Institucións e movementos históricos na Península Ibérica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,03 KB
Aula Regia
Institución consultiva das monarquías xermánicas na Alta Idade Media, particularmente importante no reino visigodo, onde tamén recibe o nome de consilium. Participan nel os principais dignatarios que axudaban nas decisións que os reis tomaban e elixían ao propio monarca xa que a monarquía era electiva. Herdeiras da Aula Regia foron as Cortes e parlamentos. Pode facer referenza asemade ao propio espazo físico do Salón do Trono.
Bárbaros
Termo pexorativo que procede do grego e significa “balbucear”. Pobos en xeral que non falaban grego ou latín. Estranxeiros que foron penetrando no imperio romano a través de desprazamentos de poboación (migracións), ás veces violentamente e enfrontándose cos romanos e axudando á caída do imperio no V d. C. (por exemplo hunos, visigodos, xermanos...).
Castro
Poboado fortificado celta, de orixe prerromano e de notoria importancia no noroeste peninsular (cultura castrexa). Son lugares de poboamento, os máis antigos da idade do bronce, que perviviron á ocupación romana ata a idade media, onde foron abandoados. Normalmente, non sempre, situados en cumios rochosos, tiñan murallas e vivendas circulares ou elípticas.
Conventus
Asamblea ou reunión conxunta de romanos e indíxenas que aconsellaban ao gobernador na administración de xustiza na península ibérica. Fan referenza tamén ás divisións administrativas e territoriais (non fixas), cunha capital e onde o gobernador exerce xustiza, recada impostos e recluta tropas. Son territorios máis pequenos que as provincias e maiores que unha civitas. Gallaecia estaba formada polos conventi de Lucus Augusti, Bracara Augusta e Asturica Augusta.
Economía depredadora
Tipo de actividade económica de subsistencia característica do paleolítico que utiliza o que a natureza ofrece, sen repoñer o que toma. Comprende actividades como a recolleita, a caza e a pesca. Está en contraposición da economía productiva típica a partir do neolítico (agricultura e gandeiría).