Historia Medieval de Galicia: Reinos, Priscilianismo e Invasións Viquingas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 12,63 KB
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Vestibulum a ante ut purus aliquam pellentesque. Suspendisse potenti. In sit amet risus quam, et egestas mauris. Nunc feugiat risus ut est facilisis condimentum. Sed et turpis velit, sit amet pharetra lacus.
O Reino Suevo e o Priscilianismo en Gallaecia
Esplendor Cultural e Martiño de Dumio
Durante o reino suevo, a principios do século V, deuse un esplendor cultural arredor dos mosteiros. Destaca a relevante figura do bispo Martiño de Dumio. Este creou unha rede de mosteiros, organizou o territorio en parroquias e enfrontouse ao priscilianismo.
O Priscilianismo: Doutrina e Impacto
O priscilianismo era unha doutrina cristiá ascética predicada por Prisciliano (século IV) que instaba a abandonar a riqueza e a opulencia da Igrexa e concedía grande liberdade e importancia ás mulleres.
De orixe nobre (segundo nos conta Sulpicio Severo), Prisciliano pretendía renovar a Igrexa oficial. Condenaba a escravitude, empregaba bailes na liturxia, defendía unha maior liberdade para as mulleres e negábase a condenar algúns textos apócrifos. Tamén defendía un achegamento á pobreza, especialmente por parte dos representantes da Igrexa. Así, espertou os recelos de boa parte da xerarquía eclesiástica.
Os seus primeiros seguidores eran de extracción social culta, e entre eles había moitas mulleres (Prisciliano defendía un papel activo para as mesmas no seo dos templos). Sen embargo, o priscilianismo calou profundamente nas clases baixas.
Aínda non está confirmada a súa orixe, mais moitos historiadores sosteñen que era galaico. De feito, o priscilianismo acadou en Gallaecia un grande éxito. Tanto é así que o movemento priscilianista permaneceu en Galicia longo tempo tralo asasinato do bispo, mesturándose con certas reivindicacións sociais. Incluso o monxe Baquiario ten dito: “como son galego din que son priscilianista”.
O Reino Suevo de Gallaecia
O reino suevo de Gallaecia é considerado o primeiro reino de Europa (411), sendo Hemerico o seu primeiro rei suevo. A súa capital estaba en Braga. No 585 foi anexionado polo reino visigodo, pero mantendo certa autonomía.
Requiario foi o primeiro monarca suevo en abrazar o catolicismo. Ascendeu ao trono no 448 trala morte do seu pai Requila (o segundo monarca suevo).
Prisciliano sería acusado de herexía e bruxería por mandato imperial e executado, xunto con algúns dos seus seguidores máis cultos e relevantes, en Tréveris. Dende alí, os seus discípulos levarían o seu corpo para enterralo en terras galaicas.
Os Reinos Francos
Os reis francos foron deixando pouco a pouco o poder nas mans dos mordomos de palacio. Destaca a figura de Carlos Martel, quen guiou a vitoria contra os musulmáns na Batalla de Poitiers (732).
Carlos Martel
- Mordomo de palacio.
- Derrotou aos musulmáns na Batalla de Poitiers (732).
- Destronou ao último monarca franco e fíxose coroar rei (751).
Carlomagno e o Imperio Carolinxio
Carlomagno sucedeu a Pipino no trono no 768. Someteu aos saxóns, conquistou o reino lombardo de Italia e apoderouse dalgúns territorios da Península Ibérica. Impuxo o cristianismo aos pobos sometidos e tal era o seu poder que o Papa o coroou como o “novo emperador de Occidente”.
Estableceu o seu palacio en Aquisgrán, na beira do Rin, que se consolidou como centro de poder dun Imperio que organizou en:
- Condados: correspondían co territorio dunha cidade, administrados por condes.
- Marcas: territorios fronteirizos, cun exército ao mando dun marqués.
Ambos (marqueses e condes) eran nomeados directamente polo emperador e vixiados (xunto cos bispos) polos missi dominici, unha especie de inspectores.
A Partición do Imperio Carolinxio
Á morte dun rei franco, o reino dividíase entre os seus fillos, e os carolinxios continuaron con esta costume. Cando o fillo de Carlomagno morreu, o Imperio Carolinxio dividiuse entre os seus descendentes:
- Carlos o Calvo recibiu a parte occidental.
- Luís o Xermánico a zona oriental.
- Lotario o territorio entre estes dous.
Tras a morte de Lotario (870), o seu territorio dividiuse entre os outros dous reinos. Naceron así o Reino de Francia e o Sacro Imperio Romano Xermánico. Debido ás constantes loitas entre si, os irmáns asinaron no 843 o Tratado de Verdún, onde se recoñecía a repartición do Imperio.
Os Reinos Cristiáns Hispánicos
Tras a invasión musulmá (711), os nobres e eclesiásticos visigodos refuxiáronse nas zonas montañosas do norte da Península. Alí xurdiron, nos séculos VIII e IX, os reinos e condados cristiáns. O Reino Astur-Leonés creouse na Cordilleira Cantábrica, e o Reino de Navarra e, máis tarde, os condados aragoneses e cataláns na zona dos Pireneos.
O Reino Astur-Leonés
Entre aqueles que se refuxiaron nas montañas asturianas fuxindo do avance musulmán atopábase Pelaio, un nobre visigodo que, tras a Batalla de Covadonga no 722, acadou prestixio e poder para crear o Reino de Asturias e establecer a súa corte en Oviedo (século VIII).
O Reino de Asturias foi ampliándose cara o sur e cara o oeste, acadando a máxima expansión con Afonso III (886-910), quen dividiría o reino entre os seus tres fillos (Galicia para Ordoño II, León para García, e Asturias para Fruela II). No século X, a capital trasladouse a León, pasando a chamarse Reino de León.
Da Marca Hispánica aos Reinos e Condados Pirenaicos
A zona dos Pireneos formaba parte do Imperio Carolinxio, xa que era onde Carlomagno fundara a Marca Hispánica. No século IX, coa disolución do Imperio Carolinxio (que rematou dividíndose no Reino de Francia e o Sacro Imperio Romano Xermánico), estas rexións independizáronse e xurdiron tres núcleos:
- Navarra: Íñigo Arista expulsou ás tropas francas de Pamplona e proclamouse o primeiro rei de Pamplona. O Reino de Pamplona expandiuse cara o sur, transformándose no Reino de Navarra.
- Aragón: Algo similar aconteceu nos vales centrais pirenaicos, onde o conde Aznar Galíndez estableceu o seu dominio sobre o Condado de Aragón.
- Os Condados Cataláns: A parte oriental dos Pireneos mantívose en dominio franco ata finais do século IX, cando Wifredo o Piloso expandiu os seus territorios e os gobernou con autonomía. Dada a boa relación dos condados cataláns cos califas de Córdoba, existiu unha época de estabilidade durante estes séculos e ata o século X non se consolidaría a súa independencia.
O Camiño de Santiago: Orixe e Lenda
Santiago era un dos discípulos de Xesús que, tras a morte deste, dedicou a súa vida a expandir a mensaxe sagrada. Contan que predicando chegou a terras hispánicas e incluso á fin do mundo (o finis terrae) galaico. Ao principio foi vilipendiado, pero finalmente a súa mensaxe comezou a calar en terras galaicas. Rematada a súa misión, volveu a Xerusalén onde sería decapitado por Herodes.
Contan que os seus discípulos colleron o seu corpo e fuxiron nunha barca de pedra ata Gallaecia, remontando o río Ulla e chegando a Iria Flavia, onde amarraron a barca a un miliario (“o Pedrón”).
En Iria Flavia, contan que reinaba Lupa, unha raíña pagana que poría diversos obstáculos aos discípulos de Santiago (Teodoro e Atanasio) antes de permitirlles enterrar o seu corpo inerte e converterse ela mesma ao cristianismo.
Durante oito séculos, a tumba do apóstolo permaneceu escondida ata que no século IX, o lugar se revelou ante un campesiño. Unhas estrelas e luminiscencias sinaláronlle o lugar no 813.
O campesiño contaríalle o seu inesperado descubrimento a Teodomiro, o bispo de Iria Flavia quen, á súa vez, viaxaría a Oviedo (capital do reino) para informar a Afonso II, o Casto, que se convertería no primeiro peregrino xacobeo. O percorrido de Afonso II dende Oviedo ata onde se atopaba a tumba do apóstolo é o que agora se coñece coma o Camiño Primitivo. Alí, xunto á presunta tumba do apóstolo, construiríase un templo que se iría ampliando ao longo dos séculos.
Época de Inestabilidade e Novas Invasións
Na segunda metade do século IX, Europa estaba dividida en numerosos Estados e reinos (Reino de Francia, Sacro Imperio Romano Xermánico, Reino de León, Reino de Navarra…). As guerras entre eles debilitaron a súa capacidade defensiva e o poder dos reis. Isto facilitou a chegada de novos invasores que arrasaron Europa:
- Viquingos ou Normandos: Procedentes de Escandinavia. Realizaron expedicións de saqueo, pero acabaron por establecerse nos territorios atacados (Norte de Europa).
- Maxiares ou Húngaros: Procedentes das estepas de Asia. Fundaron o Reino de Hungría. Arrasaron pobos e cidades (especialmente en Italia e Francia), ás veces como saqueadores e outras como mercenarios (Leste de Europa).
- Sarracenos: Piratas musulmáns procedentes do Norte de África e algúns de España. Dedicáronse a saquear as costas europeas (Sur de Europa).
Incursións Viquingas en Galicia (Séculos IX-XII)
As primeiras invasións viquingas nas costas galegas datan de mediados do século IX. Aquí chegaron atraídos polas riquezas que, crían, auguraba a terra do Apóstolo Santiago. Así era como a chamaban: Jakobsland.
Primeiras Invasións Viquingas
No 844 asediaron Galicia por primeira vez, asaltando algunhas aldeas e achegándose á Torre de Hércules da Coruña, a carón da cal foron derribadas 150 embarcacións (os drakares) escandinavas. Catro anos despois, volverían coa intención de chegar a Santiago de Compostela, cidade que lograron sitiar logo de saquear a diocese de Iria Flavia.
Segundas Invasións Viquingas
No século X, cen naves viquingas atravesaron a Ría de Arousa para dirixirse a pé ata Santiago de Compostela. Na Batalla de Fornelos, preto do río Louro, os viquingos venceron ao exército que o bispo Menéndez conseguiu reunir, arrasaron Compostela e espalláronse por Galicia ata chegaren ata o Courel.
O bispo de Lugo conseguiu defender a cidade, mais os viquingos destruíron as terras de Bretoña (a actual Mondoñedo). Estiveron varios anos por terras galegas saqueando e, cando transportaban o botín aos barcos, un conde galego (Gonzalo Sánchez) venceunos na Ría de Ferrol e queimou as súas naves.
Terceiras Incursións Viquingas
A partir do século XI, as incursións viquingas foron máis ocasionais. Atacaron diversos territorios galegos como Betanzos ou Tui.
No ano 1028, o viquingo Ulf, o Galego, dirixiu unha expedición que foi detida polo exército do bispo de Compostela. Este reforzou a Ría de Arousa, por onde os viquingos adoitaban entrar, construíndo en Catoira as Torres do Oeste.