O Imperialismo: Causas, Repartición e Consecuencias Históricas

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,59 KB

O Imperialismo: Causas e Consecuencias

Definición e Impulso

O Imperialismo foi impulsado pola Segunda Revolución Industrial.

Causas do Imperialismo

  • Causas Económicas

    Atopar novos mercados, a procura de materias primas e investimentos de capital, utilizando man de obra barata.

  • Causas Demográficas

    Novos lugares de asentamento para a poboación europea e a chamada "expansión branca", que xerou un importante fluxo migratorio e a posibilidade de contar con territorios coloniais onde asentar a poboación e contribuír a desenvolver o imperialismo.

  • Causas Ideolóxicas

    Crían na superioridade da raza branca, a misión civilizadora de Europa co darwinismo social e a expansión do cristianismo.

  • Causas Políticas

    Poder militar en todos os lugares do mundo e poder e prestixio internacional mediante a hexemonía colonial.

A Repartición do Mundo

África

Crúzanse o proxecto británico e o francés, ambos pola mesma conquista. Ademais, os alemáns en África Central. Todo iso converteuse nunha zona de conflito entre as potencias europeas. Fíxose unha conferencia en Berlín para regular as ocupacións dos territorios. Como resultado, tamén se elaborou unha acta que estipulaba condicións para o expansionismo colonial en África. Nos seguintes anos, os principais estados europeos entraron en África coas primeiras colonias. Houbo problemas e formouse a Guerra dos Bóers entre británicos e holandeses pola pretensión de Cecil Rhodes, que era habitado polos holandeses, pero os rumores de grandes minas impulsaron os británicos, e estes territorios foron anexionados por eles. A outra loita foi a de Fachoda entre Francia e Gran Bretaña; a guerra non chegou a estalar, xa que os franceses se retiraron.

Asia

Empezou coa presenza británica na India, que colleu o control e estableceu un vicerrei. Houbo diversas reformas. Pero Francia pronto colonizou Indochina. Logo producíronse diversas guerras, como a Guerra do Opio ou a Guerra Ruso-Xaponesa.

Administración Colonial

Colonias de Explotación

Podían ser propiamente colonias, é dicir, que non tiñan goberno propio, senón que pertencían de maneira directa á administración metropolitana, que exercía unha verdadeira política de administración; ou podían ser protectorados, nos que teoricamente subsistía e actuaba un goberno indíxena que era respectado pola administración metropolitana. Tamén había dominios e mandatos.

Colonias de Poboamento

Eran os dominios, que eran territorios con escasa poboación indíxena nos que a minoría branca dispuxo dun goberno e dun sistema parlamentario propio, aínda que mantiñan relacións de dependencia coa metrópole.

Consecuencias do Imperialismo

  • Nas Metrópoles

    Enriquecemento dos sectores económicos privilexiados e forte carga sobre o orzamento do estado.

  • Nos Territorios Colonizados

    Unha gran explotación económica, procesos de aculturación e melloras sanitarias, de infraestruturas, etc.

Novos Imperios

Estados Unidos

Converteuse nunha gran potencia económica, e inicia o neocolonialismo, expandíndose por América Latina e o Pacífico.

Xapón

A outra gran potencia era Xapón, que na Era Meiji (que puxo fin a máis de 200 anos de feudalismo) modernizouse económica e socialmente, e fixo un proceso de occidentalización. Este Xapón iniciou a súa expansión por Asia.

Entradas relacionadas: