Historia social da lingua galega (1978–actualidade)
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,79 KB
A Constitución española, aprobada en 1978, recoñece a pluralidade lingüística do Estado e abre o camiño da descentralización a través da súa organización en comunidades autónomas.
En Galicia, o Estatuto de Autonomía aprobouse en 1981, no que se establece a cooficialidade do galego e do castelán, ademais de recoñecerse o galego como lingua propia de Galicia.
Todas as comunidades autónomas de España que recoñecen nos seus estatutos a cooficialidade das súas linguas propias aprobaron leis de normalización lingüística. En Galicia, a Lei de Normalización Lingüística aprobouse por unanimidade no Parlamento en 1983 e ten como obxectivo protexer e fomentar a lingua galega.
O proceso de normalización levado a cabo en Galicia presenta estas características:
- Ámbitos principais: centrouse principalmente no ensino e, en menor medida, na Administración, relegando outros ámbitos tamén importantes.
- Falta de planificación: non estivo sometido a unha organización e planificación previas, de xeito que, en moitos casos, dependeu da boa vontade dos axentes implicados; isto supuxo unha falta de continuidade nas medidas adoptadas.
Non foi ata 2004 —máis de 20 anos despois da aprobación da Lei de Normalización— cando se elaborou e aprobou por unanimidade un Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. A pesar diso, a súa aplicación está a ser lenta e custosa, en parte por falta de implicación política e tamén por carencias nos recursos necesarios.
A sociedade civil tenta compensar estas carencias e dispón de diferentes organizacións que loitan pola normalización da nosa lingua, como a Mesa pola Normalización Lingüística (creada en 1986), a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua (fundada en 1995) ou Prolingua (en 2009).
Vocabulario
- Quórum
- Número mínimo de membros presentes nunha asemblea para que teñan validez os acordos tomados.
- Pleno
- Reunión xeral dunha corporación á que deben asistir todos os seus membros.
- Solicitude
- Escrito mediante o cal se solicita algo de maneira formal.
- Taxa
- Cantidade de diñeiro que se debe pagar a algún ente público por determinados servizos.
- Licenza
- Documento oficial que acredita que se pode realizar unha actividade suxeita a regulamentación.
- Elector/a
- Persoa que ten dereito a participar nunha elección.
- Decreto
- Resolución ou decisión da xefatura de Estado, do goberno ou dunha autoridade.
- Competencia
- Facultade que ten unha persoa ou institución para resolver un asunto.
- Orzamento
- Cálculo anticipado do custo dunha obra ou dun servizo.
- Regulamento
- Conxunto de regras que regulan unha actividade ou o funcionamento dun organismo.
- Cámara
- Asemblea lexislativa.
- Parlamentario
- Membro do parlamento.
- Hemiciclo
- Espazo en forma de semicírculo, en particular destinado ás bancadas dos membros dunha asemblea ou aos espectadores.
- Conserxe
- Persoa empregada subalterna que realiza determinados labores nun edificio oficial ou público.
- Escano
- Lugar ocupado por un membro do parlamento.
- Voceiro
- Persoa ou medio autorizado para falar ou opinar en nome doutra persoa, grupo, institución, etc.