El Imperio de Carlos V y la Expansión de la Monarquía Hispánica

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 3,83 KB

A Herdanza e o Poder de Carlos V

Carlos V recibió una doble herencia que lo convirtió en el monarca más poderoso de su tiempo. Por parte de su madre, Juana de Castilla, heredó la monarquía hispánica, que incluía Castilla con sus territorios en América, Navarra, Canarias y la Corona de Aragón con posesiones en el Mediterráneo como Nápoles, Sicilia y Cerdeña. Por parte de su padre, Felipe el Hermoso, obtuvo los Países Bajos, el Franco Condado, Borgoña y los dominios de la Casa de Austria en Alemania y Austria. A esto se sumó su elección como emperador del Sacro Imperio Romano Germánico tras la muerte de su abuelo Maximiliano. La unión de estas herencias le dio un imperio inmenso, con territorios en Europa y América, lo que le permitió gobernar sobre un reino en el que se decía que "nunca se ponía el sol", aunque también lo enfrentó a enormes desafíos políticos, religiosos y militares.

A Sociedade Colonial na América de Carlos V

Durante o reinado de Carlos V, entre 1516 e 1556, as colonias americanas comezaron a organizarse despois das conquistas e a sociedade estaba dividida en grupos moi marcados:

  • Os peninsulares: Españois nacidos na península que tiñan os mellores cargos no goberno, na Igrexa e no comercio.
  • Os crioulos: Fillos de españois nacidos en América, que tiñan diñeiro e poder económico, pero non podían acceder aos postos máis importantes.
  • Mestizos: Nun nivel intermedio estaban os mestizos e outras mesturas, resultado da unión entre europeos, indíxenas e africanos, que ocupaban posicións máis baixas.
  • Os indíxenas: Aínda que eran considerados súbditos da Coroa, estaban obrigados a traballar en sistemas como a encomenda e sufrían abusos e perda dos seus costumes.
  • Os escravos africanos: Foron traídos para traballar en minas e plantacións, sobre todo cando a poboación indíxena diminuíu por enfermidades e malos tratos.

A Unión Dinástica dos Reis Católicos

Unha unión dinástica é cando varios reinos teñen o mesmo monarca pero seguen sendo reinos separados. Na unión dinástica de Isabel de Castela e Fernando de Aragón, cada reino mantivo as súas leis, a súa moeda e as súas institucións. Eles tomaban algunhas decisións xuntos como a defensa, a política exterior ou a relixión. Isto fíxose principalmente por tres motivos: a unificación territorial, a unificación relixiosa e para illar a Francia.

Expedicións Marítimas e Novos Horizontes

No século XVI fixéronse unhas expedicións marítimas para a busca de novas rutas comerciais, difundir o cristianismo e expandir territorios. Isto levouse a cabo grazas aos novos avances tecnolóxicos como o portolano ou o astrolabio. Juan Sebastián Elcano foi o primeiro en completar unha volta enteira ao mundo; Magallanes morreu en medio da expedición, concretamente nas Filipinas.

Conceptos Clave da Época Moderna

Unión de Armas

Proposta dun exército común financiado polos diferentes reinos da monarquía.

Tratado de Tordesillas

En 1494, foi un acordo entre Castela e Portugal que dividiu o mundo en zonas de conquista mediante unha liña no Atlántico: ao oeste para Castela e ao leste para Portugal.

Xudeoconverso

Nome que se lle dá aos xudeus convertidos ao cristianismo.

Leis de Indias

Leis de 1512 ao 1542 que recoñecían como súbditos da Coroa de Castela aos indíxenas americanos.

Monarquía Autoritaria

É cando o rei concentra máis o poder e limita aos nobres e ás institucións.

Entradas relacionadas: