventiva.
  • Dar formación teórica e práctica aos traballadores.  Vixiar a súa saúde de forma periódica.
  • Elaborar e conservar unha serie de documentos: avaliacións de risco, resultados de controis... entre outros.
  • Coordinarse, cando existen varias empresas nun mesmo centro de traballo. Protexer a determinados colectivos de traballadores: como mulleres embarazadas, menores ou traballadores temporais. 

Entradas relacionadas: