Ilustración no século XVIII: Orixe e Factores

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,89 KB

Factores Políticos, Sociais e Culturais que no Século XVIII Conducen á Ilustración

1. Orixe e Expansión da Ilustración

A Ilustración, movemento ideolóxico que preparou o camiño da Revolución Francesa (1789), abriu unha nova era na historia: a Idade Contemporánea.

Apoiouse nos avances do século XVII. Os intelectuais ilustrados sentíronse cegados polos progresos científicos e as novas doutrinas filosóficas. Así xurdiu a Ilustración, movemento que pretendeu, a través do entendemento, revisar e reformar todas as realidades e problemas que incumbían ao home e á sociedade: a política, a organización social, a economía, a relixión... A Ilustración repercutiu de modo moi diferente nos diversos países.

  • En Inglaterra: tivo un carácter fundamentalmente empirista e epistemolóxico, cultivou as ciencias da natureza e cuestións sobre relixión con certa tolerancia.
  • En Francia: a obra máis representativa foi a Enciclopedia ou Dicionario razoado das ciencias, das artes e dos oficios. Significou unha gran revolución na cultura e o pensamento.
  • En Alemaña: aparecen figuras universais como Kant, que supón o cumio do pensamento ilustrado, mediante a análise que fai da “razón”, co obxectivo de atopar nela os principios que rexen o saber sobre a natureza e a acción moral e política do ser humano.

2. Factores que Conducen á Ilustración

a. No Ámbito Cultural

Na primeira metade do século XVIII, o panorama intelectual da maioría dos homes instruídos estaba dominado aínda por dúas fontes de autoridade: os autores clásicos grecorromanos e a Biblia cristiá.

b. No Ámbito Económico

Este século supón, no seu conxunto, a superación da crise económica que caracterizara a Europa no século XVII.

c. No Aspecto Político

O absolutismo monárquico alcanzou a súa maior forza e esplendor en toda Europa.

A figura do filósofo ilustrado xa non se pode asimilar á do filósofo tradicional. O filósofo ilustrado pon o seu esforzo teórico ao servizo dunha transformación efectiva do mundo humano de acordo coas esixencias da razón. Naceu un novo tipo social, característico da Idade Moderna: a do intelectual, que pon a súa intelixencia ao favor dunha crítica transformadora da sociedade establecida.

Debuxáronse dúas vías posibles cara ao avance da sociedade moderna:

  • Despotismo ilustrado: Consistía en pór as vellas institucións do absolutismo ao servizo dos novos obxectivos ilustrados.
  • Cambio revolucionario: Unha minoría de pensadores considerou que a razón non pode transixir con ningunha forma estatal que negue a liberdade humana, e avogou por unha transformación radical da sociedade que desembocase nun auténtico goberno popular (nunha xenuína democracia).

Entradas relacionadas: