jgm

Español2,3 KB

O “cursus honorum”


Os fillos da nobreza exercitábanse na aprendizaxe da función pública de dúas maneiras posíbeis: podían formar parte do equipo dun maxistrado ou exercer maxistraturas interiores (as que non tiñan imperium). Neste segundo caso iniciaban o cursus honorum ou "carreira das honras" de modo que se comezaba en orde ascendente polo cargo de edil e se acababa (se se daban as condicións adecuadas) polo de cónsul.

-Cónsules

Eran dous e tiñan o mando supremo sobre os exércitos ao tempo que convocaban e presidían o Senado e as asembleas (ou comicios).

-Pretores

Nun principio eran dous e tiñan como función principal administrar xustiza. O praetor urbanus ocupábase dos xuízos que involucraban só a cidadáns e o praetor peregrinus encargábase dos asuntos entre estranxeiros ou entre cidadáns e estranxeiros. A medida que se foron creando novas provincias o número de pretores aumentou e comezaron a se ocupar do goberno de cada provincia.

-Cuestores

Nun comezo foron catro e o seu número foi ascendendo co crecemento do Imperio, porque tiñan que acompañar o exército nas súas campañas fóra de Italia. Eran responsábeis do tesouro e do arquivo público.

-Censores

Eran dous e se elixían cada cinco anos para actualizar a lista de cidadáns e dos seus bens por medio da redacción do censo. Á hora de redactar o censo o censor debía ter en conta os costumes dos cidadáns, pois se algún era considerado indigno debía ser degradado por medio dunha nota censoria, de modo que fose excluído da súa clase social ou mesmo da condición de cidadán.

-Edís

Eran catro e vixiaban a orde pública, os mercados e o bo estado e limpeza dos edificios públicos. Na escala honorífica os tribunos da plebe os edís ocupaban o mesmo rango.

-Tribunos da plebe

Conservaron o seu título orixinal, pero a finais do século IV a.C. Pasaron a ser tribunos do pobo sen distinción entre patricios e plebeos. Mantiveron o seu carácter sagrado durante toda a República e tiñan capacidade para vetar os maxistrados con imperium e convocar a asemblea do pobo na súa denfensa dos intereses públicos.

Descargar

PDF Word HTML