Historia e Normalización da Lingua Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,65 KB
Nacemento das linguas románicas
O latín, traído polos romanos no s. III a.C., foise diferenciando do latín vulgar falado e converteuse progresivamente nunha lingua románica diferente. O latín vulgar estaba fragmentado en dialectos, a partir dos que se foron formando as diversas linguas faladas en cada territorio.
O romance do noso territorio, o galego-portugués, falábase desde o s. IX e del temos testemuñas escritas. Así xurdiron as linguas romances. Naquela altura, o galego era a lingua na que se expresaban todas as clases sociais da época (reis, nobres, fidalgos, a Igrexa, etc.), o que lle confería un importante carácter administrativo. O monolingüísmo en galego perdurou ata o s. XV, cando foi introducido o castelán como lingua do poder.
Etapas históricas da lingua galega
Tras a marcha dos musulmáns (s. IX-X) e o fortalecemento da lingua galega (s. X-XII), chegou a época de esplendor durante a Idade Media (s. XIII-XV). Neste período, a poesía trobadoresca galaico-portuguesa acadou unha extraordinaria importancia e o galego converteuse na lingua da lírica por excelencia.
Os Séculos Escuros (s. XVI-XVIII) foron unha época de decadencia na que o galego perdeu a súa condición de lingua literaria. Iniciáronse co declive da nobreza galega e a definitiva subordinación do territorio á Coroa de Castela na época dos Reis Católicos, a finais do século XV. A introdución do castelán provocou o declive do galego. Non obstante, o galego continuou a ser a lingua maioritaria falada polo pobo, o que deu lugar a unha situación de diglosia.
A conciencia lingüística
É o conxunto de actitudes do falante respecto da súa propia lingua, a valoración persoal que ten dela e do que esta representa na sociedade. Unha forte conciencia lingüística contribúe a non ter prexuízos. A lingua é un sinal de identidade.
A perda de conciencia lingüística incrementouse nos denominados Séculos Escuros, nos que o galego perdeu case o total contacto coa lingua escrita e converteuse nunha lingua do ámbito familiar, empregada só en situacións informais e vista como un dialecto rústico e vulgar do castelán.
Estereotipos e prexuízos lingüísticos
Os estereotipos son opinións ou ideas xeneralizadas sobre un grupo de xente, unha comunidade, profesións, países, razas, etc. Serven para simplificar e xeneralizar. Por exemplo: “as mulleres son...”. Non teñen por que ser negativos, como na frase: “En Galicia comen marisco todos os días”.
O proceso de normalización
A normalización é o proceso de recuperación por parte dunha lingua das funcións e ámbitos de uso que lle foron usurpados, así como da súa dignidade e a aceptación por parte da comunidade lingüística. A normalización pretende converter unha lingua no vehículo habitual e normal de comunicación entre os cidadáns dunha comunidade en todas as súas actividades. É dicir, pretende regular o idioma para que sexa utilizado de maneira concreta e comprensible por todos os falantes.
Marco legal e normativas oficiais
As principais normativas que amparan e regulan o uso do galego son:
- Constitución Española de 1978
- Estatuto de Autonomía de Galicia
- Lei de Normalización Lingüística (1983)
- Primeira Normativa Oficial (1983), coa súa modificación de 2003
- Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004)
Este último plan consta de 445 medidas destinadas a potenciar o galego para lograr o seu uso por parte da poboación en todos os niveis e funcións.