A Historia do Nacionalismo Galego: Movemento Agrario e Cultura
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,41 KB
MOVEMENTO AGRARIO (1910): causas (sistema foral e impostos abusivos) e obxectivos (abolición dos foros e melloras agrícolas, reclama a formación cultural e ideolóxica do campesiñado).
ACCIÓN GALEGA: fundador (Basilio Álvarez) e conseguiu a supresión foral e o derrumbamento da fidalguía como clase social.
IRMANDADES DA FALA: fundada na Coruña en 1916 (Antón Vilar Ponte, Ramón Cabanillas).
A NOSA TERRA: é o principal voceiro das Irmandades da Fala, publicación que contribuirá a espallar a súa ideoloxía nacionalista e o seu proxecto político.
I ASEMBLEA DAS IRMANDADES DA FALA: obxectivos (a autonomía integral, cooficialidade do galego e do castelán, ingreso na Liga das Nacións, igualdade de dereitos para a muller, creación do Poder Autónomo e dunha Xunta).
SEMINARIO DE ESTUDOS: 1923, coa finalidade de promover o estudo científico e a divulgación de diferentes aspectos da realidade do noso país.
PARTIDO GALEGUISTA: 1931, deputados do Parlamento español (Castelao e Otero Pedrayo), o Estatuto de Autonomía preséntase en 1936.
RAMÓN CABANILLAS: No desterro e Vento mareiro. Temas: ideario agrario, intimismo e costumismo. É considerado o primeiro gran poeta do século XX, xa que foi quen de unir na súa obra a tradición herdada da nosa poesía decimocónica co espírito renovador do novo século. A súa obra O Mariscal trata sobre Pardo de Cela.
GRUPO NÓS (1920): xorde no contexto das Irmandades da Fala de 1918, o voceiro é a revista Nós (1920) e pretende europeizar e universalizar a cultura galega partindo das súas propias raíces. Os seus obxectivos céntranse en suplir as carencias da nosa cultura mediante a súa actualización, universalización e normalización. Os autores son: Risco, Castelao, Otero Pedrayo, López Cuevillas e Losada Diéguez. Características comúns: ampla formación intelectual, un espírito aberto e innovador e o carácter polifacético.
VICENTE RISCO: funda a revista Nós no 1920. Explica a evolución ideolóxica do grupo Nós na obra ensaística Nós, os inadaptados. Mitteleuropa, que é unha crónica da viaxe que realiza por Alemaña. Tres dos seus relatos son: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, O lobo da xente, A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. Destaca na narrativa con O porco de pé e critica á burguesía ourensá. Pasa a ser considerado o teórico do galleguismo coa obra Teoría do nacionalismo galego. Obra teatral: O bufón de El Rei.
RAMÓN OTERO PEDRAYO: a súa obra está caracterizada por: identificación do home galego coa paisaxe e unha fidalguía decadente (novelas curtas). Consegue incorporar a prosa galega á modernidade (novelas longas) co uso e técnicas narrativas propias da novela do século XX: monólogo interior, estilo indirecto libre, alteración da estrutura narrativa ou a mestura de xéneros. Tres novelas curtas: Pantelas, home libre; O purgatorio de don Ramiro e Escrito na néboa. En Arredor de si retrata a evolución ideolóxica da súa xeración. Ten como protagonista Galicia en Devalar. A súa novela máis importante é Pantelas, home libre, de ambientación rural, que trata os elementos que serán constantes na narrativa do autor. Realidades que inclúe: identificación do home galego coa paisaxe e unha fidalguía decadente.
CASTELAO: Características da súa obra: compromiso con Galicia, non identificación co elitismo intelectual e achegamento á realidade de clases populares. Sinxeleza expresiva, humor acedo cargado de ironía. Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete: trata dunha dura crítica chea de ironía da sociedade de principios do século XX. En Cousas, Castelao fusiona o debuxo e os relatos, aspectos líricos e narrativos. Narrativa breve relatos: Cousas, O segredo, O inglés. Os dous de sempre trata dunha serie de relatos en torno ás figuras dos dous protagonistas: Pedriño e Rañolas. Obra ensaística considerada fundamental na historia do nacionalismo galego: Sempre en Galicia, que trata do seu pensamento político, aínda que recolle artigos e discursos sobre Galicia e os seus problemas. Trata a arte popular galega e a arte popular bretona en: As cruces de pedra na Galicia e As cruces de pedra na Bretaña. Teatro: Os vellos non deben namorarse: drama dun vello que se namora dunha moza nova e remata coa morte do protagonista.