Historia da lingua galega: do franquismo á normalización

Otras materias5,58 KB

A lingua galega: da Guerra Civil á democracia

O galego de 1936 a 1975: contexto histórico e situación sociolingüística

O levantamento militar de Franco deu lugar a unha guerra que duraría tres anos, aínda que en Galicia triunfou rapidamente. Os organismos, institucións e editoriais que tanta influencia tiveran chegaron á súa fin en 1936, coa única excepción da Real Academia Galega (RAG). Os anos posteriores á guerra foron totalmente estériles para a produción en lingua galega: apenas algunha reedición e un par de libros. Pero, sen dúbida, o ano clave deste período é 1950, cando se crea a Editorial Galaxia. Esta editorial exerce un papel fundamental na recuperación da lingua galega, conseguindo recuperar os autores silenciados ou exiliados a partir do 36 e, ao mesmo tempo, dar cabida a novas xeracións. Galaxia publica en 1951 O Grial, pero é prohibido polo réxime ata que, no ano 1963, reaparece. Precisamente ese ano, a RAG instaura o Día das Letras Galegas, créase a asociación cultural O Facho na Coruña, fúndase o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG), que intentan recuperar o idioma para os usos públicos orais, etc. A partir de 1960, Galicia comeza un proceso de grandes cambios culturais, políticos, económicos e sociais.

Características lingüísticas fundamentais

Os autores da editorial Galaxia decantábanse polas Normas do Seminario, reducindo o uso do apóstrofo, o guión e os tildes. Ademais, tenderon a moderar os excesos enxebrizantes da etapa de preguerra. Na Universidade de Santiago de Compostela deron novas importantes na década de 1960, sobre todo a incorporación, de xeito opcional, de estudos de lingua e literatura galegas na licenciatura de Filosofía e Letras. A comezos dos 70, a Real Academia Galega asume o seu labor na codificación do idioma.

O galego de finais do século XX e comezos do XXI

Contexto histórico e situación sociolingüística

O rural segue tendo moito peso demográfico na sociedade galega, xa que, no proceso de urbanización, a substitución lingüística do galego polo castelán segue imparable. A pesar disto, o galego segue sendo a lingua maioritaria de Galicia. En calquera caso, os progresos cualitativos do galego non foron quen de reducir o avance cuantitativo do castelán, e as altas expectativas depositadas nos novos tempos víronse totalmente frustadas.

Marco lexislativo

Coa aprobación da Constitución española en 1978, nace o Estado das Autonomías. Ata 1981 non se aproba en Galicia o Estatuto de Autonomía, que supón o recoñecemento do galego como lingua propia e cooficial, xunto co castelán. En 1983 aprobouse a Lei de Normalización Lingüística para levar a cabo o artigo quinto da Constitución. Precisamente a raíz dela, o goberno central do momento interpuxo ante o Tribunal Constitucional un recurso por causa do seu artigo primeiro. O Tribunal Constitucional resolveu a favor do goberno central e en contra do galego, polo que o artigo foi modificado. Pero hai que esperar máis de dúas décadas para que se elabore e aprobe, no ano 2004 por unanimidade de todos os partidos políticos, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Unha parte importante das medidas centráronse no ensino, o que favoreceu a creación de novas editoriais, etc. No ámbito dos medios de comunicación, sen dúbida o feito máis importante foi a creación da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), que comezou a emitir en 1985.

Atributo e predicativo

Atributo

É un constituínte obrigado das estruturas sintácticas con predicados copulativos (ser, estar, parecer) que funcionan como nexo entre o suxeito e o atributo. O atributo debe concordar co suxeito en xénero e número e co predicado en número.

Predicativo

É semellante ao atributo, pero dáse nas estruturas sintácticas predicativas e non nas atributivas. Pode complementar o suxeito ou o complemento directo e ten que concordar con eles en xénero e número. Nalgúns casos pode desempeñar a función de predicativo ou de modificador, dependendo do significado.

Campos semánticos e definición de palabras

O signo lingüístico

O signo lingüístico consta de dous elementos indisolubles: significante e significado. Non hai unha relación natural entre eles, polo que se fala de arbitrariedade. Para estudar o significado hai que distinguir entre sentido (calidade necesaria) e referencia (é a entidade física á que se refire un significante dado).

A semántica e o campo semántico

A semántica estuda as palabras desde o punto de vista dos seus significados. As unidades semánticas, unidades mínimas de significado, reciben o nome de trazos semánticos ou semas. Un campo semántico é un conxunto de palabras que teñen en común polo menos un sema ou trazo semántico.

A definición semántica das palabras

Para definir a estrutura dun campo semántico hai que considerar primeiro as palabras que o forman; despois, esas palabras son analizadas en semas. Para definir o campo cómpre precisar os trazos semánticos comúns a todas as palabras consideradas. Logo hai que indicar o sema ou semas que opoñen o significado de cada unha desas palabras a todas as demais pertencentes ao mesmo campo semántico.

Descargar

PDF Word HTML