Historia da Literatura Galega: Da Idade Media á Ilustración

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,5 KB

Os Epígonos Trobadorescos

Chamado así o período comprendido entre 1350 e a definitiva substitución das formas medievais polas novidades renacentistas. Ata datas recentes falábase da decadencia da escola trobadoresca para referirse a este tempo. Dende outra perspectiva vese un verdadeiro tránsito dende a tradición galega no xénero do amor cortés cara a novos modelos. Os epígonos considéranse en dous conxuntos principais:

  • Os epígonos en Castela: 60 ou 70 textos.
  • Os epígonos en Portugal: o Cancioneiro Xeral de Garcia de Resende.

Séculos Escuros: Contexto e Lingua Galega

Ao longo dos séculos XV e XVI Galicia vive unha progresiva dislocación e perda de poder que se traduce nos seguintes apartados:

  • O sometemento da nobreza.
  • A reforma do clero.
  • A colonización de América.

A decadencia política trouxo consigo consecuencias inmediatas no terreo lingüístico-cultural: o galego vai ser substituído progresivamente, ata a súa desaparición como lingua en altos cargos, entrando nun período de escurecemento que durou 300 anos. Todo o anterior, xunto coa conxuntura socioeconómica e demográfica do país galego, traza un cadro de expansión durante a maior parte do século XVI. Por outro lado, a perspectiva europea do momento determina que Galicia viva unha breve xeira na cal se revalorizou o seu papel estratéxico-militar dentro da política seguida pola Monarquía Hispánica. Nese sentido, membros da nobreza galega cobran un papel protagonista, como Diego Sarmiento de Acuña. Durante este tempo o galego continuou a ser a lingua oral maioritaria de Galicia. Coa escolarización e a chegada dos novos medios de comunicación e coa creación do estado moderno, introdúcese o castelán nas capas medias.

Literatura Culta Galega: Séculos XVI-XVIII

Durante un breve espazo de tempo conformouse unha pequena corte da que o resultado é unha presada de textos líricos e teatrais:

  • Conservamos a Canción galega en loor de Don Diego das Mariñas Parragues.
  • No século XVII teñen relevancia dous documentos recollidos no xa citado Exequias da Raíña Margarida.
  • Tamén procedentes desta mesma centuria consérvanse as denominadas Décimas ao Apóstolo Santiago.
  • En canto ao teatro, apenas conservamos documentos en galego nesas datas.
  • Do século XVI posuímos o Diálogo de Alberte e Bieito.
  • Do século XVIII data o chamado Entremés do Portugués.
  • O documento máis importante deste período é a peza de Gabriel Feixó, A contenda dos labradores de Caldelas.

A Ilustración en Galicia: Ideas e Autores

O século XVIII supuxo para Galicia a chegada e espallamento das ideas ilustradas. É unha etapa a medio camiño entre os Séculos Escuros e o Rexurdimento. Aparecen sociedades xeográficas, económicas, culturais... cuxo obxectivo era o estudo da realidade do país. A discusión e debate arredor da historia de Galicia son un produto da Ilustración. Hai que recorrer aos ilustrados galegos para procurar as raíces do interese pola realidade galega. Canto a autores, destacan o Cura de Fruíme, o Padre Feixó, Xosé Andrés Cornide e Frei Martiño Sarmiento.

Prosa Medieval: Ciclos Temáticos

Segundo o poeta francés do século XIII Jean Bodel, destacan tres materias dignas de tratamento literario:

  1. Materia de Francia: os cantares de xesta.
  2. Materia de Roma: relatos da antigüidade greco-latina (guerras de Troia...).
  3. Materia de Bretaña: narración arredor do Rei Artur e os Cabaleiros da Mesa Redonda.

Materia de Bretaña

O certo é que a definitiva expansión para a narrativa artúrica procede da obra de Chrétien de Troyes, entre 1160-1190. Dado o seu éxito, foron numerosas as continuacións e versións do relato, inacabado, do autor francés. A medida que isto aconteceu, identifícase a Artur e os Cabaleiros da Mesa Redonda como Cristo e os discípulos na Última Cea. Fixeron materia de Bretaña en varias linguas. Na actualidade conservamos na península diferentes textos, en galego-portugués, que fan referencia a este ciclo:

  • O Libro de Xosé de Arimatea.
  • O Libro de Merlín.
  • A Demanda do Santo Graal.

Materia de Troia

A Guerra de Troia, cantada por Homero, era considerada por Jean Bodel digna de tratamento literario. Durante a Idade Media non foron a Ilíada e a Odisea os textos fundamentais acerca da lenda troiana. Conservamos no noso espazo dous textos que forman parte desta materia:

  • A Crónica Troiana.
  • A Historia Troiana.

A Pastorela e Xéneros Menores Trobadorescos

Ademais dos tres grandes xéneros, e do coñecido Cancioneiro de Santa María, o lirismo trobadoresco galego-portugués conta cun conxunto de composicións que non resultan tan coñecidas, xa que a súa autonomía e identidade non é propia. Fálase dun xénero menor, no que destaca a pastorela:

  • Un cabaleiro atopa unha fermosa pastora mentres cabalga ou camiña polo campo.
  • Seducido e namorado dela, solicítalle os seus amores.
  • Prodúcese un diálogo entre os dous.
  • A pastora acepta, ou non, as propostas deste.

Tamén salientan nos xéneros menores: lais, prantos, cantigas de seguir.

Entradas relacionadas: