Imprenta, Renacemento, Barroco e Reforma: Historia e Cultura
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,44 KB
A invención da imprenta e o seu impacto
A imprenta, a súa invención (arredor de 1448), partiu da xilografía, pero desenvolveuse cando foron ideadas as letras móbiles de metal, que permitían compoñer unha páxina, entintala e sacar copias mediante unha prensa. O seu inventor foi o alemán Gutenberg.
Este invento estendeuse rapidamente por toda Europa debido á súa innegable vantaxe: agora podían imprimirse en pouco tempo moitas copias dun libro, mentres que antes, na Idade Media, copiar un libro tardaba anos da vida dun monxe.
Houbo impresores que se converteron en editores, como Nebrija. Os editores pronto comezaron a seleccionar os gustos dos seus clientes e a diferenciar as súas posibilidades culturais e económicas. Chegaron a crear sistemas de vendas ambulantes en mercados e feiras e desenvolveron a publicidade dos libros máis solicitados.
As universidades son os centros de cultura e usarán manuais impresos redactados en latín para difundir as novas ideas. O espírito crítico dos humanistas permítelles aceptar achegas de distintas fontes, superando os estudos tradicionais e abríndose a campos novos.
Características do Renacemento
No Renacemento destaca o naturalismo. Recupérase o sentido da beleza fundamentado na proporción, harmonía, equilibrio, ordenación clara das partes.
Outras características inclúen:
- A investigación, cun especial interese pola perspectiva para representar a terceira dimensión.
- A temática mitolóxica e o retrato.
- A utilización de elementos arquitectónicos grecorromanos.
Características do Barroco
No Barroco destacan:
- Deseños baseados na liña curva.
- Realismo, recollendo ou mostrando a realidade tal e como é.
- Movemento vehemente nos edificios, escultura, pinturas.
- Xogo de luces e sombras.
- Rexeitamento da medida, equilibrio, razón, gustando en cambio do excesivo, o fantástico e o irracional.
A Reforma Protestante e a Contrarreforma
A Igrexa da fin da Idade Media estaba en plena crise: o clero rural estaba en xeral mal formado e o alto clero era un simple modo de vida dos segundóns das familias poderosas que carecían de motivación. A Igrexa caera nos vicios do resto da sociedade. En xeral, había moi pouca preocupación pola evanxelización e pola salvación das almas.
A orixe da Reforma Protestante atópase no humanismo e no seu principal expoñente, Erasmo de Rotterdam. Foi Martiño Lutero quen pretendeu resolver esta situación, denunciando publicamente os problemas da Igrexa. Elaborou as chamadas 95 teses nas que abordaba os principais problemas da Relixión.
O Papado non acolleu de boa gana as ideas de Lutero e rematou por excomungar ao frade alemán. Pero en Alemaña as súas ideas tiveron boa acollida e así un bo número de príncipes alemáns decidiron protestar diante do Emperador Carlos V e do Papado por esta excomuñón. Naceu deste xeito o protestantismo.
As súas principais ideas son:
- Salvación pola fe.
- Libre interpretación das sagradas escrituras.
- Só dous sacramentos.
- Sacerdocio Universal.
- Relación directa entre crente e Deus.
A Igrexa, aínda que excomungando a Lutero, asumiu a necesidade dunha reforma. Esta reforma, chamada a Contrarreforma, abordouse no Concilio de Trento (1545-1563), introducindo unhas melloras no funcionamento da Igrexa Católica.