Historia Moderna: Capitalismo, Reforma e Arte do Renacemento

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,5 KB

Orixes da Idade Moderna: Economía e Relixión

A Burguesía e o Capitalismo Comercial

O que caracteriza a burguesía e a diferenza doutros elementos sociais é que o seu poder económico non se baseaba na propiedade das terras, senón na posesión de capital, o cal lles proporcionaba beneficios. Deste xeito xurdiron as primeiras empresas capitalistas e asentáronse as bases sólidas do capitalismo comercial.

A Reforma Protestante e a Crise da Igrexa

As prácticas da Igrexa que levaron a Martiño Lutero a iniciar a Reforma foron:

  • O luxo da xerarquía eclesiástica.
  • A escasa cultura e a relaxación dos costumes do clero.
  • A compravenda de cargos eclesiásticos.
  • A venda de bulas e indulxencias.

A Contrarreforma e o Concilio de Trento

O Papa convocou o Concilio de Trento para frear a expansión do protestantismo e iniciar un proceso de renovación da Igrexa coñecido como Contrarreforma. Os seus obxectivos eran:

  • Corrixir os erros da Igrexa.
  • Establecer dogmas e ritos de obrigado cumprimento para os católicos.
  • Reforma de numerosas Ordes relixiosas.

A Inquisición e o Auto de Fe

A Inquisición tratábase dun tribunal eclesiástico encargado de perseguir e castigar a quen se desviaba dos dogmas da Igrexa. A Inquisición sometía os sospeitosos de herexía a un xuízo público chamado auto de fe. Nesta cerimonia, os condenados debían abxurar publicamente das súas crenzas; se o facían, podían retornar ao seo da Igrexa e, se non, eran condenados, nalgúns casos á fogueira.

Humanismo e Renacemento

O Humanismo: O Ser Humano no Centro

Os humanistas descubriron os autores da Antigüidade e promoveron unha nova cultura que poñía o ser humano no centro do mundo. O redescubrimento do mundo clásico revolucionou o pensamento medieval porque situaba de novo o ser humano no centro da natureza (antropocentrismo).

O Retrato no Renacemento

No Renacemento produciuse un grande interese polo retrato pola revalorización do individuo. Os príncipes, nobres e burgueses quixeron deixar a súa imaxe para a posteridade. Os artistas renacentistas pintaban autorretratos para remarcar a súa orixinalidade.

Artistas e Disciplinas Renacentistas

O Renacemento caracterizouse pola busca da harmonía, a proporción e o clasicismo:

Arquitectos

  • Características: Espazo armónico con uso de elementos sinxelos e ordenados, simetría.
  • Artistas destacados: Brunelleschi, Bramante, Miguel Anxo.

Pintores

  • Características: Recreación da mitoloxía clásica, gusto por mostrar a natureza.
  • Artistas destacados: Botticelli, Masaccio, Leonardo da Vinci, Miguel Anxo, Rafael.

Escultores

  • Características: Representación do corpo humano en proporción e harmonía, estudo dos movementos.
  • Artistas destacados: Donatello, Ghiberti, Miguel Anxo.

O Reto da Terceira Dimensión na Pintura

É tan difícil plasmar a terceira dimensión na pintura que constitúe todo un reto, posto que obriga a representar un mundo tridimensional nunha superficie plana. A única forma de crear a impresión de profundidade era superpoñer as figuras ou os escenarios, ou ben facer máis grandes as figuras en primeiro termo e máis pequenas as máis afastadas, pero sen gardar ningunha proporción (nas etapas iniciais).

Particularidades da Pintura Burguesa

As particularidades que representa esta arte son:

  • O gusto polo detalle e polo realismo.
  • O escaso uso dos temas mitolóxicos e dos temas relixiosos.
  • O desenvolvemento do paisaxismo e das escenas cotiás.

Isto é reflexo dunha sociedade burguesa que compraba obras de arte.

Conceptos Clave e Definicións

Mecenas
Nobres e príncipes que financiaron as obras dos artistas do Renacemento.
Sfumato
Técnica pictórica que permite aplicar a perspectiva aérea esvaecendo os contornos e os detalles e modificando as cores.

Elementos Arquitectónicos Clásicos

Os principios da arquitectura renacentista son a orde, a simetría, o equilibrio e o clasicismo. Algúns elementos clave son:

  1. Lanterna
  2. Cúpula
  3. Tambor
  4. Friso
  5. Capitel dórico
  6. Columna
  7. Frontón
  8. Podio

Entradas relacionadas: