Hixiene na Actividade Física e Nutrición Saudable
Enviado por Chuletator online y clasificado en Deporte y Educación Física
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,35 KB
Hixiene na actividade física
Antes do exercicio
- É preciso pasar unha revisión médica que descarte problemas que impidan realizar exercicio físico.
- Non fagas coincidir o exercicio coa dixestión dunha comida.
- Realiza un quecemento suave e progresivo.
- Selecciona roupa específica para a actividade que favoreza o movemento e a transpiración; cámbiaa ao acabar.
- Se fai demasiada calor: protexe a cabeza, usa protección solar para evitar insolacións e golpes de calor, aplica vaselina en zonas sensibles e mantén a hidratación.
- Se fai frío: protexe mans, pés e orellas, e leva roupa de abrigo para despois da actividade.
Durante o exercicio
- Utiliza o material apropiado para a actividade.
- Practica exercicio cunha intensidade adecuada ao teu nivel de condición física.
- Bebe líquido con frecuencia.
Despois do exercicio
- Realiza uns minutos de actividade moi suave para acelerar a recuperación.
- Aseo ou ducha.
- Hidrátate adecuadamente.
Nutrientes esenciais
- Hidratos de carbono: 65%
- Graxas: 25%
- Proteínas: 10%
Dieta racional
- Masticar lentamente.
- Comer con frecuencia alimentos ricos en fibra para facilitar a limpeza intestinal.
- Achegar alimentos ricos en vitaminas e minerais, evitando produtos refinados ou tratados.
- Beber auga con moita frecuencia.
- Evitar alimentos nocivos (alcohol, etc.).
- Non bañarse ata transcorrida 1 hora despois de comer.
- Non facer exercicio antes de finalizar a dixestión (aprox. 3 horas despois).
- Non deixar pasar máis de 8 horas entre inxestas.
Consellos para manter unha postura correcta
- Mellorar a forza muscular das costas de forma equilibrada.
- Manter unha postura corporal correcta: sentados coa zona lumbar apoiada e as costas rectas.
- Durmir en posición lateral e con pernas flexionadas; nunca boca abaixo ou arriba.
- Coidado coas cargas.
Metabolismo basal
Fai referencia ao gasto enerxético necesario para realizar as reaccións básicas para o mantemento mínimo da vida.