Implicacións na aprendizaxe escolar: métodos educativos e intelixencias múltiples
Enviado por Chuletator online y clasificado en Medicina y Salud
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,09 KB
Os métodos educativos e de ensinanza-aprendizaxe adáptanse ó grao de intelixencia: tanto cando é entendida como única como cando se parte dunha concepción factorial da mesma ou da existencia de intelixencias múltiples. No último caso, o proceso educativo seguirá métodos de aprendizaxe e ensinanza diferentes, tendo en conta as aptitudes do suxeito.
Teorías Factorialistas
As Teorías Factorialistas, que partían do carácter hereditario e inmodificable da intelixencia, sustentan que a intelixencia podía predicir o rendemento académico e sería o fundamento da orientación escolar e profesional. A avaliación da capacidade xeral, estimada en C.I., servirá de base para a predición académica. As baterías multifactoriais tomadas como criterio para o consello profesional e orientación escolar. Os resultados da medida da intelixencia, estimado en C.I., veu servindo para clasificar ós alumnos en grupos homoxéneos respecto ó mesmo: para axustar a ensinanza ó nivel intelectual do neno; de maneira especial ós situados nos extremos superior e inferior da escala de puntuacións: superdotados e atrasados. O traballo de Guilford tivo gran importancia ó centrar a atención sobre un enfoque converxente ou diverxente á hora de abordar un problema, pois evidencia que a resposta a unha determinada pregunta non ten que ser necesariamente única. A produción diverxente convértese nun indicador de pensamento creativo e a súa estimulación dependerá do tipo de preguntas e respostas propostas nos exames. Ademais, a avaliación do perfil dos alumnos seguindo a teoría de Guilford posibilita ó mestre levar a cabo unha ensinanza máis individualizada.
Teoría do Procesamento da Información
As Teorías do Procesamento da Información tiveron importantes repercusións no ámbito educativo. A intelixencia pode modificarse e que o acto intelixente pódese ensinar, xa que a intelixencia non é unha estrutura de factores hereditarios e estables, senón dependente, en maior ou menor grao, de factores ambientais e afectivo-motivacionais. As elaboracións teóricas da intelixencia apoiadas na psicoloxía do procesamento da información propiciaron a construcción de programas para a mellora cognitiva.
Teoría das Intelixencias Múltiples
A Teoría das Intelixencias Múltiples ten tamén unha proxección no sistema educativo. O deseño da escola apóiase en dous supostos: que a intelixencia e as formas de aprendizaxe presentan notables diferenzas e que ningún suxeito pode acadar todos os coñecementos acumulados na cultura actual. Destes supostos derívase a necesidade de propoñer uns contidos de aprendizaxe seleccionados de acordo con intereses e perfís de cada individuo. Rexéitase a escola da uniformidade. A escola inspirada nesta teoría, necesitará:
- Estender o proceso de ensinanza a diversas institucións da comunidade: museos, teatros…
- Organizar a docencia en xornadas de mañá e tarde (Pola mañá, desenvolveranse as materias convencionais planificando proxectos; A xornada da tarde buscaría novos ámbitos de aprendizaxe na comunidade e permitiría experiencias para levar a cabo as tarefas planificadas na aula.)
Stemberg propuxo un conxunto de principios básicos para trasladar á práctica educativa a súa teoría sobre a intelixencia exitosa: O obxectivo da ensinanza é a creación de pericia a través dunha base de coñecementos ben organizados e facilmente accesibles; A instrución debe implicar a ensinanza:- Do pensamento analítico: axudar aos alumnos a comparar e contrastar, avaliar explicar; -Do pensamento creativo: axudar aos alumnos a crear, deseñar, imaxinar e conxeturar; -Do pensamento práctico: axudar aos alumnos a utilizar, aplicar e implementar. A avaliación debe implicar tamén compoñentes analíticos, creativos e prácticos, ademais de memorísticos. A ensinanza e a avaliación deben permitir aos alumnos: identificar e capitalizar os seus puntos fortes, así como identificar, corrixir e compensar os seus puntos débiles. A ensinanza e a avaliación deben poñer en xogo: diversos aspectos implicados na resolución de problemas: Identificar e definir o problema; Plantexar estratexias para a súa resolución, etc. Compoñentes de execución relacionados coa: Codificación de información, Inferencia, Aplicación, A comparación de alternativas e Resposa. Compoñentes de adquisición relacionados coa: Codificación, Comparación e Combinación selectiva de información. A ensinanza e a avaliación deben ter en conta: As diferenzas individuais en canto a: modalidades preferidas de representación, entrada e saída de información (verbal, numérica, gráfica, etc.). A ensinanza adecuada é a que sitúa nunha zoa de “distancia óptima” en canto a: Novidade da información así como a que apunta á automatización. A ensinanza debe axudar aos alumnos a adaptarse aos seus entornos, seleccionalos e moldealos. A ensinanza e a avaliación deben integrar os distintos aspectos da intelixencia.