Historia del Renacimiento Artístico: Características, Etapas y Maestros

Arte y Humanidades4,36 KB

O Renacemento: Unha Nova Concepción da Arte

O Renacemento é unha nova concepción da arte que se desenvolveu nos dous primeiros séculos dos séculos XV e XVI, estivo moi ligado ao humanismo. Os principais obxectivos eran buscar a inspiración a través da contemplación das obras e edificios da antigüidade.

Principales Características do Renacemento

  • A inspiración na antigüidade: Os artistas do Renacemento descubriron a arte da antigüidade. Os pintores e escultores inspiráronse na mitoloxía grecorromana, exaltaron a beleza do corpo humano e melloraron a pintura ao fresco, ademais de inventar outras técnicas como o óleo ou a perspectiva.
  • Unha arte centrada no ser humano: Os artistas renacentistas converteron ao ser humano no centro dos seus intereses artísticos. Os grandes temas relixiosos continuaron sendo importantes, mais tamén se pintaron numerosas escenas cotiás ou retratos burgueses.
  • O novo papel do artista: Os artistas do Renacemento cultivaron moitas artes; por exemplo, Miguel Anxo foi pintor, escultor e arquitecto. Leonardo da Vinci, ademais de pintor, tiña un gran interese científico. Os artistas empezaron a asinar as súas obras e tamén as comercializaban no mercado.

Etapas do Renacemento en Italia

O Renacemento xurdiu en Italia, e as súas principais etapas divídense en dúas:

O Quattrocento (Século XV)

Iniciouse en Florencia e as súas características principais foron:

  • Pintura: Os pintores recrearon a mitoloxía clásica, as escenas relixiosas e o retrato psicolóxico. Para as súas composicións utilizaron as leis da perspectiva.
  • Escultura: Os escultores interesáronse pola representación do corpo humano e pretendían acadar proporcionalidad e harmonía.

O Cinquecento (Século XVI)

A capital da arte trasladouse a Roma e os papas foron grandes mecenas. Os pintores e escultores desta etapa querían dar volume ás súas obras e representar o movemento, as emocións e os sentimentos.

A Expansión do Renacemento en Europa

O Renacemento expandiuse a partir do século XVI como resultado dos contactos con artistas italianos e tamén polo desexo doutros países de mostrar a realidade dun xeito máis fiel.

Alemaña

Os artistas alemáns, despois da reforma luterana, ademais de pintar temas relixiosos, realizaron retratos, paisaxes e cadros mitolóxicos. Alberto Durero foi quen introduciu a estética renacentista italiana; as súas obras mostran a harmonía e a proporción do corpo humano.

Francia

En Francia, a influencia italiana deixouse sentir desde finais do século XV. Baixo o reinado de Francisco I alcanzou o impulso definitivo coa adopción das formas renacentistas, destacando na arquitectura a construción de palacios e castelos.

Glosario de Termos Artísticos

  • Perspectiva: Forma de diminuír os obxectos segundo se alonxan da vista.
  • Mecenas: Persoas ou organizacións que protexen ou promueven a un artista e as súas obras.
  • Plateresco: Estilo arquitectónico que se desenvolveu en España a finais do século XV e principios do XVI.
  • Óleo: Técnica de pintura sobre lenzo ou madeira que se fai empregando cores disoltas en aceite.
  • Fresco: Técnica de pintura realizada sobre unha superficie cuberta con dúas capas de morteiro de cal.
  • Temas mitolóxicos: Xénero pictórico cuxo tema son personaxes ou escenas da mitoloxía usadas de forma profana.
  • Herreriano: Estilo arquitectónico que se caracteriza pola ausencia decorativa, liñas rectas e volumes cúbicos.
  • Sfumato: Técnica pictórica que se obtén superpoñendo varias capas de pintura.

Maestros do Renacemento

O Quattrocento

  • Arquitectos: Brunelleschi
  • Pintores: Sandro Botticelli e Masaccio
  • Escultores: Donatello

O Cinquecento

  • Arquitectos: Bramante e Miguel Anxo
  • Pintores: Leonardo da Vinci, Miguel Anxo e Rafael Sanzio
  • Escultores: Miguel Anxo

Descargar

PDF Word HTML