A influencia do galego na lingua portuguesa
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 952 bytes
Como consecuencia do protagonismo do Reino de Portugal na grande aventura europea que conduciu aos descubrimentos dos séculos XV a XVII, e como consecuencia da política expansionista deste reino, a lingua portuguesa gañou unha ampla difusión. Hoxe o portugués é falado pola maioría da poboación do Brasil (180 millóns de persoas) e é lingua oficial e de comunicación en varios países de África, como Cabo Verde, Guinea-Bisau, Angola e Mozambique.
Dado o estreito parentesco entre o galego e o portugués, que permite unha doada intercomprensión entre os seus falantes, o idioma de Galicia resulta tamén unha ferramenta útil para a comunicación no interior da vasta área lingüístico-cultural luso-brasileira, ao que o galego pula por incorporarse de cheo. A modalidade idiomática brasileira, a máis importante por extensión e número de falantes, resulta incluso máis próxima ao galego do que o portugués lisboeta.