Introdución á Filosofía: Orixe, Ramas e Métodos de Coñecemento
Enviado por isafb1805 y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 12,63 KB
A Orixe da Filosofía
A Palabra
Provén do grego e significa "amigo da sabedoría" (philo-sophia).
A Actitude Filosófica
- Modestia intelectual: "Só sei que non sei nada" (Sócrates).
- Recoñecemento da propia ignorancia e busca do saber.
- Crítica do saber establecido.
- Admiración ante a physis (natureza).
- Desinterese.
O Paso do Mito ao Logos (Grecia, S. VII a.C.)
Mythos
- Divinización das forzas naturais.
- Arbitrariedade dos fenómenos naturais.
- Tipo de saber vinculado á tradición oral e ás formas políticas arcaicas (oligarquías agrarias).
Logos
- As cousas ocorren segundo o logos, é dicir, son necesarias.
- É a orde interna das cousas, o que as converte en necesarias.
- Desenvolvemento da ferramenta alfabética.
- Emerxencia de formas políticas máis democráticas.
Idea acerca da Filosofía: Distinción entre dous niveis de coñecemento
- Nivel inferior: Sentidos - os que están dentro da caverna (alegoría da caverna de Platón).
- Nivel superior: Razón - a verdade (saír da caverna).
- Aletheia (desocultamento da verdade) - as verdades están ocultas (quen sae da caverna deslúmbrase coa luz do sol, regresa para compartir os seus coñecementos pero non lle cren).
División da Filosofía
División aristotélica dos saberes
- Theoria (contemplación) - saberes teóricos: física, metafísica e matemáticas.
- Praxis (acción) - saberes prácticos: ética e política.
- Poiesis (produción) - saberes produtivos: técnicas e estética.
División kantiana da filosofía
- Razón pura (teórica) - sobre o coñecemento e a realidade (epistemoloxía e metafísica).
- Razón práctica - sobre a conduta moral (ética).
Graos de Coñecemento
Opinión
Apreciación subxectiva da que non estamos seguros nin podemos probar. Adoita ser unha valoración da realidade que non se apoia en razóns contundentes.
Crenza
- Uso dubitativo: albergamos dúbidas acerca do seu cumprimento, aínda que posuímos razóns que apuntan a que as cousas son dunha forma.
- Uso asertivo: estamos seguros de algo, aínda que non teñamos probas para demostralo. Esta incapacidade distingue as crenzas do coñecemento.
Coñecemento
Explicación da realidade da que estamos seguros e podemos probar. Poder xustificar algo é a súa característica principal. A crenza deixa de ser subxectiva e pasa a ser coñecemento obxectivamente verdadeiro.
Ferramentas do Coñecemento / Facultades Cognitivas
1. Percepción
Permítenos construír representacións da realidade, organiza e interpreta os datos sensoriais.
2. Memoria
Permítenos reter e lembrar imaxes no futuro. Permite a aprendizaxe, a continuidade e a identidade como persoas. Co tempo, prodúcese o esquecemento.
3. Imaxinación
Capacidade de reproducir imaxes e, modificar e crear outras novas con liberdade. Pode ser: reprodutora (representa a realidade) ou fantástica (crea, inventa ou anticipa novas imaxes).
4. Intelixencia
Capacidade de pensar, entender, asimilar e elaborar información para resolver problemas. Permítenos procesar a información e comprendela. No caso do ser humano, adquire apoiase na capacidade simbólica polo uso da linguaxe articulada e a abstracción.
Abstracción
Considérase que o coñecemento comeza na experiencia. A experiencia sensorial ten lugar nun momento e nun lugar determinado, e percibimos algo concreto. A partir do coñecemento dun caso ou varios particulares, podemos aspirar a un coñecemento obxectivo de maior alcance, grazas á abstracción. Esta abstracción é imprescindible para coñecer que é un obxecto, é dicir, para saber o que é común a todos os do seu tipo.
Epistemoloxía Kantiana
Participan simultaneamente tres facultades humanas:
Sensibilidade
Facultade que capta datos externos situados nun espazo e tempo concreto e os retén para descubrir novas verdades.
Entendemento
Os datos percibidos pola sensibilidade son inconexos. Polo que é necesaria outra facultade que cree unha síntese. A esta, denomínaa fenómeno empírico (obxecto que captamos mediante os sentidos). Esta capacidade de ordenar os datos e xerar a síntese débese a que traballa mediante uns conceptos que xa ten incorporados. As categorías son estruturas innatas que serven para estruturar a información.
Razón
Indúcenos a formularnos o porqué das cousas, constantemente.
Tipos de Verdade
De feitos
- Auténtica realidade: obxectos e feitos tal como son.
- Realidade aparente: forma como se manifesta a realidade. Predominou a concepción que considera que as aparencias son ocultacións da realidade. As aparencias engánannos, pois non nos deixan ver como son realmente as cousas. Segundo esta concepción, a verdade identifícase coa realidade auténtica. Por iso, enténdese a procura da verdade como un proceso de desvelamento do auténtico.
De proposicións
A verdade sería unha propiedade que poden ter as proposicións.
1. Proposicións empíricas (teorías)
- Verdade como correspondencia: unha proposición é verdadeira cando hai adecuación entre o que a proposición expresa e a realidade á que se refire. (Aristóteles)
- Verdade como coherencia: unha proposición é verdadeira se non contradí ás proposicións aceptadas. (Hegel)
- Verdade como éxito: unha proposición é verdadeira cando é útil. A verdade ou falsidade coincide coas consecuencias (se é verdadeira; resultados positivos). (William James)
2. Proposicións formais
Como as proposicións formais non din nada acerca da realidade, a súa verdade ten que posuír coherencia.
Criterios para Recoñecer a Verdade
Evidencia
Refírese á forma de presentarse que teñen certos feitos e proposicións que consideramos evidentes. Un coñecemento é evidente cando produce unha certeza que nos impide dubidar.
Insuficiencia: este sentimento de certeza é algo subxectivo. Non sabemos con precisión en que consiste e resulta difícil asegurar criticamente a súa lexitimidade.
Intersubxectividade
Consiste en que as nosas crenzas, para ser admitidas como verdadeiras, deben ser aceptables para calquera suxeito. Baséase na idea de que o coñecemento é obxectivo. Require consenso da comunidade.
Insuficiencia: o consenso non é garantía suficiente de verdade. Toda a comunidade pode estar equivocada.
Posibilidade do Coñecemento
Dogmatismo
Podemos adquirir o coñecemento seguro e universal, e ter certeza diso. Defende a posibilidade de ampliar progresivamente os coñecementos.
Escepticismo
Posición oposta ao dogmatismo. A pretensión de acceder a un coñecemento firme e seguro é un desexo inalcanzable.
Relación Histórica entre Filosofía e Ciencia
En Grecia, ciencia era episteme (coñecemento superior). Platón opoñíao á doxa (coñecemento propio do mundo sensible). Episteme era o coñecemento propio do mundo intelixible, eterno e inmutable. Aristóteles concibíao como un coñecemento universal producido a partir de principios. Na xerarquía de coñecementos que propoñía, a episteme era o coñecemento previo ao nivel supremo de coñecemento.
No Renacemento prodúxose a "revolución científica" (XVI-XVIII), onde se produciu unha división entre filosofía e ciencia. Isto ocorreu porque determinadas ciencias particulares adquiren autonomía, deseñando o método científico. Para o que se serven da experimentación e da aplicación da matemática. Experimento: conxunto de actividades planificadas con axuda de fórmulas matemáticas, co obxectivo de determinar como se comportan as cousas.
Método das Ciencias Formais
Ciencias formais: aquelas que se refiren á forma dos razoamentos. Réxense pola coherencia interna e desenvólvense con independencia do externo. Lóxica, matemáticas.
Tipos de inferencia demostrativa: dedución e indución. As ciencias formais usan a dedución como procedemento case exclusivo.
Dedución: proceso de razoamento que permite derivar dunha ou varias premisas, unha conclusión. O ideal metodolóxico adopta na súa integridade a estrutura dedutiva. Para o que contará con: axiomas (principios fundamentais indemostrables), regras de formación e de transformación (permiten extraer enunciados válidos) e teoremas (enunciados obtidos dedutivamente).
Método das Ciencias Naturais
Usan a demostración indutiva. Indución: tipo de razoamento no que se obtén unha conclusión xeral a partir de casos singulares. Tipos: completa (pártese do coñecemento individual dos casos que se dan dentro dun ámbito) ou incompleta (apóiase nunha serie de comprobacións individuais que non abarcan a totalidade dos casos posibles).
Método hipotético-dedutivo (pasos)
- Punto de partida: detectase mediante observación e/ou experimentación un problema non resolto. O observado ten que ser cuantificado.
- Elabóranse hipóteses explicativas. As hipóteses son suposicións que a mente fabrica (non proceden da experiencia). As hipóteses científicas explican a variación dun fenómeno pola variación doutros (dependencia funcional).
- Formúlase matematicamente.
- As consecuencias contrástanse mediante:
- Verificación: é verdadeira cando os feitos concordan cos deducidos.
- Falsación: refútase cando os feitos non concordan cos deducidos.
- A hipótese, comprobada nun número de casos, aceptase como lei. As leis son enunciados universais que expresan a relación entre uns determinados fenómenos dun modo regular e invariable. As teorías son enunciados universais dos que se poden deducir todas as leis dunha ciencia particular. Dan unidade a unha ciencia e permiten atopar novas leis.
Método das Ciencias Sociais
O obxecto é a realidade social. Características:
- O suxeito forma parte do obxecto de estudo.
- Menor capacidade de predición porque intervén a liberdade.
- Menor capacidade de xeralización, porque o que é válido para un pode non selo para outro.
- A neutralidade valorativa é imposible, porque o investigador non é independente do investigado.
Tradicións:
- Empírico-analítica: esixe aplicar o método das ciencias naturais ás ciencias sociais.
- Herméutica: as ciencias sociais teñen un estatus diferente.