Influencia Árabe e Lírica Medieval Galego-Portuguesa
Enviado por Chuletator online y clasificado en Matemáticas
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,69 KB
Superestrato Árabe
A invasión árabe tivo un papel capital no desenvolvemento das linguas romances peninsulares, pois precipitou o proceso de diferenciación do latín vulgar.
O romance galego foi estendéndose cara ao sur conforme a Reconquista ía gañando terreo, e deste modo orixinouse o galego-portugués.
A cultura árabe comprendía saberes moi avanzados, tanto no eido artístico e no agrícola, como no da técnica e no da ciencia. Por iso, a chegada léxica árabe foi moi enriquecedora para os dialectos hispano-romances.
Con todo, o léxico árabe no noso idioma é copioso. Exemplos:
- Agricultura e gandería: cenoria, albeitar, arroz, aceite, laranxa...
- Construción: alicerce, albanel, azotea, alicate...
- Administración: alcalde, alférez...
- Ciencia: cifra, algoritmo, xarope, álxebra, arroba...
- Outros: xinete, regueifa, tambor, alfombra...
- Topónimos: A Almuzara, A Mezquita, Sada...
- Expresións e interxeccións: oxalá, de balde, ala!...
9. A Baixa Idade Media
Cultura
Nacen as primeiras escolas e universidades (Salamanca, Oxford, etc.). Na Provenza (sur de Francia) déronse, a partir do s. X, unhas condicións económicas, políticas e sociais favorables, e instaláronse pequenos centros de cultura nas cidades.
Isto, xunto con outros condicionantes como o ascenso social da muller, deu como resultado a aparición da lírica provenzal que se desenvolveu en Cataluña e no sur de Francia desde finais do s. XI ata mediados do XIV.
Literatura: Etapas da lírica medieval
Etapa Primitiva (s. XII e ppio s. XIII)
- 1200: Escola trobadoresca galego-portuguesa. Aparición das primeiras obras. Influencia provenzal.
- 1200 aprox.: A cantiga máis antiga, «Ora faz ost ́o senhor de Navarra...», de Joan Paiva.
Etapa de Esplendor ou Idade de Ouro (1214-1354)
- 1240-1280: Período alfonsino (1240-1280). Compilación do Cancioneiro de Ajuda. Cantigas de Santa María.
- 1280-1354: Período dionisíaco (até 1254). Morre don Pedro, conde de Barcelos, considerado o derradeiro mecenas e trobador da escola galego-portuguesa.
Etapa de Decadencia (fins s. XIV-s. XV)
- Escola galego-castelá. Cancioneiro de Baena. Recolle as obras dos poetas da Escola galego-castelá. Está formada por poetas bilingües.