A Historia do Galego no Século XX: De 1900 ao Rexurdimento Democrático
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,47 KB
O Galego no Primeiro Terzo do Século XX (1900-1936)
Neste período, que abrangue dende 1900 ata o comezo da Guerra Civil en 1936, xorden diversas iniciativas e fundacións a prol do galego.
Iniciativas Fundamentais e Movementos Culturais
- 1906: Real Academia Galega (RAG): Xorde a RAG, presidida por Manuel Murguía. O seu lema é: «Recolle, corrixe e renova», e ten como finalidade velar pola pureza da lingua.
- 1912-1915: Liga Agraria de Acción Galega: Un movemento moi importante é o realizado pola Liga Agraria de Acción Galega, con personaxes destacados como Ramón Cabanillas.
- 1916: As Irmandades da Fala: Xorde na Coruña a primeira Irmandade da Fala, que se estenderá por Santiago, Lugo e outras vilas de Galicia. Suporá unha fundación de acción social, cultural, artística e política, sendo precursora do nacionalismo galego.
A Expansión Intelectual e Política
En 1920, a partir das Irmandades, xorde a Revista Nós (1920-1936). Integramente en galego, suporá un foco cultural que abrirá paso a:
- Unha expansión de escritores (Grupo Nós).
- Unha xeración literaria (Xeración Nós).
- Unha etapa histórica do galego (Época Nós).
Entre os intelectuais do grupo destacamos a Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas.
O reflexo do galego nas mans de estudantes obsérvase na creación do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936), o cal publicará estudos e investigacións sobre a lingua.
A aparición do galego na política consumarase coa aglomeración de grupos nacionalistas, autonomistas e republicanos nun único partido, o Partido Galeguista (PG), cuxa máxima figura será Castelao, clave na creación do Estatuto de Autonomía de 1936.
A partir desta expansión da lingua, revelaranse numerosos estudos, publicacións e editoriais a favor da volta do galego. Este período de auxe estenderase ata 1936, co estoupido da Guerra Civil e coa prohibición de todo órgano cultural e político do momento.
O Galego Durante o Franquismo (1936-1975)
Contexto Histórico e Situación Sociolingüística
En 1936, o estoupido da Guerra Civil supuxo o detemento de todo órgano cultural a prol do galego. Pero, pese á oficialidade exclusiva do castelán no Estado, no ambiente familiar, a nosa lingua seguiu a ser o vehículo de comunicación, imposibilitando a súa erradicación.
A Resistencia desde o Exilio e a Clandestinidade
Os intelectuais obrigados a cruzar o océano supuxeron un importante foco revolucionario, convertendo Bos Aires no seu centro, onde crearán editoriais e publicacións de exclusividade galega.
De volta a Galicia, en 1944, o Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento» retoma a actividade. En 1947, Cámaras Verdes sae á luz como primeira obra literaria en galego deste período, propiciando o fomento da nosa lingua. Destaca o nacemento en 1950 da editorial Galaxia, creadora da colección Illa Nova.
Tamén se recuperan as Festas Minervais, que comezarán a ter participación en galego. Dos seus gañadores sairán personalidades como Xosé Luís Méndez Ferrín.
A Década dos 60: Política e Normalización
Na década dos 60, o galego súmase á política de maneira clandestina, reivindicando o nacionalismo a través das organizacións de esquerda como a UPG (Unión do Pobo Galego) e o PSG (Partido Socialista Galego). Tamén apareceron novos traballos sobre o galego, como Gramáticas ou Dicionarios; e xorden asociacións culturais de labor ideolóxico como O Galo en Santiago.
En 1963, cen anos despois da publicación de Cantares Gallegos, conmemórase a Rosalía de Castro no Día das Letras Galegas (17 de maio), celebración que a partir de entón se lle dedicará a un autor galego cada ano.
A mediados desta década, o galego comezará a ter cabida nas Universidades e crearase en 1971 o Instituto da Lingua Galega (ILG), que asumirá funcións da RAG.
Así pois, en 1975, coa morte de Franco, entrarase na democracia e comezará deste modo un período de liberdade cultural e lingüística.