Historia da Restauración Borbónica: Cánovas, Quenda e Fraude Electoral
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,9 KB
O Sistema Político da Restauración Borbónica (1874-1923)
Coa chegada de Afonso XII, os Borbóns recuperan de novo o trono. Esta recuperación foi obra de Cánovas del Castillo, quen, aproveitándose da crise da Primeira República, teceu unha ampla rede de apoios á causa borbónica entre grupos de militares, aristócratas e burgueses temerosos do avance das conquistas producidas no Sexenio Democrático.
Para Cánovas, existían dous principios indiscutibles: a Coroa, peza fundamental do sistema que representa a autoridade, e as Cortes, que representan a liberdade do pobo. Para asegurar eses principios, defendeu un sistema baseado en:
- Unha Constitución que establecía a monarquía constitucional doutrinaria como forma de goberno.
- Un goberno que gozase dunha dobre confianza.
- A quenda pacífica e de mutuo acordo entre as forzas monárquicas.
- O transaccionismo.
A aplicación destes principios deu lugar ao sistema canovista ou da Restauración Borbónica, exemplificado no Doc. 1, que estivo vixente ata 1923.
O Reinado de Afonso XII e a Constitución de 1876
A primeira etapa da Restauración Borbónica é o reinado de Afonso XII, no cal o réxime político deseñado por Cánovas funcionou sen grandes dificultades grazas aos acordos entre os líderes dos dous partidos. Co regreso a España de Afonso XII, convocáronse novas eleccións para asentar as bases políticas da monarquía.
As novas Cortes aprobaron a Constitución de 1876 (Doc. 2), na que se establecía unha monarquía constitucional doutrinaria conservadora baseada en:
- Soberanía compartida coas Cortes.
- Cortes bicamerais constituídas polo Congreso e o Senado.
- Dereitos e liberdades recollidos.
- O Estado católico.
O Sistema de Quenda Pacífica
Tanto Cánovas como Sagasta defenderon que o exercicio do poder non podía quedar ao arbitrio das eleccións, polo que crearon o sistema de quenda pacífica entre liberais e conservadores. Este sistema funcionaba do seguinte xeito: cando un goberno tiña problemas, o rei nomeaba presidente ao líder da oposición e disolvía as Cortes; o novo goberno preparaba e convocaba as eleccións, que tiña que gañar necesariamente, polo que estaban amañadas.
Desenvolvemento da Quenda e Fraude Electoral
Durante o goberno de Cánovas, restrinxíronse os dereitos e liberdades. En 1881, Sagasta foi nomeado xefe do goberno, iniciando así a quenda; este implantou a Lei da Imprenta e consentiu a axitación social e republicana. Posteriormente, o rei chamou de novo a Cánovas para que gobernase. Un ano despois, en 1885, morreu Afonso XII e María Cristina converteuse en rexente.
Todo este sistema de quenda é parodiado no Doc. 3, no que Sagasta e Cánovas se alternan entre "cocho" e "comensal", sendo España a que sufría as consecuencias. Para que esta quenda tivese éxito, era necesario manipular as eleccións ás Cortes, polo que nesta época tivo lugar un gran fraude electoral (Doc. 5), debido ao falseamento dos procesos electorais.
A Estrutura da Quenda: Oligarquía e Caciquismo
A quenda funcionaba de arriba abaixo: na parte superior estaba a oligarquía dirixente; no medio, o gobernador civil, os alcaldes e a Garda Civil; e abaixo, os CACIQUES.
Os caciques influían sobre as autoridades e veciños dunha comarca, ao servizo do candidato do goberno; todo iso exemplificouse no Doc. 4, no que Benito Pérez Galdós critica o caciquismo.
O Caciquismo en Galicia e o Fin do Sistema
En Galicia, a presenza do caciquismo era moi abundante; poucas familias salientaban o poder político, polo que se fala de "vicerreinados galegos", salientando os de Bugallal, Gasset e Montero Ríos.
Cando Afonso XIII cumpriu 16 anos, foi nomeado rei e tivo lugar a desarticulación do sistema canovista da Restauración Borbónica.