Historia da Música: Renacemento, Rock e Instrumentos de Corda

Enviado por Chuletator online y clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,49 KB

Instrumentos Musicais e Historia

Instrumentos de Corda

A Corda Fretada: Características e Funcionamento

O elemento xerador do son é unha corda en vibración tensada entre dous puntos.

A familia da corda fretada compóñense dunha caixa harmónica e dun mastro que termina nun caravilleiro.

  • A altura do son depende da lonxitude, grosor e tensión das cordas.
  • Os instrumentos máis grandes con cordas máis longas e grosas teñen un son máis grave.
  • Para afinalos, ténsanse ou desténsanse as cordas a través das caravillas.
  • A lonxitude do arco é inversamente proporcional ao tamaño do instrumento (o violín ten un arco máis longo e o contrabaixo máis curto e forte).

Música Pop e Rock: Bandas Fundamentais

The Beatles (Desde 1963)

Desde 1963 deron un envorco ás listas de éxitos británicas, pasando a ser o primeiro grupo que exerceu un dominio absoluto no panorama mundial do rock. Compuxeron todos os seus temas.

A Súa Música

Fixeron versións de moitos dos grandes éxitos do rock. A morte do seu manager marcou o comezo da que sería a súa etapa final.

The Rolling Stones

Satisfaction sería o seu maior logro musical. Seguen en activo logo de case 50 anos.

  • O grupo deuse a coñecer facendo versións de temas clásicos de rhythm & blues.
  • Sacaron ao mercado un álbum por ano con cancións orixinais (un son duro, letras provocativas e gran calidade instrumental).

A Música Renacentista

Características da Música Renacentista

  • Desenvolvemento da técnica polifónica: Uso dun conxunto de voces con alturas e timbres diferentes (soprano, contralto, tenor e baixo), e o emprego das linguas vernáculas no canto profano.
  • Substitución do ritmo: O ritmo irregular propio dos cantos gregorianos substitúese por outro máis regular.
  • Cambios harmónicos: A sonoridade característica será o resultante da superposición de terceiras.

O Primeiro Renacemento (Século XV)

Na primeira metade do século XV xurde unha nova linguaxe musical achegada por músicos do norte de Francia e dos Países Baixos, chamados franco-flamencos.

A maior parte da súa produción é música vocal relixiosa, especialmente misas e motetes. Esta música debe moito ás achegas inglesas que se mesturaron con outras de orixe francés.

Coas súas viaxes por Europa, traballando en cortes e capelas, conseguiron converter o novo estilo en internacional.

Músicos Destacados e Estilo

Destacan Dufay, Deprès e Ockeghem; este último desenvolveu unha música baseada en complexos planteamentos matemáticos. A principal característica é a aparición do contrapunto imitativo.

Conceptos Clave do Renacemento

Que caracteriza o Renacemento?
Caracterízase pola exaltación de valores puramente humanos (a beleza, o valor, a razón) e por un interese renovado pola cultura da antigüidade clásica.
Cando e onde se leva a cabo?
Desde principios do século XV ata finais do século XVI, no norte de Francia.
Razón de que nazan estilos nacionais?
Porque cara ao 1520 acentúase nos Estados Europeos a importancia dunha música propia.
Que é o Lied e onde aparece?
Significa "canción". Combina melodías alemás cunha técnica contrapuntística. Aparece en Alemaña.

Entradas relacionadas: