Introdución á Filosofía: Mitos, Logos, Saberes e Ramas Esenciais
Enviado por Bernabe y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,33 KB
Os Mitos
Conxunto de narracións nas que interveñen a imaxinación e as crenzas. A morte, a vida, o amor e o odio, a guerra, personifícanse a través do mito. Os sucesos do mundo dependen da vontade dos deuses. Os obxectos adquiren propiedades distintas das que lles corresponden por natureza.
O Logos
É o coñecemento que se adquire a través da razón e non a partir de crenzas ou mitos. As cousas suceden cando e como deben suceder; atópase un cosmos ordenado que segue as súas leis; as cousas teñen unha natureza ou esencia invariable. Atópase a confianza no poder explicativo da razón.
Diferenzas entre o Saber Mítico e o Racional
- Os fenómenos explícanse mediante:
- Saber Mítico: deuses e destino, imaxinación e tradición.
- Saber Racional: natureza e necesidade, razón e crítica.
- O mundo é:
- Saber Mítico: caótico e caprichoso.
- Saber Racional: ordenado por leis estables.
- A autoridade é:
- Saber Mítico: obediencia cega.
- Saber Racional: busca constante.
- O método baséase en:
- Saber Mítico: ritos, oracións...
- Saber Racional: diálogo, análise de fenómenos e síntese en regras.
Orixe Histórica da Filosofía
A occidental aparece ligada con Tales de Mileto, a oriental con Confucio.
Orixe Psicolóxica da Filosofía
Está na nosa capacidade de asombrarnos, no entusiasmo, que supón un espertar da conciencia e o uso das nosas aptitudes intelectuais.
Tipos de Saberes
Saber Filosófico
É un saber de segundo grao que presupón un grao de desenvolvemento da vida política, socioeconómica e cultural. Tamén presupón outros saberes previos de primeiro grao. Achéganos ao coñecemento das últimas causas da realidade.
Saber Vulgar
Ensínanos as cousas tal como son. Todo ser humano dispón del porque posuímos a razón. Está mesturado con prexuízos e é conformista e acrítico. Serve de base para outros saberes máis rigorosos.
Saber Científico
Indaga as causas inmediatas das cousas; é un coñecemento máis profundo, descritivo e sectorial, xa que se ocupa de parcelas da realidade, non de toda en xeral.
Comparativa: Saber Científico vs. Saber Filosófico
Saber Científico | Saber Filosófico |
---|---|
Dá solucións a problemas específicos | É un saber de problemas universais |
Divide a realidade en partes | Estuda toda a realidade |
Método práctico experimental | Método teórico crítico |
Parte da información para ter o coñecemento | Parte dun certo grao de coñecemento para chegar á sabedoría |
Características do Saber Filosófico
- É un saber reflexivo.
- É aberto.
- É racional.
- É global, integrador e unitario.
- É radical.
- É práctico.
- É sistemático.
- É crítico.
Funcións da Filosofía
- É unha escola de liberdade, pois elabora instrumentos intelectuais para analizar e comprender conceptos fundamentais como a xustiza, a dignidade e a liberdade.
- Responde á necesidade dos cidadáns dun certo número de nocións filosóficas e morais mínimas.
- É unha escola de solidariedade humana e serve como base para un mellor entendemento entre as civilizacións.
- É unha forma de tratar os problemas universais da vida e a existencia humanas e de inculcar ás persoas unha maneira de pensar independente.
- Permite a cada un pensar por si mesmo, xa que se esforza en precisar as definicións exactas das nocións utilizadas, verificar a validez dos razoamentos e examinar con atención os argumentos doutros.
- Contribúe á paz e prepara a cada un para asumir as súas responsabilidades fronte ás grandes interrogacións contemporáneas. Isto lógrase ao formar espíritos libres e reflexivos capaces de resistir as diversas formas de propaganda, fanatismo, de exclusión e de intolerancia.
- Axuda de maneira importante á formación dos cidadáns, na medida en que coa súa capacidade crítica se mellora a calidade da democracia.
Ramas da Filosofía
Metafísica
Estuda a realidade e as propiedades de todo o que é ou existe.
Lóxica
Ocúpase dos razoamentos expresados lingüisticamente e estuda a súa estrutura, a súa forma e a súa corrección para chegar á certeza da súa validez.
Epistemoloxía
Reflexiona sobre as orixes, a validez e os límites do coñecemento.
Antropoloxía
Analiza aos seres humanos desde distintas perspectivas como a biolóxica, a social, a humanista ou a cultural.
Ética
Estuda os códigos morais e analiza as normas, a súa fundamentación, validez e universalidade.
Estética
Analiza a natureza da beleza e das creacións artísticas.
Política
Ocúpase dos aspectos comunitarios do ser humano, como son a súa orixe social, as formas de goberno, o poder, etc.