Idade Media en Galiza: Cronoloxía, Sociedade e Esplendor
Enviado por Chuletator online y clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,1 KB
Que séculos abarca a Idade Media en Galiza e por que se fai esta delimitación?
Se falamos dende o punto de vista histórico, a Idade Media en Galiza vai dende o século V coa caída do Imperio Romano ata o século XV coa caída do Imperio Bizantino.
Dende o punto de vista lingüístico, abarca os séculos VIII-IX, pois é entón cando o idioma galego está xa plenamente desprendido do latín e cando a sociedade galega se articula de xeito que se converte nun dos pobos políticos, económicos, relixiosos e culturais máis poderosos e prósperos da Península.
Cales son as principais características da sociedade galega medieval?
- Unha economía predominantemente agrícola e mariñeira, que se complementa cunha próspera actividade artesanal e comercial concentrada nos burgos.
- Unha ríxida e desigualitaria estrutura social (sociedade estamental), na que a nobreza (bellatores) e o clero (oratores) ostentan todo o poder, todos os privilexios e todos os bens fronte ás masas campesiñas e mariñeiras (laboratores), que moran no campo, e fronte á burguesía comercial e artesanal que se concentra nas vilas e cidades.
- Un proceso paulatino de acumulación do poder en mans dos monarcas, en detrimento do poder señorial, sobre todo o sector laico.
- A sucesión de períodos en que Galiza se constitúe e funciona como reino independente e períodos en que se integra na órbita do reino astur-leonés, primeiro, e do reino castelán máis tarde. O derradeiro tramo histórico con rei exclusivamente galego sitúase no século XI e a constitución do condado de Portugal como reino independente, por separación do de Galiza, prodúcese en 1121.
- Un dominio cultural e ideolóxico case absoluto por parte da Igrexa católica, que monopoliza o saber durante boa parte do período, coa única excepción da cultura cortesá laica. Ademais, persegue as disidencias e intenta controlar e lexislar todas as prácticas sociais.
Na sociedade medieval, a discriminación da muller estaba amparada polas leis. Sometida sempre á tutela dun varón, tiña vetado o dereito a falar en público, non podía declarar como testemuña nos xuízos e carecía de potestade sobre os bens materiais. As súas expectativas vitais reducíanse a tres horizontes: o convento, o matrimonio ou a marxinalidade.
Rexístrase en importantes sectores da sociedade medieval unha actitude de manifesta xenofobia contra determinados colectivos por causas de raza e/ou relixión.
A que denominamos Era Compostelá?
Etapa de máximo esplendor entre os séculos XII e XIII que viviu a sociedade galega medieval.
Que circunstancias explican este período de esplendor?
- O carácter de Galiza como terra de retagarda na guerra contra os árabes e mais o cesamento dos ataques por vía marítima dos normandos. Esta relativa paz permitía, entre outras cousas, o aumento da poboación, a mellora xeral das condicións de subsistencia, o florecemento do comercio e que os nobres, especialistas da guerra, puidesen dedicarse a tarefas menos belicosas, entre as que interesa subliñar especialmente a de compoñer cantigas.
- As melloras na agricultura e a rotación de novas terras. Creábase así un excedente agrario que se comercializaba e xeraba riqueza nas urbes e servía ademais para alimentar unha poboación en continuo medre.
- O crecemento das urbes e da súa clase social emblemática, a burguesía, vai xerar fortes tensións co poder nobiliario, tanto eclesiástico como laico. Estas tensións desembocarán, a mediados do século XV, no estoupido das chamadas Revolucións Irmandiñas.
- O ascenso á dignidade metropolitana e arcebispal da cidade de Santiago, conseguido polo Arcebispo Xelmírez no século XI. Compostela, lugar onde foran descubertos no século IX, segundo a tradición, os restos mortais do Apóstolo Santiago, converteuse dese xeito nun dos tres grandes centros de peregrinación da Cristiandade medieval europea xunto con Roma e Xerusalén. Polo Camiño de Santiago entrou riqueza material, mais tamén foi importantísimo o intercambio cultural e artístico que xerou.
- O papel destacado da nobreza de orixe galega na corte astur-leonesa primeiro, e castelá, despois. Este papel, no entanto, vai minguar progresivamente a medida que o centro político se vaia desprazando cara o sur, en tempos de Afonso X.
Cales son as manifestacións artísticas que se desenvolven grazas a esta etapa de esplendor económico e político?
A arte románica, espallada ao longo da ruta xacobea (Camiño de Santiago), mais a lírica trobadoresca galaico-portuguesa, conservada a través dos Cancioneiros.
Desde cando existe o galego como idioma diferenciado? Que probas temos da súa existencia?
Existe desde o século VIII. O galego comeza a ser independente a partir do ano 1121, aínda que non de maneira inmediata. Temos proba da existencia do galego-portugués dende entón pola aparición de expresións e palabras romances ou falsamente latinizadas en textos escritos internacionalmente en latín en conventos de Galicia.