A influencia das linguas de superestrato na lingua galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,23 KB
Esteiro: mar, estrema: monte, fenda: monte, fervenza: monte, foxo: monte, foz: mar, furna: mar, gabia: monte, gorxa: monte, insua: mar, lagoa: mar, laxe: monte, laxeiro/laxedo: monte, lomba/touticeira: monte, marusía: mar, mato: monte, outeiro/cuíña: monte, pedregal: monte, pena/rocha: monte, penedo: monte, porto: mar, pozo: monte, corgo: monte, poza: monte, praia: mar, areal: mar, regueiro: mar, rompente: mar, sebe: monte, sollío/solleiro: monte, támara/noiro: monte, terraplén: monte, val: mar, valiña: monte, vao: mar, veiga: monte, areento: mar, arxiloso: monte, augacento: mar, avesío: monte, sombrizo: monte, chan/chá: monte, costeiro: mar, ermo: mar, insular: mar, lacamento: monte, mariño: mar, ribeirán/á: mar, salgado: mar, aboiar: mar, flotar: mar, acoutar: mar, afundir: mar, fumegar: monte, percorrer: monte, somerxer: mar, mergullar: mar
Diptongo: crecente: vogal débil + forte, decrecente: vogal forte + débil, hiato: 2 vogais abertas/2 vogais que poden formar un diptongo pero pónselle un acento na vogal pechada, linguas de superestrato: son aquelas que foron traidas á Gallaecia despois da caída do Imperio Romano polos que aquí se estableceron ou que exerceron a súa influencia sobre o latín vulgar existente.
Superestrato xermánico
Formado por as linguas dos pobos xermánicos que se estableceron na Gallaecia a partir do século V. Ao noroeste da península ibérica chegaron 3 pobos xermánicos: vándalos, suevos e visigodos; ainda que pouco se coñece das linguas que falaban os pobos xermánicos, a influencia destas sobre a lingua dos galaicos foi superficial xa que unicamente deixaron a súa pegada no vocabulario, toponimia (-ar ou -al) e antroponimia (Afonso, Elvira, Álvaro...).
Superestrato árabe
A mediados do VIII os árabes estableceron á altura do río Miño a súa fronteira cos reinos do norte da península e co paso dos anos esa fronteira vaise desprazando á altura do Douro polo que se pode deducir que a estadía dos pobos musulmáns na zona norte da antiga Gallaecia foi pouco duradeira e pouco estable. Debido a que a cultura, ciencia e técnica dos árabes eran en moitos aspectos superiores ás dos habitantes da Gallaecia, non é de estrañar que estes incorporasen á súa lingua moitos arabismos lexicais, incluso chegaron a substituír palabras que xa existían por voces árabes. No obstante, a pegada do léxico árabe no galego non é tan profunda coma a que se pode rexistrar noutras linguas da península como no portugués, castelán ou catalán pola extensa presenza dos pobos musulmáns nos seus territorios. As achegas son: topónimos (A mezquita, Rábade, Ceide...), léxico de construción (almacé, albanel, azotea...), léxico da agricultura (aceite, albeite, tafona...), moitas destas palabras chegaron a través de outros romances hispánicos traidos por mozárabes emigrados ou fuxidos dos seus lugares de orixe cara o norte da Península.
Noticia
Relato dun acontecemento de actualidade que suscita o interese do público e pertence aos xéneros informativos; debe reunir: actualidade (debe informar sobre cousas que acaban de ocorrer), novidade (o que se conta non pode ser coñecido antes), veracidade (debe ser fiel ao que relata), periodicidade (presentanse ao público cun intervalo fixo de tempo), interese público (só é noticia aquilo que poida interesar ao público).
Estrutura
Titular (título e subtitulo que serven para espertar o interese do lector, anunciar e resumir a información, poder ser lidos individualmente xa que ofrecen aspectos esenciais da noticia, poden ter 3 elementos: antetítulo, título e subtitulo), entradiña: será o núcleo da información, corpo: é onde se desenvolve a información, contén: datos que complementan o enunciado na entradiña, datos complementarios que axudan a entender a noticia e datos secundarios.
Prosa medieval
Dentro da literatura medieval, ademais da lírica galego-portuguesa conformada polos diferentes tipos de cantigas, tamén existe produción en prosa, ainda que é mais escasa. Conservase unha serie de textos e documentos datados entre XIII e XV que dan mostra dunha significativa presenza inicial da lingua galega na prosa medieval, tanto de non ficción como de ficción. Os textos de prosa case sempre son recreacións literarias feitas a partir de textos noutras linguas con gran liberdade respecto dos textos orixinais nos que se basean.
Prosa de non ficción
Histórica (narracións de acontecementos históricos, encargadas por reis/nobres para servir de louvanza e propaganda propias; Crónica Xeral Galega, Crónica Galega de 1404 e Crónica de Santa Maria de Iria), haxiográfica (obras relixiosas sobre a vida e milagres de santos, historia sagrada...), didáctica e xurídica (textos sobre coidado de animais, testamentos, contratos...).
Prosa de ficción
Ciclo Bretón (textos que narran aventuras de Artur e os cabaleiros da Táboa de Arimatea. Conservanse o Livro de Xosé de Arimatea, fragmento do Livro de Merlín e Demanda do Santo Graal), Ciclo clásico (relatos sobre Grecia clásica, seus deuses e heroes, viaxes de Ulises... conservanse a Crónica Troiana e Historia Troiana), Ciclo Carolinxio (relatos bíblicos e textos sobre a vida do apóstol Santiago).