Irmandades da Fala: Literatura Galega e Nacionalismo no Século XX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 9,22 KB
Agrarismo
Movemento de carácter reivindicativo que pretendía combater o atraso das estruturas agrarias, facendo unha verdadeira planificación e, sobre todo, rematar co sistema foral.
Como consecuencia da efervescencia social xurdida dos movementos agrarios, nacen, en 1916, as Irmandades da Fala, que recollen e superan o ideario galeguista do Provincialismo e Rexionalismo decimonónicos.
As Irmandades da Fala supoñen a etapa final do galeguismo que se iniciara no século XIX e conceptúan a Galicia como nación, polo tanto, a súa reivindicación principal é a autodeterminación.
Ramón Cabanillas
Grande poeta do século XX que combina os mellores elementos da poesía do Rexurdimento. Na súa obra podemos distinguir catro etapas:
Etapa pregaleguista (1910-1915)
Publica en Cuba "No desterro" e "Vento Mareiro", nos que Cabanillas asimila a tradición poética de Rosalía e Curros, coa incorporación de novidades métricas e estilísticas do Modernismo.
Etapa Galeguista (1916-1920)
Nesta etapa asoma o papel de poeta civil, poñendo a súa poesía ao servizo dos ideais das Irmandades da Fala.
Etapa Mítico-Saudosista (1921-1930)
Nesta etapa, a orientación das Irmandades cara a unha liña máis culturista, que se empeña nunha reconstrución mitificadora do pasado galego.
Etapa de Posguerra (1939-1959)
A partir de 1931, Cabanillas deixa de publicar poesía. Será na década dos 50 cando publique os seis últimos libros de poemas, nestes poemas, Cabanillas reflexiona de forma amarga e moral sobre a súa mocidade perdida.
Outros autores das Irmandades serían Gonzalo López Abente, Victoriano Taibo e Noriega Varela.
Vanguardismo
Os autores e autoras vanguardistas rexeitaban os modelos e as escolas literarias, a pesar de que a variedade de técnicas e fundamentos teóricos orixinou un amplo abano de distintas correntes estéticas vanguardistas. Características:
- Defendían a arte pola arte.
- Reacción contra o convencional.
- Reinterpretación da realidade.
- Renovaron a lingua poética.
- Eliminábase a subxectividade da obra de arte.
En Galicia, a xeración de poetas vanguardistas coñécese como a Xeración do 25 e as características son as seguintes:
- Ruptura coa tradición inmediata.
- Actualización e modernización da lírica galega.
- As revistas literarias como elemento propio desta xeración.
Nesta xeración só é posible distinguir dúas tendencias: o neotrobadorismo e o hilozoísmo.
Neotrobadorismo
Os autores galegos descobren a existencia da nosa lírica medieval, pero os neotrobadoristas non a imitan, collen eses esquemas métricos cunha intención innovadora.
Hilozoísmo
É o resultado de tradición e renovación, e o tema tradicional é a paisaxe.
Surrealismo
Cunqueiro foi poeta surrealista en dúas obras: Poemas do si e non e Mar ao norde.
Creacionismo
Esta corrente é representada polo poeta Manuel Antonio, que publicou un só libro en vida, De catro a catro, un conxunto de 19 poemas que teñen o mar como tema central. Despois da súa morte fóronse coñecendo máis das súas obras.
O Paso do Tempo
O paso do tempo (obxectivo e subxectivo) é un tema recorrente e maniféstase a través dos elementos da natureza: o sol, a lúa, as estrelas, a noite, a alba... e a través dos elementos técnicos de medición: reloxo, almanaque, diarios, horas...
A Prosa do Primeiro Terzo do Século XX
A prosa galega, grazas á xeración das Irmandades, acadou un desenvolvemento que non tivera ata entón.
Grupo Nós
O Grupo Nós, así chamado polo título da revista que publicaron, son os representantes dunha xeración que descubrirían e se achegarían a Galicia despois dun período intelectual por culturas foráneas. En estreita relación con este grupo, sitúase a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A figura de Antón Villar Ponte (fundador no 1916 das Irmandades da Fala) cobra especial relevancia polo seu labor periodístico e por iniciar o ensaísmo político.
O Grupo Nós supuxo a consolidación e modernización da prosa galega nos seus máis variados rexistros.
Autores
Vicente Risco
Autor en 1920 de Teoría do Nacionalismo Galego, tivo unha evolución ideolóxica que o afastou do Partido Galeguista e o levou, despois da Guerra Civil, a mostrar o seu apoio ao réxime franquista. A súa produción narrativa ten un carácter intelectual que se vencella coa súa obra ensaística e vén ser unha continuación do seu pensamento filosófico: esoterismo, atlantismo, visión cíclica da historia…, todo articulado como materia prima dos relatos, que supoñen unha ruptura coa narración galega de tipo folclórico ou costumista.
Ramón Otero Pedrayo
Don Ramón, o Patriarca das Letras Galegas… converteuse nun modelo ético e nun símbolo do galeguismo para as xeracións máis novas. As claves do seu pensamento, cristianismo e tradición –observada como sabedoría acumulada por sucesivas xeracións- son fundamentais para entender a súa ampla obra literaria. A súa narrativa céntrase nos distintos aspectos da historia e da realidade de Galicia.
Novelas histórico-realistas
Os camiños da vida (1928) está dividida en tres partes: “Os señores da terra”, “A maorazga” e “O estudante”, e amósanos a sociedade galega rural no transo da súa transformación durante o século XIX, dende os tempos da desamortización ata a revolución de 1868. Tamén, unha serie de narracións realistas (Pantelas, home libre, Contos do camiño e da rúa, O mesón dos ermos) que relatan a vida rural galega do século XIX. Esta narrativa oteriana revela a súa cosmovisión e o seu compromiso galeguista. Algúns temas recorrentes na súa obra son: a tradición, a fidalguía e a paisaxe.
Novelas psicolóxicas, de introspección e procura
Arredor de si publicouse en 1930. Nesta obra, Otero Pedrayo retrata a súa xeración e retrátase a si mesmo na figura do seu protagonista, o intelectual Adrián Solovio. Este, despois de debullar as súas inquedanzas pola cultura europea, escéptico e desacougado, vive unha crise que o leva ao encontro de Galicia e de si mesmo. Destacar Escrito na néboa, Vidas non paralelas ou Devalar.
Novelas histórico-culturalistas
Ambientadas na Idade Media galega e no Romanticismo europeo e nelas predomina claramente o historicismo e a evocación cultural sobre a acción propiamente novelesca. Fra Vernero e A romeiría de Xelmírez.
De entre a súa fecunda produción ensaística na que hai dende estudos xeográficos a biografías, guías, libros de viaxes, ensaios sobre a paisaxe, a aldea, a literatura, a arte…, destaca especialmente o seu Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939), síntese do desenvolvemento histórico e cultural de Galicia.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
É, en moitos aspectos, a figura máis relevante da historia da cultura galega do século XX. A diferenza doutros autores da xeración Nós, Castelao opta por mostrar a realidade daquel tempo amosando as diferentes facetas das clases populares, que son os protagonistas fundamentais das súas obras.
Teatro do Primeiro Terzo do Século XX
As Irmandades propóñense crear un teatro nacional, nun contexto de predominio do teatro en español nos escenarios, onde o galego tiña unha presenza secundaria e relegada a aparecer como a lingua do campesiñado, con intención cómica e cun tipo de galego moi dialectalizado, que tende a imitar o rexistro oral e popular.
Para a modernización do teatro créase o Conservatorio Nacional de Arte Galega (1919) e pídenlle a Ramón Cabanillas que faga unha obra na que a clase alta, que vive nun pazo, fale galego, e o asunto trate un tema universal como o amor.
As tendencias principais do teatro das Irmandades son:
- Tendencia renovadora
- Tendencia intermedia
- Tendencia conservadora
Teatro nas Vanguardias
- Rafael Dieste
- Grupo Nós
- Vicente Risco
- Ramón Otero Pedrayo
- Castelao
Características Lingüísticas
- Rexéitase o Y grego e adóptase o uso exclusivo do I latino.
- Adopción dos grafemas LL e Ñ para os fonemas lateral e nasal palatal.
- Emprego de H segundo a etimoloxía.
- Evolución artificial de cultismos (*crima, *aspecto)
- Vulgarismos (*ausoluto, *ouxeto, *espranza)
- Lusismos (*nervoso, *viver), hiperenxebrismos (*sinceira, *hourizonte) e arcaísmos (*vegada, *nascer, *tíduo, *cibdade)
- Interdialectalismos (mestúranse solucións dialectais diversas)
- Plurais casás e caravés para as polisílabas agudas rematadas en –L.
- Anarquía ortográfica (uso arbitrario de guións e apóstrofos para marcar as asimilación e sinalefas da fala popular), aínda que se trata de abandonar o uso do apóstrofo e reducir o do guión.