Ilustración e Séculos Escuros: Evolución da lingua e literatura galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,57 KB

Información do cuestionario final

  • Os Irmandiños e Pero Pardo de Cela son, na nosa literatura, exemplos de persoas e colectividades que traballaron en prol da salvación da patria galega.
  • A nobreza galega foi abandonando paulatinamente o uso do galego, proceso que levou centos de anos.
  • O feito de que os altos cargos eclesiásticos apostasen só polo castelán e polo latín axuda a explicar a ausencia do galego na igrexa e na educación; isto foi denunciado no s. XVIII por Frei Martín Sarmiento.
  • A "lenda negra" sobre os galegos non pertence á literatura da época; os prexuízos sobre a nosa terra foron reais.
  • Durante os séculos escuros non todos os estamentos da poboación eran diglósicos.
  • A partir de 1480, os escribáns debían examinarse en castelán ante o Consello do Rei, o que, na práctica, facía inútil o coñecemento do galego para eses usos.
  • Durante os séculos escuros tardou aínda bastante en publicarse a primeira gramática galega; polo tanto, chega despois da do castelán.
  • Durante os séculos escuros non podemos falar propiamente dunha tradición literaria escrita, senón máis ben de textos illados. Pola contra, a literatura popular seguía sendo produtiva.

Ilustración (teoría)

A Ilustración é un movemento cultural que se produciu en toda Europa durante o s. XVIII. Caracterízase pola exaltación da razón, o cultivo das ciencias e o estudo das humanidades clásicas; ademais, mostra gran preocupación polas linguas modernas e pola educación.

Os ilustrados galegos orientaron os seus esforzos a superar o atraso económico, social e cultural no que estaba sumida Galicia. Propoñían reformas para mellorar o sistema produtivo e económico, como optimizar a pesca e os cultivos (Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia, 1774; Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia, 1780, escritos polo ilustrado Xosé Cornide), así como para aproveitar mellor os recursos do país e mellorar as comunicacións.

Ilustrados galegos

  • Benito Jerónimo Feijoo (1676-1764): Defendeu a dignidade do idioma galego e influíu decisivamente no pensamento e na educación do seu tempo.
  • Frei Martín Sarmiento (1695-1772): Reivindicou o uso da lingua galega e denunciou o abandono da mesma en ámbitos eclesiásticos e educativos.
  • 17... Diego Antonio Cernadas e Castro, o cura de Fruíme, foi autor de quince composicións en galego.
  • 17... Xosé Cornide Saavedra escribe tres poemas en galego.

Frei Martín Sarmiento

Frei Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695 – Madrid, 1772) foi discípulo de Feijoo e profesor de teoloxía. Foi un dos maiores defensores da lingua e cultura galegas. Realizou estudos sobre historia natural, en particular sobre a flora galega e as súas denominacións, e publicou numerosos traballos sobre a lingua galega, entre os que se contan: Sobre el origen de la lengua gallega; Catálogo de voces y frases de la lengua gallega; Onomástico Etimológico de la lengua gallega.

Xosé Cornide Saavedra

Xosé Cornide Saavedra (A Coruña, 1734 – Madrid, 1803) foi xeógrafo, historiador e cartógrafo. Foi, ademais, creador do Real Montepío de Pescadores de Galicia e autor de estudos e poemas en galego.

Entradas relacionadas: