Hóckey Sala, Hóckey Patíns e Floorball: Regras e Historia
Enviado por Chuletator online y clasificado en Deporte y Educación Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,92 KB
Hóckey Sala
Naceu en Gran Bretaña durante a Segunda Guerra Mundial. Algúns clubs alemáns e austríacos organizaron adestramentos en sala para ocupar o longo período invernal. Posteriormente, montaron algunhas competicións, adaptando as regras do hóckey herba.
Xogadores
- Dous defensas
- Un centrocampista
- Dous dianteiros
- Un porteiro
Duración
Dous tempos de 20 minutos con 5 minutos de descanso.
Gol
Márcase no interior da área.
Stick
A parte anterior é curva e máis delgada que a do hóckey herba.
Formas de agarre
A man esquerda na parte superior e a dereita na metade do stick.
Campo de xogo
Ten as dimensións do campo de balonmán (40 m de longo x 20 m de ancho). As liñas laterais están bordeadas por unha banda, xeralmente de madeira.
Hóckey Patíns
Baseado no hóckey sobre xeo, comezou empregando o disco plano "puck". Samaranch influíu na substitución do disco pola bola esférica. Portugal e España foron grandes dominadoras no historial de campionatos europeos e mundiais. Nos últimos anos, Arxentina e Italia conquistaron dous mundiais cada unha.
Xogadores
Catro xogadores e un porteiro.
Duración
Dous tempos de 25 minutos cun descanso de 5 minutos.
Gol
Pódese marcar dende calquera parte da pista.
Stick
A parte inferior é plana polos dous lados.
Formas de agarre
Na parte superior do stick, indistintamente coa man esquerda ou dereita.
Campo de xogo
De 40 m de longo e 20 m de ancho, pechado por valados protectores dun metro de alto. Pódese pasar por detrás da portería.
Floorball ou Uni-Hóckey
Orixe sueca.
Terreo de xogo
Recomendado: 40 m x 20 m. A área de portería ten unha dimensión de 5 m x 4 m. Os sticks son de plástico duro e a bola tamén é de plástico, con buratos.
Xogadores
Cada equipo ten un máximo de 17 xogadores por partido, dos cales 6 están no terreo de xogo.
Duración
Tres tempos de 20 minutos, cun descanso de 5 minutos.
Saque inicial
Para dar comezo ao partido, o árbitro deixa caer a bola entre dous xogadores cos sticks preparados para tomar posesión da mesma unha vez que esta dea un pequeno rebote no chan. Os demais xogadores deben estar a un mínimo de 3 metros.
Saque de falta
- Efectúase no lugar onde tivo lugar a falta.
- Non se pode dirixir a bola directamente a gol.
- A bola non pode estar a menos de 3 m da portería.
Penalti
- Efectuarase dende un punto situado a 7 m da liña de gol.
- Se o lanzamento é transformado en gol, sacarase dende o medio do campo (os xogadores nos seus respectivos terreos).
- Se se falla un lanzamento de penalti, sacarase a 3 m da portería na prolongación da liña de gol.
Prohibicións
- Levantar o stick por riba dos xeonllos para atrapar unha bola ou tratar de xogala.
- Parar a bola coa cabeza ou coa man.
- Pasar a bola co pé (facer pases).
- Xogar a bola dende a posición de tombados no chan.
- Os xogadores non poden meter ningunha parte do seu corpo na zona ou área de gol.
- Empuxar o adversario.
- Trabar e inmobilizar o stick do adversario.
- Se cando se golpea a bola, a folla do stick móvese por riba da cabeza, en dirección cara adiante.
- Lanzar o stick (penalti).
- Golpear o stick do adversario co noso.
- Mover a portería.
Permitido
- Dirixir e golpear a bola con ambos lados do stick.
- Parar a bola co stick, co pé e co peito.
- Dirixir a bola co pé cara ao propio stick.
- Xogar co bordillo que rodea o terreo de xogo.
- Quitarlle a bola ao adversario.