Historia e Literatura Galega: Do Rexurdimento aos Textos Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,55 KB

Os Séculos Escuros e o Rexurdimento da Lingua Galega

1. Que época da historia da nosa lingua se coñece como galego medio? Sinala 6 características deste período.

A etapa do galego medio abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII.

  • Época de decadencia para o galego.
  • Uso exclusivo do castelán e latín na Igrexa.
  • Educación en escolas en castelán e latín.
  • Substitúese a nobreza galega.
  • Chegada de cregos casteláns.
  • Chegada de funcionarios casteláns.

2. Que cambios supuxo para o galego a chegada dos ilustrados no século XVIII?

Un grupo de ilustrados denuncia a situación de marxinación e atraso que sofre Galicia e procuran a dignificación do idioma. Defenden o valor da nosa lingua como idioma de cultura e inician os primeiros estudos lingüísticos sobre o galego. Recuperan, ademais, o seu cultivo literario, o que servirá de base para o Rexurdimento do século seguinte.

3. Define o concepto de diglosia.

A diglosia prodúcese cando dúas linguas en contacto teñen diferentes status, de tal xeito que unha é lingua de prestixio e a outra é considerada inferior.

4. Que avances para o galego se deron no século XIX? Cita todos os posibles.

O galego, no século XIX, sufriu unha época de rexurdimento, coa reaparición do seu cultivo literario, a aparición da prensa en galego, os primeiros dicionarios e gramáticas e a aparición das primeiras editoriais. Por outro lado, o galego foi expandíndose. En xeral, o século XIX supuxo un período no que se avanzou moito fronte á erradicación da diglosia.

5. Por que o período que vai do século XVI ao XVIII coñécese como Séculos Escuros?

Durante estes séculos, a lingua galega, ante as presións da lingua castelá, perde o seu anterior prestixio e vese relegada ao ámbito oral e familiar. Así, a literatura galega emudece e vese privada dunha continuidade. Porén, conservamos algunhas mostras literarias.

6. Por que o período do século XIX da nosa literatura se coñece como Rexurdimento?

Chámaselle Rexurdimento ao período do século XIX porque é a reaparición e rexurdimento da literatura galega que se inicia en 1863 coa publicación de Cantares Galegos.

7. Localiza cronoloxicamente o Rexurdimento pleno. Que autores destacaron nesta época?

O Rexurdimento pleno iníciase en 1863 coa publicación de Cantares Galegos.

Os Textos Argumentativos

1. A súa finalidade é…

A finalidade dos textos argumentativos é persuadir ou convencer os receptores.

2. As súas características xerais son…

  • A defensa dun punto de vista.
  • A achega de información e argumentos para probar as ideas expostas.
  • Presenta unha opinión acerca dun tema.

3. A súa estrutura é…

  • Presentación da tese que se quere probar.
  • Exposición dos argumentos para defender a tese.
  • Recapitulación e confirmación da tese.

4. As súas características lingüísticas son…

  • Predominio de oracións enunciativas.
  • Interrogacións retóricas.
  • Adxectivos valorativos.
  • Verbos de opinión.
  • Emprego da primeira ou segunda persoa.
  • Citas e argumentos de autoridade.
  • Enumeracións acumulativas dos argumentos.
  • Conectores (contraste, causa, consecuencia, rectificación, orde).

Os Textos Expositivos

1. A súa finalidade é…

A súa finalidade é informar e divulgar coñecementos ou explicar ideas.

2. Os seus dous tipos principais son…

  • Divulgativos.
  • Especializados.

3. As principais características dos textos divulgativos son…

  • Van dirixidos ao público xeral.
  • Non requiren coñecementos previos sobre o tema.
  • Empregan unha linguaxe sinxela e clara, un vocabulario común, con poucos tecnicismos.

4. As principais características dos textos especializados son…

  • Van dirixidos a especialistas na materia.
  • Requiren coñecementos previos sobre o tema.
  • Empregan un léxico especializado (tecnicismos).

5. Exemplos de cada un dos textos anteriores.

Textos Divulgativos:

  • Unha guía turística.
  • Un folleto.
  • Unha entrada de enciclopedia.
  • Unha carta.
  • Unha conferencia.
  • Unha reportaxe.

Textos Especializados:

  • Un artigo de investigación.
  • Un informe técnico ou científico.
  • Unha conferencia científica.
  • Unha obra de ensaio.
  • Unha ponencia.

6. A estrutura do texto expositivo presenta as seguintes tres partes:

  • Introdución: presenta o tema que se vai expoñer.
  • Corpo ou desenvolvemento: contén a explicación detallada.
  • Conclusión: pecha o texto, resumindo os puntos máis relevantes e recollendo a idea principal.

7. O corpo pode adoitar as seguintes formas:

  • Estrutura de enumeración descritiva.
  • Estrutura de secuencia temporal.
  • Estrutura de comparación-contraste.
  • Estrutura de causa-efecto.
  • Estrutura de problema-solución.

8. As catro características xerais dos textos expositivos que permiten que estes acaden os seus obxectivos son:

  • Claridade.
  • Concisión.
  • Obxectividade.
  • Organización.

Rosalía de Castro

1. Cales son as obras máis importantes de Rosalía?

As obras máis importantes de Rosalía son:

  • Cantares Galegos
  • Follas Novas

2. Cando se publicou Cantares Galegos? Por que é tan importante esta data?

Cantares Galegos publicouse o 17 de maio do ano 1863, data de aniversario de Cecilia Boël de Falier. Cen anos despois, polo centenario da obra, establécese como “Día das Letras Galegas” o 17 de maio. O ano 1863 é tamén considerado como data do Rexurdimento Galego.

3. Cales son os principais temas de Cantares Galegos?

  • Temática costumista.
  • Temática amorosa.
  • Temática intimista.
  • Temática social-patriótica.

4. Que obxectivos tiña Rosalía cando escribiu Cantares Galegos?

  • Dignificación e exaltación de Galicia (paisaxe, xente...).
  • Denuncia das inxustizas e da marxinación que Galicia padece: pobreza, abandono, incomprensión, emigración...
  • Reivindicación do idioma galego.

5. Que é unha glosa?

Unha glosa é unha composición poética elaborada a partir duns versos que aparecen no inicio e que se van desenvolvendo e explicando.

6. Cales son as dúas principais liñas temáticas de Follas Novas?

  • Temática social: Afonda nas inxustizas que padecen o noso país e os seus habitantes, e a causa da emigración masiva dos mozos galegos.
  • Temática intimista: Rosalía presenta as súas inquietudes persoais: o paso do tempo, a dor, a morte, a saúde.

7. Sinala todas as diferenzas que poidas atopar entre esta obra e o seu libro anterior.

As principais diferenzas son:

  • Fronte ao optimismo de Cantares Galegos, Follas Novas é unha obra pesimista.
  • Rosalía continúa algúns dos temas da obra anterior, pero agora predomina o intimismo e a poesía social.
  • A métrica de Follas Novas é moito máis orixinal que a de Cantares Galegos.

Entradas relacionadas: