O Legado Cultural Galego: Séculos Escuros, Ilustración e Literatura (XVI-XIX)
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,57 KB
Séculos Escuros
Finais do século XV – principios do XIX: período de crise política, económica, social e cultural.
Contexto Histórico
Político
Guerras de sucesión entre Xoana a Beltranexa, apoiada por Galicia, e Isabel a Católica, por Castela e Aragón. Gañou esta última, entón comezou unha forte represión contra os nobres galegos que apoiaran á rival. Un exemplo foi a execución do Mariscal Pardo de Cela. Galicia converteuse nunha provincia e a categoría de reino quedou como un título. Os órganos administrativos viñeron de fóra.
Social
Substituíuse a nobreza galega por outra estranxeira. O rei apoiou á Igrexa. A sociedade seguía sendo estamental, dividida en clases:
- Nobreza e Clero: Posuían as terras.
- Campesiñado: Constituía a maior parte da poboación e traballaba a terra baixo o contrato de foro, con impostos tan altos que os levaban á miseria.
- Outros grupos: Funcionarios, militares, artesáns e mariñeiros.
- Fidalguía: Formada pola baixa nobreza (escudeiros) e cargos do goberno (xuíces, escribáns). Actuaba como intermediaria no cobro de rendas e era unha das clases dominantes.
O Século XVIII e a Ilustración Galega
O século XVIII foi o período no que se desenvolveu a Ilustración en Europa e América, un movemento que exaltou a razón, a ciencia, a lingua moderna e a educación. Galicia, aínda que nun período de centralismo e marxinación baixo a monarquía borbónica, recibiu a súa influencia. Os ilustrados galegos, a maioría deles relixiosos, preocupáronse pola situación de Galicia, a súa historia, cultura e lingua. Sentaron as bases para o Rexurdimento literario do século XIX.
Padre Martín Sarmiento (1695-1772)
Traballou sobre temas moi variados e compuxo 1201 cuartetas coñecidas como Coplas Galegas ou Coloquio de 24 Rústicos. Aínda que de escaso valor literario, son unha valiosa fonte de estudo da época.
A súa contribución máis valorada e apreciada foi o labor de recolleita e documentación do léxico galego. Defendeu e dignificou a lingua, reivindicando o dereito á igualdade de uso, en obras como Catálogo de voces y frases de la lengua gallega (1745-1755).
Padre Benito Xerónimo Feijoo (1676-1764)
De familia nobre, Benito Xerónimo Feijoo tentou ofrecer información completa sobre o mundo da cultura e da vida diaria, introducindo ideas novas e desbotando erros e supersticións. A súa obra é de carácter pedagóxico e divulgativo, e nela destaca o estudo da lingua e da realidade galegas. Dignificou o galego e afirmou que non era ningún dialecto, senón unha lingua románica.
Diego Antonio Cernadas e Castro (1689-1777), "O Cura de Fruíme"
Literatura Galega dos Séculos XVI e XVII
A partir do século XV, a literatura galega experimentou unha decadencia, con moi escasas mostras literarias.
Poesía Popular e Tradicional
Existiu unha tradición oral de poesía popular que continuaba a da cantiga de amigo:
Poesía Anónima Tradicional
- Unas vinte cancións paralelísticas semellantes ás galego-portuguesas. Atópanse en cancionairos musicais como o do Palacio Real ou o de Madrid.
- Un conxunto máis amplo de cantigas de temática diversa: amorosas, de berce, agrícolas, regueifas, de cego, de esmola, etc.
Poesía Anónima de Circunstancias
En forma de romance ou coplas populares, creadas por poetas anónimos sobre feitos históricos e sociais que causaron forte impresión na sociedade do momento.
- A morte de Pardo de Cela: "O Pranto da Frouseira", onde o pazo do Mariscal chora a morte do seu dono.
- O saqueo de Cangas polos turcos: Un relato poético sobre a crueldade dos piratas turcos na destrución de Cangas do Morrazo en 1617, que mataron uns cen veciños e cativaron outros tantos.
Poesía Culta e Erudita
Poesía de autor, elaborada e pensada para ser lida.
Poesía Renacentista
Un soneto de Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira, dedicado ao poeta castelán Alonso de Ercilla. Foi tamén autora dunha colección de versos galegos non conservados.
Poesía Barroca
- Exequias da raíña Margarida (1612): Volume con pezas en varias linguas na honra da raíña morta. Destacan "Soneto con falda" (Gómez Tonel) e "Respice Finem" (P. Vázquez Neira).
- Décimas ao Apóstolo Santiago (do crego Martín Torrado): De carácter gracioso e con retranca. Opúxose á pretensión, en 1617, de declarar a Santa Teresa copatroa de España xunto a Santiago Apóstolo.
- Composicións das Festas Minervais: Desde 1536, a Universidade de Compostela honrou o seu fundador, o arcebispo Alonso de Fonseca, con estes certames literarios. No volume impreso coas composicións de 1697, atopamos nove romances en galego. Un exemplo de autor é Fabián Pardiñas Villardefrancos.