Lei Moyano e ILE: Reformas Educativas en España (Século XIX)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Electricidad y Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,42 KB

Lei Moyano (1857)

É a primeira lei educativa que aparece en España e que unifica as múltiples normas e disposicións que existían sobre o ensino ata 1857.

Contexto e promulgación

Foi promulgada por D. Claudio Moyano en 1857. Constitúe un primeiro intento concreto de elaboración dun sistema educativo público en España. Outros países tivérono con trinta anos de anticipación.

Esta Lei unificou as disposicións educativas existentes nun conxunto homoxéneo:

Principais disposicións da Lei Moyano

  • Dividiu o ensino en Elemental e Superior, facendo a primeira obrigatoria e gratuíta.
  • Potenciou a creación de escolas elementais e o interese popular pola instrución.
  • Elevou o nivel de formación dos mestres e promoveu a súa estabilidade asignándolles retribucións a cargo do Estado.
  • Defendeu a estabilidade das Escolas Normais de formación dos mestres.
  • Redactou normas para a elaboración de libros escolares e encargou aos Concellos o sostemento e conservación das escolas, propoñendo a necesidade de crear escolas públicas a cargo do Estado, na proporción de 1 por cada 500 habitantes.

Legado e influencia

Esta lei considérase como un cumprimento dos desexos expresados xa nas Cortes de Cádiz de 1812, as cales introduciron na Constitución que elaboraron un capítulo IX dedicado á instrución pública, que se fundamenta nos principios de igualdade e liberdade.

O sistema educativo da Lei Moyano consolidouse ao longo do século XIX e da primeira metade do XX, e aínda perduran moitas das disposicións que se promulgaron nela, como o sostemento dos colexios públicos, as retribucións do profesorado, a creación de centros educativos polo Estado, etc.

A Institución Libre de Ensino (ILE)

Orixe e fundación

A ILE inicia a súa andaina como unha reunión de intelectuais e amigos en torno a Julián Sanz del Río (1814-1869), quen estaba preocupado por facer progresar o país desde o seu ancestral analfabetismo á cultura que imperaba noutros países europeos. A súa proposta consistía en que esta tarefa tan só podía acometerse creando centros de ensino e influíndo para a súa creación na vida nacional e política, desde a ideoloxía dun movemento de corte intelectual.

Considérase verdadeiro fundador a Francisco Giner de los Ríos (1839-1915). A Institución Libre de Ensino (ILE) fundouse en 1876.

Os primeiros centros de ensino inauguráronse nas seguintes datas:

  • 1876: Centros para o Ensino Secundario.
  • 1878: Centros de Ensino Primario.
  • 1882: Centros para a Educación de Párvulos.

As ideas pedagóxicas de Giner de los Ríos

As ideas de Giner de los Ríos sobre a educación:

  • Educación activa.
  • Escola activa: fusión do Ensino Primario e do Ensino Secundario, así como dos profesionais dos dous niveis.
  • Educación integral, é dicir, de toda a persoa.
  • Coeducación.
  • Aconfesionalidade da educación.

Non era a instrución o que máis interesaba aos profesionais da Institución Libre, senón a formación da personalidade total. A súa máxima era: “Importa dar á sociedade primeiro, homes que máis tarde, noutro sitio, e se a ocasión o permite, serán sabios”.

Entradas relacionadas: